NOTA DE PRENSA
O Foro Galego de Inmigración formado por asociacións e entidades de migrantes ou que prestan servizos a estes colectivo de Galiza, esixe uns servizos de atención á poboación inmigrante, nas cidades e principais concellos de Galiza, permanentes e dotados dos profesionais necesarios.
Con ese obxectivo representantes das asociaciones e entidades que compoñen o Foro , presentaron hoxe mércores día 25 de Xaneiro unha solicitude aos Alcaldes de Santiago de Compostela, A Coruña e Ferrol (nesta cidade o Acto trasladouse a mañá xoves día 26 de Xaneiro para coincidir cun Pleno Municipal) ás 11:00 h nos respectivos Rexistros Municipais , desenvolvendo con posterioridade unha ROLDA DE PRENSA INFORMATIVA en paralelo nas tres cidades .
O contido concreto da Solicitude presentada de forma conxunta nestes tres concellos lamenta a práctica eliminación ou a reducción substancial dos servizos que prestan estas Unidades á comunidade de persoas migrantes das cidades mencionadas dende comezos do presente ano 2012, máis neste contexto de crise económica. Engadindo que:
Os servizos de atención á poboación migrante deben ser:
1.- Permanentes: Independentemente dos convenios coa Xunta de Galiza, debe haber garantía do seu mantemento por parte dos propios Concellos. Facemos extensiva esta demanda para o conxunto de cidades de Galicia, que pechan de feito estas Unidades varios meses ao ano. Esiximos tamén á propia Xunta de Galicia máis recursos para estes servizos e un sistema de financiación que permita o seu carácter continuado no tempo. Trátase de dereitos da poboación migrante residente nas cidades e vilas de Galiza, que deben prestarse en todo caso.
2.- Eses servizos deben contar como mínimo con dous profesionais directamente contratad@s do ámbito do traballo social e de dereito, ademáis do persoal administrativo ou responsable precisos. Compre recordar que coa actual normativa de estranxeiría, os concellos teñen unha importante responsabilidade coa elaboración dos Informes de Arraigo ou de Vivenda ou a
súa colaboración para a elaboración dos novos Informes de Intergración. Trátase dunha documentación que as persoas migrantes deben xestionar ademáis en prazos de tempo concretos e reducidos, e que poden ver moi comprometidas as súas tramitacións documentais se non se cumpren os mesmos.
3.- Eses servizos deben ser prestados por profesionais especializados, tentando garantir a súa continuidade e permanencia no tempo. Na medida do posible consolidar no tempo a profesionais concret@s, coñecid@s e valorad@s pola poboación migrante nestes dous ámbitos tan sensibles para as persoas que se achegan aos mesmos é outro aspecto importante a valorar.
Remata, Solicitando para as tres cidades e para o conxunto de cidades e vilas importantes de Galiza:
O mantemento das Unidades de Atención as Persoas Migrantes co alomenos o equipo profesional que se recolle no punto 2 do Escrito. Establecendo, sistemas e recursos que garantán á permanencia continuada destes servizos con estes profesionais para os vindeiros anos.
No caso de Santiago de Compostela incluímos ademáis na solicitude, o noso frontal rexeitamento á pretensión do goberno muncipal de aprobar no Pleno Municipal de mañá xoves día 26 de Xaneiro á eliminación do CONSELLO MUNICIPAL DAS MIGRACIÓNS. Orgáno básico para a integración deste colectivo na vida cidadá de Santiago de Compostela.
Para máis información: Miguel Fernández (662-307019) ou Rocío Rodríguez (981-580506/600-876480)
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142