En principio resaltar que houbo unha ampla participación de asociacións e entidades de A Coruña, Ourense e Santiago (faltou Vigo), con novas incorporacións como a Asociación de Senegaleses de Ourense, e que resultou polo tanto moi positiva.
1.- Asamblea 2009:
Domingo día 31 de Maio de 2009 no Colexio dos Salesianos de Ourense.
Acordamos a orde de día defintiva:
10:00-10:30 H: Acollida
10:30 H-11:30H: Ponencia de Carmen Verde (Profesora da Universidade de Vigo) sobre a integración da poboación inmigrante en Galiza.
11:30-11:45H: Descanso
11:45H-13:15H: Presentación por zonas e Debate das Propostas da Asemblea.
13:15H-13:30H: Descanso para traslado cara á Praza Maior de Ourense.
13:30H-14:00H: Acto Público na Praza Maior de Ourense con lectura de Manifesto (encarganse as asociacións de Ourense).
14:15H: Xantar (de balde, porque convida o Concello de Ourense)
16:00: Festival (inclue a presentación de novas asociacións do Foro)
17:30: Remate da Asemblea
Cuestións importantes:
1.-Temas por zonas:
Ourense: Lei de estranxeiría (tema do reagrupamento familiar) e voto inmigrante
A Coruña (pendente de concretar nunha xuntanza que teñen o 8 de Maio): algúns temas da Lei de estranxeiría (abusos das autoridades con persoas indocumentadas, …) e redes sociais entre o colectivo inmigrante.
Santiago: Lei de estranxeiría (tema interesantes que non se toquen noutras zonas), a situación respecto ao emprego nun contexto de crise económica, Participación Cidadá do colectivo inmigrante.
Vigo: non se determinaron temas para esta zona: importante que as asociacións de Vigo remitan as súas propostas.
2.- Autobúses para desprazamento: hai dous autobuses confirmados desde Santiago e había que buscar algún para Vigo e A Coruña (solicitar nos concellos).
3.- Para as propostas: facer unhas follas en power-point para proxectar (senón se pode en cada zona, Sonia de Ourense encargase de facelo e no lugar da Asemblea habera canon e ordenador).
4.- Carteis: hai un deseño, proposto pola Asociación Galicia Terra de Acollida de Ourense, que non chegamos a ver, pero que en todo caso quedamos en aceptar. Imprimiremos os carteis en Santiago e repartiremos na Xuntanza do día 16 de Maio.
5.- Para o Festival: remitir o correo do Foro ou avisar por teléfono, as asociacións interesadas en facer presentación e/ou actuación musical
6.- Presentación Publica da Asemblea: Martes 26 de Maio en Santiago (Galería Sargadelos ás 11:00h) e Venres día 29 de Maio en Ourense (como probablemente sexa no propio Concello a hora queda por determinar, incluso podería ser o xoves 28).
Xuntanza final de coordenación previa á Asemblea o sábado día 16 de Maio no local do Foro en Santiago (CTC)
2..- Camapaña en relación co cambio de Lei de Estranxeiría
Informouse da exitosa recollida de sinaturas en Santiago e xuntaronse máis traídas doutros lugares.
– Xuntanza con representantes políticas: Primeira xuntanza coa deputada no Parlamento Español do BNG, Olaia Fernández Davila este xoves día 30 de Abril ás 18:30 H na sede do BNG en Santiago de Compostela (un grupo de persoas amosouse disposto a participar na xuntanza polo que confirmamos a mesma)
Tentaremos nas próximas datas fixar as xuntanzas con representantes do PP e do PSdG-PSOE.
– En relación coa Campaña Europea dos días 15-16-17 de Maio (remitimos información por correo electrónico) contra as políticas de estranxeiría da UE na que acordamos participar, da seguinte maneira: Facer unha convocatoria pública aos medios de comunicación para o sábado día 16 de Maio ás 11:00h da mañá para entregar tódalas sinaturas recollidas no Rexistro da Secretaría Xeral de Emigración da Xunta en Santiago. Esa entrega de sinaturas relacionaríamola tamén coa citada Campaña Europea e aproveitariamos que ese día habería representantes das diferentes zonas, ademáis das asociacións de Santiago, porque a xuntanza de coordenación da Asemblea fariamola despois.
– Informouse tamén de que Amnistia Internacional Galicia puxose en contacto co Foro para colaborar e coordinar actuacións (porque eles teñen tamén a súa propia Campaña polo tema do asilo político) e quedamos naturalmente en informarles das nosas actuacións e participar nas súas.
3.- Entrevista co/coa responsable política da Xunta en temas de inmigración.
Quedamos en solicitarlle unha xuntanza en canto esta persoa sea nomeada. Co compromiso de participar o máximo posible de representantes de Asociacións na mesma.
4.- Varios.
– Felipe e Belén presentaron O Blog do Foro Galego de Inmigración e animaron a coñecelo e facer aportacións ao mesmo.
– As asociacións de Santiago pensamos en deixar para xuño a participación na Feira que se organiza no Barrio de San Pedro, para non acumular excesivo chollo.
-Despedimos cun ata logo a nosa compañeira Kika que viaxa temporalmente ao seu país Brasil.
Recordade vindeira cita: Sábado día 16 de Maio ás 11h na Secretaria Xeral de Emigración (rúa Basquiños nº 2) en Santiago, para logo ter a xuntanza no local do Foro na rúa San Roque
Para calquer dúbida ou aclaración contactar con Miguel Fernández ou Rocío Rodríguez (981-580506- 600876480) E mail: foroinmigracionsant iago@yahoo. es
Me gusta esto:
Me gusta Cargando...