NOTA DE PRENSA:Asociación sen papeis da Coruña e Foro Galego de Inmigración

NOTA DE PRENSA

Asociación sen papeis da Coruña

Co apoio do Foro Galego de Inmigración

 

 

Detención na rúa Real: Chamamento á reflexión dos responsables policiais

 

            Ante a conflitiva detención no dia de onte na rúa Real dunha persoa migrante, e ante a nota policial difundida con posterioridade, a Asociación Sen Papeis da Coruña co apoio do Foro Galego quere manifestar, ante todo, o seu pesar polas lesións sufridas tanto pola persoa detida como por un policía que procedeu á detención.

            Alén diso, e ante un feito que obviamente incrementa a sensación colectiva de inseguridade, a Asociación Sen Papeis da Coruña, de Inmigración quere facer un chamamento á reflexión dos responsables policiais, en relación a se este é o mellor xeito de xestionar un fenómeno que unha parte -seguramente menor- da poboación entende como un problema.

            Desde que a reforma da lexislación en materia de top-manta impide as detencións por ese motivo, carece por completo de sentido o costoso desplegue de medios policiais que se sigue facendo para atender a esta materia. Convertir a rúa Real nun territorio de conflito hiper-controlado non axuda ao libre uso dese espazo, mesmo aos efectos comerciais.

            Mais aínda: empregar nisto a dotación de axentes encubertos (de paisano) que ten a policía municipal, que por lei deben estar dedicados á criminalidade organizada, é un uso inaxeitado dos recursos públicos.

            Por iso, só cabe entender que esta forma pouco sensata de funcionamento está condicionada polo desexo de calmar as ansiedades de certo sector de comerciantes do centro da cidade. Pero ese non é un fundamento lexítimo para un uso inaxeitado dos recursos policiais públicos, que son sostidos polos impostos de toda a poboación, con ou sen papeis.

            A solución só pode ser o diálogo aberto con todos os colectivos e persoas, con ou sen papeis, que ven o asunto dun xeito diferente, e menos conflitivo, que o que ata o momento se ten ensaiado. Desde a Asociación Sen Papeis da Coruña  e o Foro Galego de Inmigración estamos permanentemente abertos a ese diálogo para buscar xeitos máis pacíficos de habitar colectivamente a nosa cidade. Agardemos que as eleccións municipais sirvan como momento de reflexión, para os responsables policiais que están agora, e para os que virán despois, sobre o mal que se están facendo as cousas.

            Mentres tanto, a Asociación continua documentando a forma de actuación da policía na Coruña en relación coas persoas migrantes, nun informe que será entregado a institucións galegas e españolas, e a organizacións internacionais. É o noso xeito de contribuír, porque o Estado non pode seguir sendo condenado en institucións internacionais (a última vez pola ONU, neste mesmo mes) polo trato que depara ás persoas migrantes.

 

Para máis información

Asociación Sen Papeis da Coruña:  José Ángel Brandariz (685 510012)

Agustina Iglesias Skulj (654 069251)

Foro Galego de Inmigración: Miguel Fernández (981-580506-662-307019)

COMUNICADO DE PRENSA

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN

COMUNICADO DE PRENSA

 

Co gallo do Día Internacional contra a Discriminación e o Racismo, o Foro Galego de Inmigración -integrado por máis de 80 asociacións e entidades- quere facer público o seguinte comunicado e anunciar a presentación en colaboración con ESCULCA…, dunha Petición Formal ao Ministerio do Interior para coñecer os dados oficiais das actuacións policiais de identificación e  os procedimentos sancionadores incoados ás persoas inmigrantes, que tiveron lugar en Galiza no ano 2010.

 

Esta petición realizarase o mércores día 23 de marzo ás 11:00hs na Delegación do Goberno da Coruña co ROLDA DE PRENSA posterior diante da mesma sede da Delegación do Goberno.

 

COMUNICADO:

 

Día Internacional contra a Discriminación e o Racismo

LOITAR CONTRA CALQUERA TIPO DE RACISMO, INCLUÍNDO O INSTITUCIONAL

Lexislación segregacionista, políticias “de integración” discriminatorias

e persecución policial son a nova cara do racismo.

 

No día 21 de marzo, data na que se recorda o masacre de 69 persoas sudafricanas polas forzas de orden cando se manifestaban pacificamente polo fin do apartheid, o Foro Galego de Inmigración quere poñer de manifesto as novas caras que adopta o racismo mediante a promulgación de leis restritivas, dun réxime de control de fluxos policíaco e do tratamento utilitarista e delicuencial   das migracións, que teñen nos CIE´s o seu máximo expoñente de execepción e violencia.

 

Polo anterior, queremos denunciar:

 

1- A persecución policial que sofren as persoas inmigrantes, especialmente as que se atopan en situación de irregularidade administrativa, sometidas a …

 

A actual situación de crise económica -na que se agravan as situacións de exclusión e se dispara a competencia polo recoñecemento de dereitos e o acceso a recursos e servizos que menguan a cada día- contribúe á culpabilización e criminalización das persoas inmigrantes, abonando o terreo para o brote de actitudes e comportamentos racistas e xenófobas entre a poboación, interesadamente estimulados por determinados sectores sociais e políticos.

 

2- Que as diferentes institucións e administracións públicas colaboran con ese clima de fractura social e desconfianza ao emprender accións de carácter segregacionista e claramente discriminatorio, como é o caso das intervencións das forzas de seguridade ao someter a persoas migrantes a identificacións arbitraias guiadas por criterios étnicos. Ou de administracións como a Consellería de Educación, que diante do caso do uso do hyjab por unha alumna de Arteixo, amosouse incapaz de chegar a unha solución xusta e garantista, dando probas da total deriva en materia de políticas migratorias que se verifica en Galiza.  

 

Esta deriva tamén se reflexa no recurte de recursos e servizos dirixidos á poboación migrante, enmarcado na estratexia de desmantelamento e privatización que se está a levar a cabo desde o goberno galego e estatal, e nomeadamente das oficinas de Atención as Migracións (UAMIs). Feito que se  suma a grave situación que pasan as asociacións de inmigrantes e emigrantes retornadas que perderon no 2010 as achegas públicas que permitían o seu mantemento básico, achegas que parece non se van recuperar no presente ano 2011 e que poden supoñer a desaparición de asociacións, que son básicas para a plena acomodación destes colectivos  e promoción dunha sociedade intercultural. 

 

3- Nese sentido, unha vez máis queremos proclamar a necesidade de “DEREITOS IGUAIS PARA TOD@S”, principal base dunha política e dunha sociedade que non admita a discriminación e o racismo no seu seo. Sen dereitos iguais para tod@s non é posible unha verdadeira convivencia intercultural.”

                                                                                        

Un paso fundamental para acadar este obxectivo é a loita contra a criminalización e persecución policial das persoas inmigrantes. Por iso, nesta semana na que se reafirma a loita contra o racismo e a discriminación, o FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN xunto con ESCULCA OBSERVATORIO PARA A DEFENSA   DOS DEREITOS E LIBERDADES presentarán unha Petición Formal ao Ministerio do Interior que s concretará coa solicitude das seguintes informacións:

 

1.-Número de intervencións policiais no ámbito da Comunidade Autónoma  Galega que tiveran por obxecto a identificación de persoas en vías públicas.

 

2.- Detalle das mesmas por nacionalidade de orixe das persoas obxecto de identificación, con expresión do número total de dilixencias de identificación para cada nacionalidade e porcentaxe que supón no total.

 

3.- Detalle das mesmas por orixe racial  das persoas obxecto de identificación, con expresión do número total de dilixencias de identificación para cada grupo racial  e porcentaxe que supón no total.

 

4.-Número total  de expedientes sancionadores de expulsión tramitados derivados das devanditas dilixencias identificatorias. Exprésese porcentaxe no que, sobre o total de identifcacións, procedeu apertura de expediente sancionador.

 

Son informacións que ofrecen de forma habitual os gobernos da maioría dos países da UE e que aquí se nos veñen denegando de forma sistemática.

 

Para máis información:   Miguel Fernández (981-580506-662-307019) ou Rocio Rodríguez (981-580506-600-876480)

Email:foroinmigracionsantiago@yahoo.es

 

 

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142

http://www.forogi.wordpress.com

 

 

Organizacións que conforman o Foro Galego de Inmigración: Asociación Amarante, Asociación Amani-Galiza, Asociación Chambo,  Asociación de inmigrantes Gondwana, Asociación de Argentinos en el Exterior, Asociación Plataforma polo Emprego, Asociación Puente Cultural Rumano-Gallego, Asociación Universia, Attac Compostela, Cáritas Interparroquial Santiago, Cáritas Milladoiro, Colectivo Brasileiro, Colexio Oficial de Educadores Sociais de Galicia, Comisión de Migración do BNG, Comité Óscar Romero de Santiago de Compostela, Coordenadora Diocesá de Acción Católica, Cruz Vermella, CUT, Departamento de Migracióin da CIG, Esquerda Unida, Foro Debate e Acción, Inzar, Juventudes Marianas Vicencianas, Mans Unidas, Misioneros Combonianos, Mulleres Cristiás Galegas, Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade de A Coruña, PsdeG-PSOE-Santiago, Seminario Galego de Educación para a Paz; Voluntariado Rogas. Uruguayos por el Mundo Carballo, Asociación de Venezolanos en A Coruña, Hermandad Venezolana de A Estrada, Asociación Equs Zebra, Asociación Batuko-Tabanka, Cáritas de Lugo, Cáritas de Mondoñedo-Ferrol, Asociación Cultural para las Migraciones Colombianas “ACUMIC”,  Ecos do Sur, Sindicato Labrego Galego,  ASMIREFE, Asociación Renacer,  Mediomundo Uruguayos en Coruña, Galicia Terra de Acollida de Ourense, AMESPA, Asociación de Venezolanos del Deza, ASCD Amigos de Venezuela de Vigo, Hermandad de Venezolanos das Rías Biaxas, Asociación Casa de Inmigrantes Oya de Arteixo. Asociación Banda Oriental, Asociación Centro Argentino de Carballiño-Asociación Latinoamericana, Cáritas de A Coruña, Asociación de Argentinos de Lalín, Fundación Juan Soñador, Asociación de Mulleres Anovar de Galicia, Asociación Venezolana do Salnés, Casa Argentina de La Coruña , Comunidade do Castiñeiriño de Santiago de Compostela,Parroquia Cristo de la Victoria de Vigo, Asociación Recandea, Agrupación de Inmigrantes Latinoamericanos Ntra Sra de Guadalupe de Pontevedra, Asociación de Emigrantes Retornados de A Mahía, Médicos do Mundo, Asociación de Venezolanos de Santiago, Cosior (Asociación de Ecuatorianos de Santiago), Aseser Teranga, Asociación Ouresá-Venezolana, Asociación Ñane-Reta Paraguay, Asociación Multicultural de Mujeres de Vigo; Agra Humanista, Marineda, Orense Acoge, Federación de Anpas, Forum Propolis, Asociación 25 de Agosto de Uruguay, Asociación Fonte de Ourense, Cáritas Diocesá de Ourense, Asociación de Guineanos de A Coruña. Somos Igrexa-Galiza, Asociación Cultural e Intelectual de Santiago de Compostela. Asociación de Senegaleses de Ourense. Asociación Marusía de Emigrantes Retornados. Asociación TroCamundo. Madres Latinas. Proyecto Teranga Sociolaboral. Cáritas Tiu-Vigo. Representantes urbanos no Consello de Relacións Veciñais. ONGD ConTacto, Asociación Afrolatina de Ourense, ASAGA Asociación de Africanos en Galicia. Asociación Cultural Fuco Buxán.  

COMUNICADO DE PRENSA

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN

COMUNICADO   DE PRENSA

O Foro Galego de Inmigración formado polas asociacións e entidades recollidas ao final (máis de 80 asociacións e entidades de toda Galicia)  quere facer público o seguinte COMUNICADO  en relación co feito de que a Consellería de Educación  decidirá non aceptar a solcitiude do CEIP de Arteixo de  traslado do Centro  dunha alumna de 6 º de primaria que  utiliza o velo na súa actividade educativa ordinaria:

1.- Amosar a nosa satisfacción pola decisión tomada pola Administración Autonómica de non aceptar o traslado de centro da alumna e unirnos a satisfacción expresada pola propia familia da alumna afectada.

2.Esixir que esta decisión poña de forma definitiva remate a un conflicto que nunca debeu producirse e que se prolonga demasiado no tempo.

3.- Lamentar que a Consellería de Educación xustifique a súa decisión por un defecto formal no procedemento, abríndo a posibilidade de que a situación se manteña no tempo ao trasladar de novo o problema, creado de forma artificial, ao Centro Educativo.

4.- Recordar a obriga da Administración Autonómica de lexislar  ou establecer claramente principios que obriguen aos Regulamentos de Réxime Interior dos Centros Educativos de Galicia a asumir o carácter intercultural da nosa sociedade e que eviten  a  extensión deste tipo de actuacións que poderían  derivar nunha situación intolerable de separación de alumnado por crenzas relixiosas ou culturais, contrario aos máis elementais principios democráticos e de salvagarda dos dereitos humanos.

Para máis información:   Miguel Fernández (981-580506-662-307019) ou Rocio Rodríguez (981-580506-600-876480)

Email:foroinmigracionsantiago@yahoo.es

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN- Comunicado de Prensa

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN

COMUNICADO   DE PRENSA

O Foro Galego de Inmigración formado polas asociacións e entidades recollidas ao final (máis de 80 asociacións e entidades de toda Galicia)  quere facer público o seguinte COMUNICADO  en relación co feito de que o CEIP de Arteixo acordará na xuntanza do Consello Escolar celebrado o luns día 28 de Febreiro solicitar o traslado do Centro  dunha alumna de 6 º de primaria que  utiliza o velo na súa actividade educativa ordinaria:

1.- Lamentar que hoxe 28 de febrero o Consello Escolar tomara a decisión tremenda de solicitar o traslado desta alumna, unha maneira indirecta de expulsala do Centro, polo simple feito de utilizar un elemento que forma parte da súa cultura e relixión,  e que non pretende ofender a ninguén. Rematando  así por concretarse unha actuación fondamente discriminatoria con esta persoa e a súa familia.

2.- Amosar a nosa solidariedade coa menor e a súa familia, que conta co noso apoio e asesoramento para o que precise. Animar a que se concreten os recursos xudiciais que vai emprender a familia no nome da menor fondamente agraviada e discriminada. Lamentar que as persoas que conforman o Consello Escolar do CEIP de Arteixo en representación da Comunidade Educativa dese Centro non foran capaces de superar as presións e enfrontamentos, para atopar unha solución razoable que permitira a continuidade da escolarización da alumna no centro educativo que lle corresponde.

3.- Lamentar e denunciar a actitude da Consellería de Educación, responsable primeira dos centros educativos da Comunidade Autónoma, pola súa indefinición, tibieza e falta de compromiso para propoñer unha alternativa, que a propia Comunidade Educativa do CEIP de Arteixo estaba disposta a aceptar e asumir, e mesmo solicitou en repetidas ocasións. Esa actitude provoca  ademáis o mantemento no tempo dunha situación de conflicto  que afecta de forma directa a unha menor e a súa familia. Finalmente  se a Consellería  opta  por apoiar esta medida discriminatoria, actuaría   dunha forma  gravemente irresponsable,  sen ter valorado tampouco  a importancia do mantemento da boa convivencia intercultural na localidade de Arteixo

4.-. Anunciar a Interposición, no caso de concretarse o traslado da alumna ou a expulsión da mesma,  dunha denuncia vía xudicial contra a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria por tolerar e respaldar  un comportamento discriminatorio cunha persoa por razón de cultura e relixión, cuestión que vai contra a propia Constitución Española e a Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

5.- Poñer de manifesto o risco que supón  a  extensión deste tipo de actuacións que poderían  derivar nunha situación intolerable de separación de alumnado por crenzas relixiosas ou culturais, contrario aos máis elementais principios democráticos e de salvagarda dos dereitos humanos.

Para máis información:   Miguel Fernández (981-580506-662-307019) ou Rocio Rodríguez (981-580506-600-876480)

Email:foroinmigracionsantiago@yahoo.es

 

 

Organizacións que conforman o Foro Galego de Inmigración: Asociación Amarante, Asociación Amani-Galiza, Asociación Chambo,  Asociación de inmigrantes Gondwana, Asociación de Argentinos en el Exterior, Asociación Plataforma polo Emprego, Asociación Puente Cultural Rumano-Gallego, Asociación Universia, Attac Compostela, Asociación de inmigrantes Casa Latinoamericana en Galicia, Cáritas Interparroquial Santiago, Cáritas Milladoiro, Colectivo Brasileiro, Colexio Oficial de Educadores Sociais de Galicia, Comisión de Migración do BNG, Comité Óscar Romero de Santiago de Compostela, Coordenadora Diocesá de Acción Católica, Cruz Vermella, CUT, Departamento de Migracióin da CIG, Esquerda Unida, Foro Debate e Acción, Inzar, Juventudes Marianas Vicencianas, Mans Unidas, Misioneros Combonianos, Mulleres Cristiás Galegas, Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade de A Coruña, PsdeG-PSOE-Santiago, Seminario Galego de Educación para a Paz; Voluntariado Rogas. Uruguayos por el Mundo Carballo, Asociación de Venezolanos en A Coruña, Hermandad Venezolana de A Estrada, Asociación Equs Zebra, Asociación Batuko-Tabanka, Cáritas de Lugo, Cáritas de Mondoñedo-Ferrol, Asociación Cultural para las Migraciones Colombianas “ACUMIC”,  Ecos do Sur, Sindicato Labrego Galego,  ASMIREFE, Asociación Renacer,  Mediomundo Uruguayos en Coruña, Galicia Terra de Acollida de Ourense, AMESPA, Asociación de Venezolanos del Deza, ASCD Amigos de Venezuela de Vigo, Hermandad de Venezolanos das Rías Biaxas, Asociación Casa de Inmigrantes Oya de Arteixo. Asociación Banda Oriental, Asociación Centro Argentino de Carballiño-Asociación Latinoamericana, Cáritas de A Coruña, Asociación de Argentinos de Lalín, Fundación Juan Soñador, Asociación de Mulleres Anovar de Galicia, Asociación Venezolana do Salnés, Casa Argentina de La Coruña , Comunidade do Castiñeiriño de Santiago de Compostela,Parroquia Cristo de la Victoria de Vigo, Asociación Recandea, Agrupación de Inmigrantes Latinoamericanos Ntra Sra de Guadalupe de Pontevedra, Asociación de Emigrantes Retornados de A Mahía, Médicos do Mundo, Asociación de Venezolanos de Santiago, Cosior (Asociación de Ecuatorianos de Santiago), Aseser Teranga, Asociación Ouresá-Venezolana, Asociación Ñane-Reta Paraguay, Asociación Multicultural de Mujeres de Vigo; Agra Humanista, Marineda, Orense Acoge, Federación de Anpas, Forum Propolis, Asociación 25 de Agosto de Uruguay, Asociación Fonte de Ourense, Cáritas Diocesá de Ourense, Asociación de Guineanos de A Coruña. Somos Igrexa-Galiza, Asociación Cultural e Intelectual de Santiago de Compostela. Asociación de Senegaleses de Ourense. Asociación Marusía de Emigrantes Retornados. Asociación TroCamundo. Madres Latinas. Proyecto Teranga Sociolaboral. Cáritas Tiu-Vigo. Representantes urbanos no Consello de Relacións Veciñais. ONGD ConTacto, Asociación Afrolatina de Ourense, ASAGA Asociación de Africanos en Galicia. Asociación cultural Fuco Buxán.  

 

 

 

 

 

 

 

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142

http://www.forogi.wordpress.com