Denuncias

DSCN8173

O Foro oferta un dobre servizo: denuncia diante das administracións ou entidades responsables con solicitude de entrevista e aclaración formal do tema; e tamén , sempre e cando as persoas afectadas estean de acordo; denuncia pública nos medios de comunicación dos feitos.

 

Como recomendacións básicas para as persoas afectadas por unha actuación discriminatoria (a orde de actuacións pode variar segundo o caso ou ser simultáneas):

 

1.- Denuncia dos feitos, preferiblemente nas dependencias dos xulgados de garda (especialmente cando se trate dunha persoa en situación de irregularidade administrativa). Sempre se pode denunciar no xulgado, se está pechado podemos ir ao día seguinte.

 

2.- No caso de agresións físicas, acudir no momento a un hospital ou centro de saúde para realizar un parte de lesións, que debe acompañar á denuncia.

 

3.- Acudir ao Colexio de Avogados que nos corresponda por zona, para solicitar, mediante o sistema de xustiza gratuíta, un avogado de oficio.

 

4.- Informar ao Foro Galego de Inmigración (enviar os vosos datos e unha descrición pormenorizada dos feitos co nome; tel; correo; correo electrónico á correo: foroinmigracionsantiago@yahoo.es; tel 981-580506 ou enderezo: Rúa San Roque nº 6 Bis, 15704-Santiago de Compostela). Garantimos a máxima confidencialidade da información e dos datos persoais. Os pasos seguintes serán sempre aprobados previamente polas persoas afectadas.

 

Repetimos a importancia de denunciar e dar a coñecer os casos de discriminacións

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s