Convocatoria Tarjeta Bancaja para proyectos de codesarrollo, inmigración y cooperación internacional

  • Entidad: Obra Social Bancaja
  • Plazo:31 de marzo de 2011
  • DescripciónBancaja abre la 9ª Convocatoria Tarjeta Bancaja ONG Voluntariado para proyectos de codesarrollo, inmigración y cooperación internacional.

    Pueden presentar sus proyectos ONG con sede social en España

    Bases de la 9ª Convocatoria Tarjeta Bancaja ONG Voluntariado

Curso sobre la gestión económica en el ámbito asociativo

  • Entidad : CONCELLO DE A CORUÑA
  • Modalidad: Presencial
  • Sala: Espazo de Iniciativas Xuvenís
  • Dirección: C/ Matadero, 68
  • Localidad: A Coruña
  • Provincia: A CORUÑA
  • Fecha límite de inscripción: 10-mar-11
  • Fecha inicio: 12-mar-11
  • Fecha fin: 12-mar-11
  • Descripción: 
    El Ayuntamiento de A Coruña organiza un curso sobre la gestión económica en el ámbito asociativo, dinamizado por Algalia, con el que pretende dar a conocer las herramientas básicas para la creación, gestión y dinamización de asociaciones.

    Contenidos

    • Panorámica fiscal básica
    • Exenciones del IVA
    • Fuentes para la financiación de asociaciones: públicas y privadas, propias y ajenas
    • Planificación económica: elaboración de presupuestos
    • Subvenciones: concepto y tipología.
    • Fases para la gestión de subvenciones: modelos prácticos
    • Justificación económica y operativa

    Dirigido a jóvenes de 14 a 30 años, que formen parte de asociaciones o colectivos no formales o que estén interesados en el ámbito del asociacionismo.

    Horario:  de 10:00 a 14:00 h.

    Más información :

    Teléfono: 981 184 294

    Email:  espazoiniciativasxuvenis@gmail.com

    Web del Ayuntamiento de A Coruña

  • Xuntanza FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN

    Ola  Compañeiros e Compañeiras, :

    Santiago, 28 de Febreiro  de 2011:

    Tal e como quedamos na última xuntanza de febreiro convocamos unha nova    XUNTANZA DO FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN para o sábado día 12 de Marzo  ás 11:00 h en Santiago no Centro Social de Fontiñas (Rúa Berlín nº 13)- O lugar habitual- Para rematar sobre ás 13:00 h  coa seguinte orde do día (estamos xa en plena preparación da Asemblea, polo que é importante a participación de todos e todas)

    1.- 11: 00 h  Xuntanza Xeral:

    –  Informacións xerais, sobre últimas actividades e sobre a propia Asemblea: Borrador do Regulamento da lei de estranxeiría. Denuncia do peche das Unidades de Atención a Persoas Migrantes. Campaña “Ninguén Sobra nunha Crise”. Denuncias de situacións discriminatorias. Avances  na preparación da Asemblea.

    Preguntas e suxestións.

    (coma sempre podemos incorporar na orde do día nas información xerais  calquera outro tema que consideredes  necesario ou oportuno). Pensamos na última xuntanza nun tempo breve para esta primeira parte, para deixar máis tempo ao traballo nas Comisións.

     

    2.- 11: 15/20 h: Xuntanzas por comisións de traballo da Asemblea (Dinamización:. Trátase de que participen as persoas dinamizadoras da Asemblea de Ferrol , ás incorporadas na Xuntanzas anteriores  e calquera outra interesada; Comunicación e Acto Público;  Loxísitica: estas dúas comisións tamén precisan persoas interesadas en participar para completarse.

     

    Por favor confirmar asistencia e facede un esforzó por vir alguén das diferentes zonas (Vigo, A Coruña, Ourense,  Ferrol, Boiro, etc)

     

    Para calquer dúbida ou aclaración contactar con Miguel Fernández ou Rocío Rodríguez(981-580506-662307019-600876480) Email:foroinmigracionsantiago@yahoo.es.

    COMUNICADO DE PRENSA

    FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN


    COMUNICADO   DE PRENSA


    O Foro Galego de Inmigración formado polas asociacións e entidades recollidas ao final (máis de 80 asociacións e entidades de toda Galicia)  quere facer público o seguinte COMUNICADO  en relación coa situación xerada  pola prohibición imposta a unha alumna de 6º de Primaria do CEIP de Arteixo de utilizar velo na súa actividade educativa ordinaria:


    1.- Lamentar que o vindeiro luns día 28 de Febreiro poida facerse efectiva a perda do dereito de asistencia  a clase (EXPULSIÖN)  desta  alumna polo simple feito de utilizar un elemento que forma parte da súa cultura e relixión,  e que non pretende ofender a ninguén. Remataría  así por concretarse unha actuación fondamente dicriminatoria con esta persoa e a súa familia.

    2.- Lamentar e denunciar a actitude da Consellería de Educación, responsable primeira dos centros educativos da Comunidade Autónoma, pola súa indefinición, tibieza e falta de compromiso para propoñer unha alternativa, que a propia Comunidade Educativa do CEIP de Arteixo estaba disposta a aceptar e asumir, e mesmo solicitou en repetidas ocasións. Esa actitude provocou ademáis o mantemento no tempo dunha situación de conflicto  que afecta de forma directa a unha menor e a súa familia. Constitue pois en definitiva unha grave irresponsabilidade por parte da Administración Educativa, que debía  ter valorado tamén a importancia do mantemento da boa convivencia intercultural na localidade de Arteixo .

    3.- Poñer de manifesto o risco que supón  a  extensión deste tipo de actuacións que poderían  derivar nunha situación intolerable de separación de alumnado por crenzas relixiosas ou culturais, contrario aos máis elementais principios democráticos e de salvagarda dos dereitos humanos.

    4.- Queremos por último solicitar á Comunidade Educativa, do CEIP de Arteixo, representada polo seu Consello Escolar, que adopte  o vindeiro luns día 28 unha decisión que permita resolver o conflicto garantindo o dereito das persoas  a manter  e defender a súa cultura e relixión  e o dereito á escolarización do alumnado  no lugar que lle corresponde.

    5.- O Foro Galego de Inmigración informa que adoptará as actuacións oportunas contra a Administración Educativa Responsable, a Consellería de Educación, no caso de que se confirme esta actuación que vimos de denunciar.

    Para máis información:   Miguel Fernández (981-580506-662-307019) ou Rocio Rodríguez (981-580506-600-876480)

    Email:foroinmigracionsantiago@yahoo.es

    FORO DE INMIGRACIÓN (SÓ SANTIAGO)

    FORO DE INMIGRACIÓN

    (SÓ ASOCIACIÓNS DA ZONA DE  SANTIAGO)

     

    CONVOCATORIA DE XUNTANZA ORDINARIA PARA O MÉRCORES DÍA 2 DE MARZO  ÁS 20:30 H NO CTC (SAN ROQUE Nº6 BIS). TEL: 981-576142-981580506

    ORDE DO DÍA (Podemos incluir calquera outra cuestión que consideredes importante)

     

    1.- Aprobación da acta da xuntanza anterior.

     

    2.- Información sobre diversas actuacións realizadas en relación con actuacións discriminatorias cara ao colectivo inmigrante: Información sobre accións e actividades  en A Coruña en relación coa persecución dos  Manteiros  e en relación coa prohibición do uso do velo a unha alumna nun colexio de Arteixo

     

    3.- Propostas de accións e actividades da Campaña Ninguén Sobra Nunha Crise.

     

    4.- Asemblea 2011: Información da Xuntanza do Foro Galego do 12 de Febreiro. Nova xuntanza preparatoria da Asemblea prevista para o 12 de Marzo.

     

    5- Borrador do Regulamento da Lei de Estranxeiría: Valoración Xeral, Alegacións e Propostas. Valoración do posicionamento público do Foro neste tema, Rolda de Prensa do 23 de Febreiro.

     

    6.- Valoración do posicionamento do Foro sobre o peche  das Unidades Municipais das Migracións das cidades de Galicia. Situación Actual

     

    7.- Campañas educativas e outras actividades.

     

    8.-  Información de Actividades das Asociacións e Entidades do Foro. Presentación do Proxecto Causa Galiza e outras informacións.

     

    9.- Preguntas e Suxestións.

    COMUNICADO DE PRENSA

    FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN

    COMUNICADO   DE PRENSA

     

    O Foro Galego de Inmigración formado polas asociacións e entidades recollidas ao final (máis de 80 asociacións e entidades de toda Galicia)   convoca unha rolda de prensa informativa o mércores día 23 de Febreiro ás 11:00 h na Galería Sargadelos de Santiago de Compostela (Rúa Nova nº 16) para:

    1.- Presentar ás  Propostas e Alegacións do Foro Galego de Inmigración   ao Borrador do Regulamento da Lei de Estranxeiría que foron presentadas formalmente  o martes día 22 de Febreiro na Subdelegación de Goberno de A Coruña para o seu traslado á Secretaría Xeral de Inmigración do Ministerio de Traballo e Inmigración. Ademáis das Alegacións formais presentaremos unha valoración xeral do Borrador do Regulamento  e dos  seus aspectos máis salientables.

    2.- Denunciar e  Esixir da Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia que habilite coa máxima brevidade posible os convenios coas  cidades de Galicia para que se poñan en funcionamento as  Unidades Municipais de Migracións, pechadas de facto dende finais do ano 2010 . Este peche súmase  ao conxunto de recurtes en servizos e prestacións que ven sufrindo á poboación inmigrante de Galicia (subvencións a asociacións e entidades, forte diminución das acción formativas etc) no marco do fortísímo recurte en servizos de benestar social que estableceron os orzamentos do ano 2011 e que estamos a sufrir o conxunto da poboación residente en Galicia no presente ano.

    3.- Informar das actuacións que vimos desenvolvendo no marco da Campaña “Ninguén Sobra nunha Crise” que rematará na VI Asemblea Galega de Inmigración e Emigración de Retorno que se celebrará o 29 de Maio en Santiago de Compostela.

     

    Para máis información:   Miguel Fernández (981-580506-662-307019) ou Rocio Rodríguez (981-580506-600-876480) Email:foroinmigracionsantiago@yahoo.es

    Organizacións que conforman o Foro Galego de Inmigración: Asociación Amarante, Asociación Amani-Galiza, Asociación Chambo,  Asociación de inmigrantes Gondwana, Asociación de Argentinos en el Exterior, Asociación Plataforma polo Emprego, Asociación Puente Cultural Rumano-Gallego, Asociación Universia, Attac Compostela, Asociación de inmigrantes Casa Latinoamericana en Galicia, Cáritas Interparroquial Santiago, Cáritas Milladoiro, Colectivo Brasileiro, Colexio Oficial de Educadores Sociais de Galicia, Comisión de Migración do BNG, Comité Óscar Romero de Santiago de Compostela, Coordenadora Diocesá de Acción Católica, Cruz Vermella, CUT, Departamento de Migracióin da CIG, Esquerda Unida, Foro Debate e Acción, Inzar, Juventudes Marianas Vicencianas, Mans Unidas, Misioneros Combonianos, Mulleres Cristiás Galegas, Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade de A Coruña, PsdeG-PSOE-Santiago, Seminario Galego de Educación para a Paz; Voluntariado Rogas. Uruguayos por el Mundo Carballo, Asociación de Venezolanos en A Coruña, Hermandad Venezolana de A Estrada, Asociación Equs Zebra, Asociación Batuko-Tabanka, Cáritas de Lugo, Cáritas de Mondoñedo-Ferrol, Asociación Cultural para las Migraciones Colombianas “ACUMIC”,  Ecos do Sur, Sindicato Labrego Galego,  ASMIREFE, Asociación Renacer,  Mediomundo Uruguayos en Coruña, Galicia Terra de Acollida de Ourense, AMESPA, Asociación de Venezolanos del Deza, ASCD Amigos de Venezuela de Vigo, Hermandad de Venezolanos das Rías Biaxas, Asociación Casa de Inmigrantes Oya de Arteixo. Asociación Banda Oriental, Asociación Centro Argentino de Carballiño-Asociación Latinoamericana, Cáritas de A Coruña, Asociación de Argentinos de Lalín, Fundación Juan Soñador, Asociación de Mulleres Anovar de Galicia, Asociación Venezolana do Salnés, Casa Argentina de La Coruña , Comunidade do Castiñeiriño de Santiago de Compostela,Parroquia Cristo de la Victoria de Vigo, Asociación Recandea, Agrupación de Inmigrantes Latinoamericanos Ntra Sra de Guadalupe de Pontevedra, Asociación de Emigrantes Retornados de A Mahía, Médicos do Mundo, Asociación de Venezolanos de Santiago, Cosior (Asociación de Ecuatorianos de Santiago), Aseser Teranga, Asociación Ouresá-Venezolana, Asociación Ñane-Reta Paraguay, Asociación Multicultural de Mujeres de Vigo; Agra Humanista, Marineda, Orense Acoge, Federación de Anpas, Forum Propolis, Asociación 25 de Agosto de Uruguay, Asociación Fonte de Ourense, Cáritas Diocesá de Ourense, Asociación de Guineanos de A Coruña. Somos Igrexa-Galiza, Asociación Cultural e Intelectual de Santiago de Compostela. Asociación de Senegaleses de Ourense. Asociación Marusía de Emigrantes Retornados. Asociación TroCamundo. Madres Latinas. Proyecto Teranga Sociolaboral. Cáritas Tiu-Vigo. Representantes urbanos no Consello de Relacións Veciñais. ONGD ConTacto, Asociación Afrolatina de Ourense, ASAGA Asociación de Africanos en Galicia. Fuco Buxán.  

    VIDEO DEL FESTIVAL INTERCULTURAL DEL SABADO 19 DE FEBRERO 2011 EN CRISTO DE LA VICTORIA

    PARTICIPAMOS: TOD@S LOS QUE PUDIMOS SIN IMPORTARNOS DE SER:
    MAYORES, GORDAS , CON DOLORES  ETC.ETC.ETC
    FUE UNA TARDE  ENTRAÑABLE Y UN ENCUENTRO CON NUESTRAS RAICES
    COMPARTIENDOLO CON  ASOCIACIONES VECINALES DE VIGO
    UNO DE LOS PROGRAMA DEL CONCELLO DE INMIGRACIÓN DE VIGO
    .

    ASOCIACIÓN MADRES LATINAS

    VIGO ESPAÑA

    Telefonos de contacto
    Fijo: 986 410474
    Movil: 636988928
    correo: madreslatinas@gmail.com
    http://asociacionmadreslatinas.blogspot.com/

    Blog análise contido laboral Regulamento Lei Estranxeiría

    Bo día,

    Envíovos a continuación o enlace ao blog de Eduardo Rojo, Catedrático de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da Universidade Autónoma de Barcelona, que fai un análise do proxecto de Regulamento da lei de Estranxeiría, centrandose nos aspectos laborais do mesmo:

    http://eduardorojoblog.blogspot.com/2011/02/aproximacion-al-contenido-de-interes.html

    Penso que pode ser unha ferramenta útil para a lectura dun documento tan extenso e denso, e especialmente de cara a preparar a rolda de prensa.

    Apertas

    Mari

    Ciclo de Conferencias «Nos e os nosos outros» 17 de marzo de 2011

    Temos o pracer de convidarlle ao Ciclo de conferencias «NOS E OS NOSOS OUTROS«, organizado polo Concello da Coruña, que se celebrará o vindeiro  xoves 17 de marzo as 20.00 horas na Fundación Luis Seoane (Rúa San Francisco s/n A Coruña) 

     

    PROGRAMA:

    – «O multiculturalismo e a liberdade religiosa». Denise Helly, Profesora Titular do Instituto Nacional de Investigación Científica de Quebec. 

     

    – «Migracións e crise».  Antonio Izquierdo, Catedrático de Socioloxía da Universidade da Coruña.

    Esperamos que sexa do seu interés.

    Equipo de Socioloxía das Migracións Internacionais (ESOMI)

    ***
    Montserrat Golías Pérez

    Seminario Dirixido a Entidades de Iniciativa Social -Empresas de Inserción

    Desde a Asociación Plataforma polo Emprego e a Concellaría  de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo do Concello de Santiago de Compostela convidamos a todas as persoas interesadas a participar ao Seminario dirixido a entidades de iniciativa social sobre as Empresas de Inserción. Foro de encontro no que o mundo da empresa e as entidades de iniciativa social debatan sobre a figura das Empresas de Inserción Laboral como ferramenta de promoción do emprego e loita contra a exclusión social.

    Obxectivo: Dar a coñecer a realidade das empresas de Inserción Laboral.

    Data: 22 de Febreiro de 2011

    Horario: de 10:00 a 12:30 hs

    Lugar: Centro Social Fontiñas (Rúa Berlín 13) Santiago de Compostela.

    Inscripción: GRATUITA. Remitir mail con nome e apelidos a plataformaemprego@gmail.com

     

    Mais información: 981 580 506

     

    PROGRAMA

    FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN-COMUNICADO DE PRENSA

    FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN

    COMUNICADO DE PRENSA

    O Foro Galego de Inmigración formado polas asociacións e entidades recollidas ao final (máis de 80 asociacións e entidades de toda Galicia) quere facer público o seguinte COMUNICADO en relación coa situación provocada pola prohibición imposta a unha alumna de 6º de Primaria do CEIP de Arteixo de utilizar velo na súa actividade educativa ordinaria:

    1.- Recoñecendo o dereito da comunidade educativa do citado Centro de dotarse dun Regulamento de Réxime Interno, consideramos que a utilización voluntaria dun elemento con determinado contido relixioso e/ou cultural para unha alumna e a súa familia, non pode considerarse unha conducta sancionable por contraria as normas de convivencia dun Centro educativo, por non tratarse dun elemento ofensivo para o resto da Comunidade Educativa, nin dun impedimento para o normal desenvolvemento educativo da alumna . O dereito a educación pública en condicións de igualdade en todo caso está por riba dun Regulamento dese tipo. Obrigar a esa alumna a cambiar de centro educativo como se pretende facer, supón unha actuación fondamente discriminatoria para ela e a súa familia. A extensión deste tipo de actuacións ademáis podería derivar nunha situación intolerable de separación de alumnado por crenzas relixiosas ou culturais, contrario aos máis elementais principios democráticos e de salvagarda dos dereitos humanos.

    2.- Consideramos que é a propia Administración Educativa da Xunta de Galicia a que debe intervir neste caso, e para evitar que se poidan dar outras situación como esta: lexislando ou establecendo claramente principios que obriguen aos Regulamentos de Réxime Interior dos Centros Educativos de Galicia a asumir o carácter intercultural da nosa sociedade e que eviten a posibilidade de actuacións claramente discriminatorias como esta que denunciamos.

    Por último, quremos amosar a nosa solidariedade coa menor afectada e coa súa familia e informar que o Foro Galego de Inmigración vai remitir de forma oficial hoxe mesmo sendas comunicacións áo Centro Educativo implicado. e ao Conselleiro Responsable de Cuestións Educativas da Xunta de Galicia para esixir unha rectificación clara e un posicionamento político contundente que evite esta actuación fondamente discriminatoria e outras que puideran suceder no futuro.

    Para máis información: Miguel Fernández (981-580506-662-307019) ou Rocio Rodríguez (981-580506-600-876480) Email:foroinmigracionsantiago@yahoo.es

    Profesor/a de matemáticas para dar clases a jóvenes inmigrantes de 1º y 2º de ESO

    La ONG Ecodesarrollo Gaia necesita un profesor/a voluntario para dar clases de matemáticas a chicas y chicos extranjeras/os de primero y segundo de ESO.

     

    Taller de cultura senegalesa y recursos didácticos para el voluntariado en inmigración

    El ´Taller de cultura senegalesa y recursos didácticos para el voluntariado en inmigración’, que organiza la Oficina de Cooperación e Voluntariado de la Universidad da Coruña, tiene como objetivo dar a conocer la cultura y costumbres de personas senegalesas al voluntariado que quiere colaborar con el colectivo de inmigrantes, para mejorar su entendimiento y aproximación.

    El curso también pretende que el voluntariado adquiera las habilidades básicas para impartir clases de español de emergencia para personas inmigrantes.

    Horario: De 16:00 a 20:30 h.

    Más información

    Teléfono: 981 167 000 ext. 1740 o 1752

    E-Mail: ocv@udc.es

    Web de la Oficina de Cooperación e Voluntariado de la Universidad da Coruña

     
    • organiza:
      • Oficina de Cooperación e Voluntariado, UDC
    • fecha: 24-02-2011 al 25-02-2011
    • lugar:Facultade de Socioloxía – Campus de Elviña, s/n

      A Coruña / A CORUÑA

    exposición fotográfica «Galicia somos todos»

    Bos días a todos/as:

    O vindeiro 15 de febreiro, ás 19:30h, inaugurase a exposición fotográfica «Galicia somos todos» da Secretaría Xeral de Emigración. A exposición estará na Biblioteca Pública de Santiago Anxel Casal (Avda. Xoan XXIII, s/n), durante 15 días.

     A través da exposición, que consta de fotografías e textos que retratan en narran a historia de persoas inmigrantes que viven en Galicia, preténdese contribuír á promoción dunha imaxe positiva da inmigración e da convivencia intercultural.

     Pregamos que deades a maior difusión posible a esta actividade.

     Gracias e saúdos,

     Carmen Peñamaría.
     

    Programa Retorno Voluntario- Cruz Roja Santiago de Compostela

    Bos días a todos/as,  comunícovos que xa temos aberto o programa de Retorno.


    O obxetivo do programa é facilitar ás persoas extranseiras extracomunitarias especialmetne vulnerabeis a posibilidade de retornar voluntariamente desde España aos seus países de procedencia para a súa reintegración.
    O programa vai dirxido a:


    1- Inmigrantes extracomunitarios en situación Regular ou documentados que cumplan os seguintes requisitos:
    a) pertencer a un colectivo que se encuentre en situación de vulnerabilidade por estar en risco de exclusión social: menores, menores non acompañados, persoas con discapacidade, persoas de idade avanzada, mulleres embarazadas, persoas solas con fillos menores e persoas que foran sometidas a tortura, violación ou outras formas graves de violencia psicolóxica, física ou sexual.
    b) residir en España os 6 meses inmediatamente anteriores ao momento da súa solicitude de retorno
    c) non estar incursos en ningún dos supostos de prohibición de saída de España previstos na lexislación de extranxería.


    2- Nacionais de terceiros países que se encontren en situación Irregular ou indocumentados que cumplan os seguintes requisitos:
    a) Solicitantes de asilo que todavía non recibiran unha decisión definitiva negativa á súa solicitude de protección internacional, sempre que non haxan adquirido unha nova nacionalidade e que non haxan abandonado o territorio do Estado.
    b) Nacionais de terceiros países que gocen dalgunha protección internacional, sempre que non adquiriran unah nova nacionalidade e que non abandonaran o territorio do Estado.
    c) Pertencer a un colectivo obxecto de vulnerabilidade social: menores, menores non acompañados, persoas con discapacidade, persoas de idade avanzada, mulleres embarazadas, persoas solas con fillos menores e persoas que foran sometidas a tortura, violación ou outras formas graves de violencia psicolóxica, física ou sexual.
    d) non estar incursos en ningún dos supostos de prohibición de saída de España previstos na lexislación de extranxería.

     

    Se tedes algún caso que cumpra estes requisitos e que queira retornar podedes derivalo á Cruz Vermella.

     

     

    Olalla Maquieira Costas

    Orientadora Laboral

     

    Cruz Roja Santiago de Compostela

    Avda. Lugo s/n

    15703 Santiago de Compostela

    Tel. 981 586 969 Extensión 16

    e-mail: olmaco@cruzroja.es / www.cruzvermella.org

    Mudanza horario da actividade do Foro de maña: será as 16:00hs!!!

    Boa tarde!

    Por cuestións internas de Gondwana (de última hora), imos adiantar o horario da merenda de traballo para as 16:00hs (estaba convocada para as 18:00hs).

    Así que:

    Maña sábado 05 de febreiro
    16:00hs
    Local de Gondwana (Rosalía de Castro, 98, 1º)

    Merenda-café de traballo do Foro de Inmigración para discutir o impacto da crise sobre as persoas inmigrantes e poder articular propostas e actividades.

    Agardámovos!

    Apertas

    Mari

    Próximo sábado merenda de traballo do Foro de Inmigración!

    Boas ..

    Vivimos tempos de crise. Moita xente di que xa non hai lugar para nós, para as persoas inmigrantes que contribuímos nos últimos anos ao crecemento da economía e ao funcionamento desta sociedade co noso traballo e esforzo. Que agora toca regresar aos nosos países, que aquí non cabemos tod@s…

    Desde o Foro de Inmigración asumimos que todas e todos somos necesarios para construír o futuro de xustiza, prosperidade e liberdade que soñamos, e sustentamos que NINGUÉN SOBRA NUNHA CRISE!!!

    Para pensar colectivamente e conversar sobre ese tema e sobre o efecto da crise na vida das persoas inmigrantes, compañeiras e compañeiros do Foro reunirémonos para unha merenda de traballo no local de Gondwana o vindeiro sábado día 05 de febreiro ás 18:00hs.

    Para quen non sabe, o enderezo é Rosalía de Castro, 98, 1º (onde está o restaurante Dolce Vita).

    Contamos coa vosa presenza!

    Apertas,

    Mari

    CAMPAÑA CURAR ES UN DERECHO, MÉDICOS DO MUNDO

    En la mayoría de los países europeos se niega a personas inmigrantes sin permiso de residencia el derecho a la asistencia médica.

    Quienes prestan asistencia a las personas inmigrantes en situación irregular pueden ser penalizados por ello, según algunas leyes nacionales dentro de la UE.

     

    ÚNETE A CURARESUNDERECHO.ORG   

     Estimados compañeiros/as do foro de Inmigración

    Recibide un cordial saúdo en nome de Médicos do Mundo e no meu propio. Póñome en contacto con vos para darvos a coñecer, unha iniciativa de ámbito europeo coa cal a Rede HUMA (Rede europea para o acceso non discriminatorio á asistencia sanitaria de inmigrantes sen permiso de residencia e solicitantes de asilo) quere promover a defensa do dereito á saúde das persoas inmigrantes en situación administrativa irregular.

    A través do seu traballo de campo e investigacións recentes, Médicos do Mundo puido comprobar que, dentro das fronteiras da UE, o dereito fundamental á saúde non está plenamente garantido para a poboación inmigrante sen permiso de residencia. Estas persoas atópanse con diferentes barreiras legais, administrativas, culturais, e lingüísticas entre outras, e prácticas discriminatorias que se repiten, de maneira máis ou menos significativa, nuns e outros países.

    O estudo comparativo das lexislacións de dez países europeos Acceso á saúde das persoas inmigrantes e os solicitantes de asilo en 10 países da Unión Europea , de 2009, elaborado pola Rede HUMA ,da que é membro Médicos do Mundo, mostra como as persoas sen permiso de residencia son segregadas por disposicións legais e administrativas. Nalgúns países, como Suecia, non teñen dereito a ningunha cobertura sanitaria de forma gratuíta, nin sequera en caso de emerxencia ou de parto.

     En diferentes leis nacionais, dentro da UE, inclúense disposicións que penalizan a asistencia a persoas inmigrantes en situación irregular, aínda que esta realícese sen ánimo de lucro. Esta realidade choca co noso código deontolóxico como profesionais da saúde.

    En España, aínda que a Lei de Estranxeiría recoñece o dereito á sanidade de todas as persoas residentes independentemente da súa situación administrativa, na práctica este dereito vese recortado, xa sexa por disposicións administrativas ou por unha ineficaz adaptación do propio sistema sanitario. No contexto dunha Europa onde existe unha tendencia a establecer os chamados delitos ou faltas de solidariedade, máis aló mesmo do que obriga as propias Directivas da UE, faise imperativo unir forzas en defensa do dereito universal á saúde.

    Por estes motivos, Médicos do Mundo, xunto co resto de organizacións membros da Rede europea HUMA, lanzou a Declaración europea do persoal sanitario Por un acceso á atención médica non discriminatoria, que apela, a todo o colectivo de profesionais da saúde, a reafirmar a súa lealdade co código ético médico e reclamar os medios e recursos apropiados para poder exercer plenamente a nosa responsabilidade profesional  de prestar asistencia médica a todas e todos os nosos pacientes sen discriminación.

    Entre as adhesións recibidas queremos destacar algunhas organizacións europeas como o Standing Committee of European Doctors (CPME); European Federation of Salaried Doctors (FEMS); Organización Médical Mundial;  European Association of Senior Hospital Physicians (AEMH); Permanent Working Group of European Junior Doctors (PWG)

    Do mesmo xeito, Médicos do Mundo quere convidarvos a apoiar esta Declaración coa súa adhesión, así como na súa difusión entre os vosos compañeiros ou asociacións das que formedes parte.

    Tamén podedes consultar o contido desta campaña a través de CURARESUNDERECHO.ORG

    Agradecendo a vosa atención, e co ánimo de que entre todos poidamos chegar a maior cantidade de persoas e que estas firmen a sua adhesión antes de finais de FEBREIRO despídome cordialmente:

                       

         Fd: Felipe Noya .

    Vicepresidente 1º Médicos del Mundo España.

     PD: calquera información que precisedes podedes poñervos en contacto con Belén ou Felipe, ademaís no dossier que vos achego en correos adxuntos tedes toda a información sobre que se espera que se faga coa campaña. Sobre todo, facedea chegar a todos os vosos contactos sanitarios.

    Probablemente a campaña vos chegará tamen  a través do voso correo, a aquelas asocacións que traballachedes con nos neste ano e no ano pasado, para invirtavos a participar con nos nas reunións que himos ter con asocacións sanitarias na difusión da campaña.

    Link Videos da campaña:

     http://www.youtube.com/MedicosdelMundo#p/a/u/2/TO162cpmz8A

    http://www.facebook.com/CurarEsUnDerecho#!/CurarEsUnDerecho?v=wall

    Bicos mil.

    Belén Torrón Ruiz

    Técnica Programas Inmigración

    Médicos do Mundo en Galicia

    Rúa Eduardo Pondal, 2, baixo

    15.702 Santiago de Compostela (A Coruña)

    Teléfono/Fax: 981.578.182/móvil:639.078.172

    belen.torron@medicosdelmundo.org

     

    http://medicosdomundogalicia.blogspot.com

     

    COMBATEMOS TÓDALAS ENFERMIDADES, INCLUÍDA A INXUSTIZA

    XUNTANZA FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN

    FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN

    Ola  Compañeiros e Compañeiras, :

    Santiago, 1 de Febreiro  de 2011:

    Tal e
    como quedamos na última xuntanza de xaneiro convocamos unha nova    XUNTANZA DO FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
    para o sábado día 12 de Febreiro
    ás 11:00 h en Santiago no Centro Social de Fontiñas (Rúa Berlín nº 13)-
    O lugar habitual- Para rematar sobre ás 13:00 h
    coa seguinte orde do día (estamos xa en plena preparación da Asemblea, polo que é importante a
    participación de todos e todas
    )

    1.- 11: 00 h  Xuntanza Xeral:


    Informacións xerais
    , sobre últimas actividades e sobre a propia Asemblea.

    Preguntas e suxestións

    (coma sempre podemos incorporar na orde do
    día nas información xerais  calquera
    outro tema que consideredes  necesario ou
    oportuno
    ). Pensamos na última xuntanza nun tempo breve para esta primeira
    parte, para deixar máis tempo ao traballo nas Comisións.

    2.- 11: 15/20 h: Xuntanzas por
    comisións de traballo da Asemblea (Dinamización:
    . Trátase de que participen as
    persoas dinamizadoras da Asemblea de Ferrol , ás incoroporadas na Xuntanza de
    Xaneiro e calquera outra interesada; Comunicación
    e Acto Público;  Loxísitica
    : estas
    dúas comisións tamén precisan persoas interesadas en participar para
    completarse.

    Por favor confirmar asistencia e
    facede un esforzó por vir alguén das diferentes zonas (Vigo, A Coruña, Ourense,
    Ferrol, Boiro, etc)

    Para calquer dúbida ou aclaración
    contactar
    con Miguel Fernández ou Rocío Rodríguez(981-580506-662307019-600876480) Email:foroinmigracionsantiago@yahoo.es.