FORO DE INMIGRACIÓN (SÓ SANTIAGO)

FORO DE INMIGRACIÓN

(SÓ ASOCIACIÓNS DA ZONA DE  SANTIAGO)

CONVOCATORIA DE XUNTANZA ORDINARIA PARA O MÉRCORES  DÍA 30 DE MAIO (adiantamos a de Xuño polo Encontro Final)  ÁS 20:30 H NO CENTRO TRABALLO E CULTURA (Rúa San Roque nº 6Bis). TEL: 981-576142-981580506

ORDE DO DÍA(aberto coma sempre a que se poida achegar outros puntos que consideredes axeitados):

1.- En Defensa dos Dereitos das Persoas Migrantes: Actividades desenvolvidas no marco da Rede Galega en Defensa da Sáude: Actividades no marco da Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas. ACAMPA 2018

 

2.–  Valoración da Presentación e Resposta ao Acordo conxunto con outras entidades sobre a RISGA. Presentado o 8 de maio. Tema Escolas Infantis e Tarxeta Benvida: nova Comunicación á Xunta.

3.-  Preparación do Encontro Final do Foro Galego Curso 17/18. Compostela, 9 de xuño. Tema importante para preparar na xuntanza: POR ESO ADIANTAMOS A DATA DA XUNTANZA DE XUÑO A FINAIS DE MAIO.

4.- Actividades interculturais dos colectivos migrantes da cidade 2018.Valoración do Obradoiro Desafiando Fronteiras. (26 de maio, Casa do Matadoiro)

5.- Información de actuacións e actividades das entidades e colectivos participantes no Foro.

6.- Preguntas e Suxestións.

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142
Anuncios