RECORDATORIO: FORO DE INMIGRACIÓN (SÓ SANTIAGO)

FORO DE INMIGRACIÓN

(SÓ ASOCIACIÓNS DA ZONA DE  SANTIAGO)

CONVOCATORIA DE XUNTANZA ORDINARIA PARA O MÉRCORES  DÍA 5 DE SETEMBRO   ÁS 20:30 H NO CENTRO TRABALLO E CULTURA (Rúa San Roque nº 6Bis). TEL: 981-576142-981580506

ORDE DO DÍA(aberto coma sempre a que se poida achegar outros puntos que consideredes axeitados):

1.- En Defensa dos Dereitos das Persoas Migrantes: Actividades desenvolvidas ao longo do verán: Tema tarxeta benvida e escolas infantís; persoas manteiras en A Coruña. Rede Galega en Apoio ás persoa Refuxidas.Rede  Galega en defensa da Sáude: xuntanza convocada para o 12 de setembro

2.– Acordo conxunto con outras entidades sobre a RISGA. Decreto públicado no DOG no mes de agosto. Presentación de Propostas do Foro (texto do Acordo).Preparación e convocatoria de Xuntanza coas entidades asinantes do Acordo (15 ou 22 de setembro)

3.- Actividades interculturais dos colectivos migrantes da cidade 2018: MOI IMPORTANTE: FESTIVAL INTERCULTURAL NA ALAMEDA (DOMINGO 9 DE SETEMBRO)

4.- Proposta de actuacións cara ao curso 2018/2019. Semana de Loita contra As Fronteiras.

5.- Información de actuacións e actividades das entidades e colectivos participantes no Foro.

6.- Preguntas e Suxestións.

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142
cartel obradoiros
CARTEL ACTIVIDADES - FESTIVAL2 (1)

RACHEMOS FRONTEIRAS-GALICIA TERRA DE ACOLLIDA

REDE GALEGA DE APOIO ÁS PERSOAS REFUXIADAS

CHANGE.ORG- CAMPAÑA firmas on line                          
Desde a Rede Galega de Apoio ás persoas Refuxiadas lanzamos esta campaña pois é necesario resover con urxencia a situación das persoas refuxiadas en campamentos en Grecia e Turquía que están morrendo de frio sen unha xustificación lóxica por parte das autoridades competentes.
Esiximos que se cumpran inmediatamente os compromisos de acollida e reubicación de persoas refuxiadas comprometidos polo Estado Español ante a UE.
Tamén exisimos a anulación do acordo entre a UE e Turquía de todos os tratados que, do mesmo xeito supoñen a vulneración e un risco para a grantía dos dereitos humanos das persoas.

14 a 17 Decembro Semana de Loita Contra as Fronteiras “Ningunha persoa sen dereitos!”

O Foro Galego da Inmigración aborda as fronteiras no acceso a prestacións e dereitos sociais, informando e sometendo a análise as recen implantadas rendas municipais. Convocan a unha manifestación contra as fronteiras e as políticas migratorias o sábado 17 as 12hs na Praza do Toural.

Cada ano ano adicamos os días próximos ao 18 de Decembro, Día Internacional das Migracións, para denunciar o carácter represivo e criminalizador das políticas migratorias.

Nesas datas non só amosamos as vulneracións de dereitos na fronteira sur, senón que tratamos de visibilizar aqueles dispositivos de control e exclusión das persoas migrantes que se levan a cabo moi preto de nós, nas mesmas vilas e cidades que habitamos.

En anteriores edicións abordamos a realidade dos Centros de Internamento de Estranxeiros, a exclusión sanitaria que supuxo o Real Decreto 16/2012 ou a existencia dos voos de deportación cos que se veñen lucrando as empresas aéreas.

Desta volta, escollemos examinar un dispositivo moito máis sofisticado e invisíbel como son as fronteiras institucionais que impiden o acceso a dereitos básicos, catapultando as persoas migrantes a situacións de vulnerabilidade e exclusión.

Con bastante frecuencia vimos denunciando as trabas que se dan no ámbito da educación e da atención sanitaria. A súa vez, no eido laboral temos un brutal exemplo de fronteira institucional-administrativa representado na situación das traballadoras do fogar, maioritariamente mulleres migradas, sometidas a condicións de explotación e discriminación no acceso a dereitos tan elementais como a prestación por desemprego.

No entanto hai outra dimensión na que tamén se instauran fronteiras entre  veciñas dunha mesma comunidade. Entendemos que pouco se ten tratado a situación das persoas migrantes en relación aos dereitos sociais desde unha posición de xustiza e equidade.

O que si teñen abundado son os discursos xenófobos que explotan mitos interesados e falsos sobre o colapso de servizos públicos e o acceso preferencial a axudas. Mentiras que teñen como obxectivo fracturar e crear un inimigo interno, ao mesmo tempo en que aboan o terreo para o avanzo do fascismo máis descarnado.

Seguiremos a combater tales discursos e reivindicar o dereito a vivir dignamente de todas as persoas, así como denunciar a exclusión das persoas migrantes en situación irregular de practicamente todas as prestacións sociais como é o caso da RISGA ou das axudas de emerxencia social.

No caso das persoas comunitarias, o pasado ano xunto a Oficina de Dereitos Sociais de Coia denunciamos os atrancos que lles impuxo a Lei de Inclusión Social de Galicia, amosando que no labirinto institucional tamén atopamos múltiplas fronteiras e altas doses de racismo e xenofobia.

Só moi recentemente e debido ao traballo de incidencia do Foro Galego da Inmigración ampliouse o dereito a acceder ás rendas municipais a aquelas persoas en situación irregular que reúnan os requisitos. Aínda así, consideramos que estas prestacións constitúen ferramentas moi febles e insuficientes para facer fronte ás necesidades básicas dunha poboación cada vez máis depauperada.

Entendemos que a exclusión nos dereitos sociais e a imposibilidade de garantir a satisfacción de necesidades como alimentación, vivenda e suministros, funciona como unha panca para a subordinación e a explotación laboral a que é sometida a poboación migrante.

Esta circunstancia se ve agravada pola aplicación dunha Lei de Estranxeiría profundamente restritiva e discrecional, conducindo a millares de persoas con contrastable arraigo a situacións de irregularidade sobrevida e a deportacións sumarias. Recentemente mobilizámonos para denunciar a deportación dun  mozo veciño de Compostela, que levaba 14 anos convivindo entre nós e mesmo chegara a estar tutelado pola Xunta de Galicia durante catro anos.

Para abordar as fronteiras no acceso a dereitos sociais contaremos coa participación de Manolo S. Bayona, integrante da Coordinación Baladre de Loitas contra a precariedade, o empobrecemento e a exclusión, e con profesionais do ámbito dos servizos sociais e inclusión.

A través de charlas en distintas localidades e dun conversatorio, trataremos as barreiras no dereito a vivir dignamente e someteremos a un análise crítico as rendas municipais e máis concretamente a compostelá Renda de Garantía Social Municipal.

Programa de actividades da Semana de Loita contra as Fronteiras:

MÉRCORES 14. FERROL

Colóquio “Fronteiras invisíbeis e dereitos sociais”, con Manolo S. Bayona (Coordinación Baladre). 19hs. Ateneo Ferrolán (Rúa Magdalena nº 202-204)

VENRES 16. CORUÑA.

Colóquio “Fronteiras invisíbeis e dereitos sociais”, con Manolo S. Bayona (Coordinación Baladre). 19hs. Asociación Viraventos (R/ Mosteiro de Caaveiro, 4, baixo).

SÁBADO 17. FERROL

Proxección do Documental Astral e Mesa Redonda con Xabier Ron e Maite Bustamante. 11:30 h. Ateneo Ferrolán (Rúa Magdalena nº 202-204)

SÁBADO 17. COMPOSTELA

12hs. Praza do Toural. Concentración “Contra as fronteira e as políticas migratorias: Solidariedade!

18hs. CTC San Roque. Conversatorio “Ningunha persoa sen dereitos!” Renda municipal e dereito a vivir dignamente. Con Manolo S. Bayona e Leticia Castro.

cartel-semana

conversatorio-santiago

cartaz-ferrol

CONCENTRACIÓN EN SOLIDARIEDADE CON LAURA BUGALLO

O FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN CONVOCA O MARTES DÍA  7 DE XUÑO  ÁS 9:00 H (NA PORTA DOS XULGADOS DE FONTIÑAS EN SANTIAGO DE COMPOSTELA, Rúa Viena), unha Concentración en Solidariedade coa grande activista social Laura Bugallo para solicitar a ABSOLUCIÓN definitiva da nosa compañeira (que ten o xuizo  ese día   e a esa hora ) por axudar a persoas inmigrantes en situación de irregularidade administrativa. 
Ás 11:00 h faremos lectura pública dun Manifesto de apoio á nosa compañeira.
PREGAMOSVOS FAGADES A MÁXIMA DIFUSIÓN POSIBLE DESTE ACTO DE APOIO A NOSA COMPAÑEIRA.

CONVOCATORIA IMPORTANTE: PLATAFORMA EN DEFENSA DAS PERSOAS REFUXIADAS

CONVOCATORIA IMPORTANTE
 
PLATAFORMA EN DEFENSA DAS PERSOAS REFUXIADAS

O Foro Galego de Inmigración e a Coordinadora Galega de ONGDs  convocan unha xuntanza o mércores día 30 de Marzo ás 19:00 h no Centro Social de Fontiñas (Rúa Berlín n.º 13) en Santiago de Compostela  co obxectivo de crear unha plataforma  en defensa das persoas refuxiadas. 
Esta plataforma, en principio impulsada por nós, tería a intención de ser aberta a todos os colectivos e entidades que queiran sumarse. E serviría como ferramenta para a canalización de mobilizacións cidadás, creación de posicionamentos conxuntos, elaboración conxunta de estratexias de incidencia política, e de todo aquelo que consideremos necesario as entidades que nos sumemos a mesma.
O único punto na orde do día sería:
– Creación da Plataforma e Obxectivos da mesma.
Por favor, precisamos que confirmedes a vosa presenza na Xuntanza.

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142

Convocatoria urxente en solidariedade coas persoas refuxiadas

 O FORO GALEGO DE INMIGRACION SUMASE A SEGUINTE CONVOCATORIA PARA REALIZAR UNHA CONCENTRACIÓN DE URXENCIA O SABADO 12 DE MARZO AS 19.30 HS NA PRAZA DO TOURAL – SANTIAGO
Desde Compostela Aberta, queremos proporvos a formar parte,  participar e difundir unha concentración de urxencia que estamos a impulsar sen protagonismo ningún, en réxime de autoconvocatoria e de forma completamente aberta, para este Sábado 12 ás 19:30 na Praza do Toural para denunciar o que esta a pasar en Siria e nos campos de persoas refuxiadas e manifestarnos en contra do acordo da UE con Turquía que rompe coa convención de Xenebra do ano 1951.

A primeira iniciativa a tomamos dende Compostela Aberta pero é unha convocatoría sen siglas na que estamos convidando a participar a todas as ONG´s, organizacións sociais e partidos. E nese pretensión enviámosvos este correo electrónico.

Unha forte aperta, quedamos ao voso dispor para o que precisedes. Para calquera aclaración podedes dirixirvos a este enderezo electrónico ou chamar a  Antonio (600969998)

Marcha Europea Polos Dereitos das Persoas Desprazadas

Evento do sábado 27 en Vigo (https://www.facebook.com/events/1044205102303293/) en prol dos dereitos das persoas desprazadas.
Bienvenidos Refugiados España
Grupo de Acción GALICIA
Twitter: @BienvndoRefug
 FB_IMG_1455921572461

DESCONVOCADA: Concentración LAURA BUGALLO

 CON MOTIVO DO APRAZAMENTO DO XUIZO QUEDA  DESCONVOCADA 
 
 CONCENTRACIÓN EN SOLIDARIEDADE CON  LAURA BUGALLO, prevista para o martes 23 de febreiro. 
 
 
PREGAMOS FAGADES A MÁXIMA DIFUSIÓN POSIBLE.
 
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142

CONCENTRACIÓN EN SOLIDARIEDADE CON LAURA BUGALLO

CONCENTRACIÓN EN SOLIDARIEDADE CON LAURA BUGALLO
O FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN CONVOCA O MARTES DÍA 23 DE FEBREIRO ÁS 11:30 H (NA PORTA DOS XULGADOS DE FONTIÑAS EN SANTIAGO DE COMPOSTELA, Rúa Viena s/n), unha Concentración en Solidariedade coa grande activista social Laura Bugallo para solicitar a absolución  da causa aberta contra a nosa compañeira (que ten o xuizo este día ás 12:00h ) por axudar a persoas inmigrantes en situación de irregularidade administrativa.
ÁS 11:45h no transcurso da Concentración, faremos Lectura Pública dun Comunicado en Solidariedade coa nosa compañeira.
PREGAMOS FAGADES A MÁXIMA DIFUSIÓN POSIBLE DESTA CONVOCATORIA.
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142

16 Febreiro. Presentación da Campaña Boicot Air Europa e Globalia

CONTRA AS DEPORTACIÓNS, BOICOT A AIR EUROPA E A GLOBALIA
 
Rolda de Prensa Informativa o martes día 16 de Febreiro ás 11:30 h no Local da Asociación de Veciños de Agra do Orzán (Rúa Entrepeñas n.º 38)  en A Coruña para presentar a Campaña: CONTRA AS DEPORTACIÓNS, BOICOT A AIR EUROPA E A GLOBALIA
 
IMPORTANTE ACUDIR TODAS AS PERSOAS QUE POIDADES XA QUE LEVAREMOS O MATERIAL DA CAMPAÑA PARA COMEZAR A REPARTIR.
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142

III SEMANA GALEGA DE LOITA CONTRA AS FRONTEIRAS

1-fronteirasa3 (1)
III SEMANA GALEGA DE LOITA CONTRA AS FRONTEIRAS
DO 2 AO 5 DE NOVEMBRO DE 2015
 
ACTOS E ACTIVIDADES
 
Coa participación de: Ainhoa Nadia Douhaibi Arrazola
Colectiu: Tanquem els CIEs Barcelona
 
A CORUÑA
  • Charla, luns 2 de novembro ás 19:30h en R/ Mosteiro de Caaveiro, 4.
  • Presentación da moción “A Coruña libre de CIEs“, mércores  4 de novembro ás 12:30h no Concello. Rolda de Prensa e entrega da moción a á Concelleira de Igualdade e Diversidade.
  • Cea senegalesa: xoves 5 de novembro ás 21:30h no restaurante Mama África, R/ Pascual Veiga, 14.
FERROL
  • Charla, martes  3 de novembro ás 19:30h na Galería Sargadelos .Rúa Rubalcava 30-32
  • Presentación da moción “Ferrol libre de CIEs“, martes 3 de novembro a partir das 12:00h no Concello con Rolda de Prensa.
COMPOSTELA
  • Charla, mércores  4 de novembro ás 20:00h na Librería Lila de Lilith .Rúa Travesa nº 7
  • Presentación da moción “Compostela libre de CIEs“, mércores 4 de novembro ás 11:00 no Concello con Rolda de Prensa e entrega da moción á Concelleira de Benestar Social.
LUGO
  • ·         Xoves día 5 de Novembro
  • ·         11:00 h: Rolda de Prensa. Concentración. Entrega da Moción no Concello. Na Praza Maior.
  • ·         17:30 h: Kamishibai. Contacontos para nen@s con teatrillo. No Campo Castelo.
  • ·         19:00 h: Cantares de Cego no Campo Castelo.
  • ·         20:30 h: Charla: Stop Deportacións. ( Randi Montero, Colectivo Sem Papeis). No Local Sindical. Ronda da Muralla.
VIGO
  • Charla, xoves 5 de novembro ás 20:00h Local de Árbore (rúa López Mora nº 30) en colaboración con GAS e ODS.
 
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN

Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142

“Traxedías no Mediterráneo” Acto 9 de maio

cartel-racismo

 

 STOP MORTES NO MEDITERRÁNEO!
Sábado 9 de mayo no Paseo Marítmo – A CORUÑA 
O acto consistirá nunha performance alusiva aos milleiros de persoas que, fuxindo dos conflitos, da persecución ou da pobreza, perderon a súa vida no Mediterráneo. 
 
No primeiro cuadrimestre deste ano 2015, a cifra de mortos multiplicouse por cen en comparación co ano 2014. 
 
Nembargantes, os políticos europeos miran para outro lado. A pesares dos chamamentos internacionais, os Estados europeos decidiron poñer máis recursos, pero non para salvar vidas senón para protexer as súas fronteiras.
 
E mentres as persoas morren.
 
¿Ata cándo?. ¿Cántas persoas máis deben morrer para que os gobernos europeos entendan que deben antepor a protección das persoas?
 
– Os organizadores aconsellan aos que desexen participar no acto que vaian completamente vestidos con roupa negra e que se dirixan o sábado ás 12,30 horas a calquera dos dous puntos de encontro fixados: a fonte dos surfistas ou a beira do Playa Club de Riazor. Dende ámbolos  dous puntos marcharán en fila polo paseo marítimo ata adentrarse na praia, na que terá lugar a performance.
 
Convocatoria abierta: 
  • África Universal, Amnistía Internacional, Asociación Veciñal da Agra do Orzán AGRA, Comunidade Cristiana Vangarda Obreira, Domu África, Foro Galego de Inmigración, Fronte Cívica, La Paz, Médicos do Mundo, Mundo sen Guerras e sen Violencia, ONG Viraventos, SOS Racismo Galicia
 
“S.O.S. dereitos das persoas migrantes 
en grave perigo!”
 porque non estou de acordo con:
A exclusión sanitaria, | as redadas racistas, | o acoso policial, | a explotación laboral das empregadas domésticas, | os recortes en servizos sociais eos Centros de Internamiento de Estranxeiros

SEMANA LOITA CONTRA AS FRONTEIRAS- Importante participar

1-FronteirasA3

 

   Invitamos atodas as persoas a participar nas actividades da II SEMANA GALEGA DE LOITA CONTRA AS FRONTEIRAS 

Nen recortes de dereitos nen acoso policial.
Loitar contra a represión é quebrar fronteiras!
 
COMUNICADO  DE PRENSA
II SEMANA GALEGA DE LOITA CONTRA ÁS FRONTEIRAS, PROMOVIDA POLO FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
O Foro Galego de Inmigración, xunto con outros colectivos e persoas, promove entre o 25 e o 27 de Febreiro, a II Semana Galega de Loita contra as Fronteiras, con actos públicos formativos, informativos e revindicativos que se van desenvolver en A Coruña, Santiago de Compostela e Lugo.
Neses actos vai participar a destacada activista valenciá, Ana Fornés  daPlataforma Estatal  polo Peche dos CIES, xunto con outras persoas en representación dos colectivos que promovemos estas actividades, que pretenden, segundo un Manifesto común que se lerá nos diferentes actos:
 
“Denunciar  que o  carácter represivo e criminalizador da política migratoria española e europea faise cada vez  máis patente: a brutalidade policial contra as persoas migrantes na chamada  fronteira sur, as devolucións sumarias eufemisticamente chamadas “en quente”avaladas pola nova  Lei de Seguridade Cidadá, o internamento en Centros de Internamento de Estranxeiros (CIEs) ou as redadas racistas que teñen lugar cotiamente dan boa mostra diso. Nesta II Semana Galega de Loita contra as Fronteiras, queremos de forma específica informar á cidadanía  e  facer denuncia pública  da terrible realidade  dos voos de deportación masiva ou “voos da vergoña”.
Denunciar tamén que  as restricións e vulneracións de dereitos ás que están sometidas as persoas migrantes, esténdense no caso galego ao labirinto institucional e burocrático no que  atopamos múltiplas fronteiras e altas doses de racismo e xenofobia. Aquí queremos de forma específica  informar á cidadanía e facer denuncia pública das dificultades de acceso que na Galiza están a ter ás persoas migrantes, mesmo ás comunitarias, aos servizos e prestacións sociais públicas.”
Os Actos e Actividades que compoñen esta II SEMANA GALEGA DE LOITA CONTRA AS FRONTEIRAS son:
 
A CORUÑA  (25 DE FEBREIRO)
As  11:30 h  Concentración e  rolda de prensa diante da Subdelegación de Gobierno (Avda. La Marina, 23, 15001 – A Coruña).
 
Ás  21:00h charla – coloquio no  local da Rúa  Marqués de Pontejos, coa activista Ana Fornés e o veciño desta cidada, de orixe nixeriana, Peter Onaghuise, que sufríu a violencia policial de forma directa.
SANTIAGO DE COMPOSTELA  (26-27 DE FEBREIRO)
As  18:00 h  Acto Público, Imaxina unha cidade con fronteiras, na Praza de Cervantes.
 
Ás  20:00h charla – coloquio  na  Casa de Xantar A Silveira, Rúa Cardeal Paia , coa activista Ana Fornés e con Leticia Castro Torres do Colexio Oficial de Educador@s Sociais de Galicia.
VENRES 27 DE FEBREIRO:
ÁS 11:00h Concentración e Rolda de Prensa diante da oficina de Viajes Ecuador (do grupo empresarial de Air Europa), na Rúa do Horreo nº 19. (ao lado da Praza de Galicia).
LUGO  (27 DE FEBREIRO)
As  18:00 h  Concentración e  Lecturas antirracista  na Praza Maior.
 
Ás  20:00h charla – coloquio no  local Sindical (Ronda da Muralla, nº 58), coa activista Ana Fornés e  Randi Montero, coordenador do Foro Galego de Inmigración en Lugo.
 
PARA CONTACTOS COA PRENSA
A CORUÑA: Nicanor Alonso (698-137876)
SANTIAGO DE COMPOSTELA: Miguel Fernández (662-307019)
LUGO: Randi Montero (645-213555)
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142

Encuentro – Santiago de Compostela

sosdereitosASEM-page-001

ENCONTRO 

SOS DEREITOS DAS PERSOAS MIGRANTES EN GRAVE PERIGO !!!

SAB 7 DE XUÑO

NA GENTALHA DO PICHEL (SANTIAGO DE COMPOSTELA)

 

PROGRAMA 

10:00   10:30 hs ACOLLIDA

10:30   11:30 hs PRESENTACIÓN /PROPOSTAS

  • Exclusión Sanitaria (Médicos do Mundo)
  • Reforma laboral e explotación laboral (CUT)
  • Recurtes de orzamentos e dereitos sociais (CEESG)
  • Persecución do colectivo migrante (Colectivo africano de A Coruña) 

10:30   14:00 hs OBRADOIRO

14:00   15:30 hs XANTAR

15:30   16:30 hs ASEMBLEA

16:30   18:00 hs ACTO PÚBLICO

 

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142

http://www.forogi.wordpress.com

Campaña SOS DEREITOS MIGANTES

sos dereitos cartel (2)-page-001


O Foro Galego de Inmigración promove a Campaña: SOS DEREITOS DAS PERSOAS MIGRANTES EN GRAVE PERIGO! para promover unha resposta social ampla e contundente na Galiza  ante unha realidade que está a vulnerar xa os máis elementais principios democráticos e os propios dereitos humanos.

 
O Acto de Presentación da  Campaña na CORUÑA: SOS DEREITOS DAS PERSOAS MIGRANTES EN GRAVE PERIGO!  Terá lugar o martes día 13 de maio ás 11:00 h no Local da Asociación de Veciños de Agra do Orzán (Rúa Entrepeñas 38, A Coruña), nun Acto Público no que convidamos a todas as organizacións, asociacións e colectivos participantes na Campaña para que teñan unha intervención no mesmo de entre 3 e 5 minutos. (no mail de confirmación da participación na Campaña, podedes indicar tamén  a vosa dispoñibilidade para intervir no Acto e mesmo a persoa ou persoas que os van representar)
 
Xuntamos o cartaz/folleto  de presentación da Campaña e o texto do Documento Base da mesma, e solicitamos a vosa participación  mandando un mail de confirmación a:sosdereitosmigrantes@gmail.com
NON  O PODEMOS PERMITIR…….. SÚMATE 



FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142

Campaña: SOS DEREITOS MIGRANTES

sos dereitos cartel

O Foro Galego de Inmigración promove a Campaña: SOS DEREITOS DAS PERSOAS MIGRANTES EN GRAVE PERIGO! para promover unha resposta social ampla e contundente na Galiza  ante unha realidade que está a vulnerar xa os máis elementais principios democráticos e os propios dereitos humanos.
Xuntamos o cartaz/folleto  de presentación da Campaña e o texto do Documento Base da mesma, e solicitamos a vosa participación  mandando un mail de confirmación a:
O Acto de Presentación e Lanzamento da  Campaña: SOS DEREITOS DAS PERSOAS MIGRANTES EN GRAVE PERIGO!  terá lugar o sábado  día 29 de Marzo ás 11:00 h no Centro Social de Fontiñas (Rúa Berlín, no Polígono das Fontiñas)  de Compostela nun Acto Público no que convidamos a todas as organizacións, asociacións e colectivos participantes na Campaña para que teñan unha intervención no mesmo de entre 3 e 5 minutos. (no mail de confirmación da participación na Campaña, podedes indicar tamén  a vosa dispoñibilidade para intervir no Acto e mesmo a persoa ou persoas que os van representar)
NON  O PODEMOS PERMITIR…….. SÚMATE

Semana de Loita Contra as Fronteiras

O Foro Galego da Inmigración organiza xunto a colectivos sociais unha
Semana de Loita contra as Fronteiras do 21 ao 25 de outubro
Pasado un ano da entrada en vigor do Real Decreto 16/2012, que retira o dereito á asistencia sanitaria ás persoas migrantes en situación irregular, o Foro Galego da Inmigración quere denunciar a trama de fronteiras que a política de estranxeiría española impón ás persoas migrantes.
Entendemos as fronteiras de forma ampla, abarcando desde os pasos fronteirizos exteriores até toda unha profusión de prácticas institucionais e policiais que, moitas veces de forma menos perceptible, instauran barreiras entre as persoas que habitamos un territorio en función da procedencia, trazos étnicos ou outros signos identitarios.
Desde os colectivos organizadores, sostemos que o acceso diferencial ao sistema de dereitos, como é o caso do fundamental dereito á saúde, representa un elemento máis do armazón de fronteiras interiores arquitectado polo poder estatal, coa cumplicidad doutros niveis admnistrativos. O objectivo non é outros que apuntalar a situación de subordinación e explotación das persoas migrantes e promover a división entre diferentes grupos sociais, empregando a competencia por recursos escasos e a creación dun inimigo interno como método de control e disciplinamiento social.

Con esta semana queremos denunciar as consecuencias da política migratoria española e europea, inserida no marco de desigualdade, e consecuente mobilidade forzada, xerado polo sistema capitalista.
E como exemplo paradigmático da engrenaxe de fronteiras institucionais examinaremos o efecto da aplicación do Decreto Sanitario, e do seu parche galego, o Programa Galego de Atención á Saúde Pública, no acceso á asistencia sanitaria das persoas migrantes.
asem
Para iso, contaremos coa participación de Eduardo Romero, integrante do colectivo asturiano Cambalache, autor de diferentes textos sobre políticas migratorias e co-autor do libro “¿Qué hacemos con las fronteras?”.
Entre as actividades que compoñen esta semana de loita, están as presentacións do libro en Vigo, Ourense e Coruña, coloquios en Compostela e Ferrol baixo o título “Fronteiras. Diferentes dispositivos, mesma función. Políticas migratorias e exclusión de dereitos”, nos que participará Eduardo Romero e activistas polo dereito á saúde universal. A semana completarase cunha rolda de prensa e dous actos reivindicativos en Compostela.
 
Axuntamos cartel e pregamos difusión.


FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142
Cartaz Loita contra Fronteiras

CIBERACCIÓN – DEREITO A SAUDE

COMPAÑEIRAS E COMPAÑEIROS DO FORO:

Tal como acordouse onte na xuntanza do Foro de  Inmigración (Santiago) enviamos o enlace para a ciberacciónhttp://www.medicosdelmundo.org/ciberacciones/sanidaduniversal, solicitando as Presidencias das Comunidades Autónomas que cumpran coas suas obrigas do dereito a saúde

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142

http://www.forogi.wordpress.com

Acto de Solidariedade, o sábado 17 de Decembro, con Lazos Pro Solidariedade Comité Anti Sida de Ferrol Terra, no véspera do Día de Acción Global contra o racismo e polos dereitos das persoas migrantes, refuxiadas e desprazadas

Acto de Solidariedade, o sábado 17 de Decembro, con Lazos Pro Solidariedade Comité Anti Sida de Ferrol Terra, no véspera do Día de Acción Global contra o racismo e polos dereitos das persoas migrantes, refuxiadas e desprazadas

As asociacións abaixo asinantes CONVOCAN un acto de solidariedade co Comité Antisida de Ferrol LAZOS PRO SOLIDARIEDADE. Esta asociación sen ánimo de lucro, de persoas afectadas polo VIH, fundada en novembro de 1995 en Ferrol, ven denunciando que os recortes nas prestacións sanitarias están afectando a sectores desfavorecidos da nosa comarca, entre eles o colectivo de inmigrantes.

Denuncian ademais que, no caso das persoas afectadas polo VIH, que se encontran en situación máis vulnerable, estase a detectar unha falta de cobertura sanitaria básica, repercutindo directamente na súa calidade de vida, na súa precaria economía e favorecendo a exclusión social, por motivos de saúde.

Na nosa comarca acollemos cada ano un pequeno número de persoas inmigrantes. Entre elas, moitas orixinarias de Senegal. Un 17% da poboación senegalesa padece hepatite. O comité Lazos, leva nos últimos anos enfrontando desde a solidariedade e a axuda mutua, as dificultades que todas estas persoas que se achegan a nosa comarca, encontran para sobrevivir. Agora, cando sopran ventos desfavorábeis para os dereitos, o respecto e as liberdades, precisan do noso apoio. Para mostrarllo, celebraremos, no véspera do Día Internacional das Persoas Inmigrantes, un acto lúdico e reivindicativo onde dar a coñecer todas estas realidades e unir vontades para resolvelas. Agardamos todas as mans, todas as vontades, todos os apoios.

A.C. Fuco Buxán | Asociación Veciñal de Esteiro | Ateneo Ferrolán |
Colectivo Ártabra 21 | Colectivo Opaii – Rádio Filispim | Foro Galego de Inmigración | Comité AntiSida de Ferrol Terra – Lazos Pro Solidariedade

 

[Aberto a calquer asociación que queira apoiar e participar.
Comunicar a: comiteantisidaferrol@gmail.com]

 

 

Día 17 de Decembro de 2011, Sábado,
desde as 11hs até as 17hs (aproximadamente),Traseira do Mercado de Caranza, rúa Cuco Ruíz de Cortázar s/n

música, poesía, petiscos, callos solidarios…
Intervención de Xosé Carlos Varela Fernández,
presidente de LAZOS pro Solidariedade – Comité anti-sida de Ferrol
Micrófono Aberto
Programa en directo de Rádio Filispim.

comiteantisidaferrol@gmail.com
http://comitelazos.blogspot.com/

|||||||||||||||||||||||||||||||||

Enlace relacionado:

Foro Social de Ferrol Terra – Consello Local: Día de Acción Global contra o racismo e polos dereitos d@s migrantes, refuxiad@s e desprazad@s – 18 de Decembo de 2011

|||||||||||||||||||||||||||||||||

FSdeFerrolTerra

Foro Social de Ferrol Terra

Consello Local
http://forosocialdeferrolterra-consellolocal.blogspot.com/

||||||||||||||||||||||||||||||||

Foro 2011
http://forosocialdeferrolterra.blogspot.com/

||||||||||||||||||||||||||||||||