Comunicado de prensa

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN

COMUNICADO  DE PRENSA

 

O Foro Galego de Inmigración formado polas asociacións e entidades recollidas abaixo (máis de 80 asociacións e entidades de toda Galicia)  convoca unha Rolda de Prensa  informativa o mércores día 25 de Maio ás 11:00 h na Galeria Sargadelos (Rúa Nova nº 16) en Santiago de Compostela  para :

 

–          Presentar a VI Asemblea Xeral Galega de Inmigración e Emigración de Retorno que promovida polas máis de 80 asociacións e entidades deste Foro  celebrarase o domingo día 29 de Maio en Santiago de Compostela , no IES Xelmirez I (Rúa Poza de Bar- Campus Sur)  desa cidade a partir das 10:00 h. A Asemblea contará con representantes da inmigración e emigración de retorno das Asociacións e Entidades de toda Galicia, e é continuación das celebradas en anos anteriores en  Vigo,  A Coruña , Ourense e Ferrol.

 

–          A Asemblea baixo o lema: Ninguen Sobra Nunha Crise , que serve de base a Campaña que o Foro Galego de Inmigración ven desenvolvendo a ao longo do presente ano 2011, quere explicitar que nun contexto de Crise Económica, Social e Política, e  de forte recurte dos dereitos sociais, laborais e cidadáns, que  “Non sobra ningunha persoa nunha crise. Sobran os malos xestos, os xestos de discriminación, de racismo, os que nos converten, ás persoas migrantes, en centro do discurso político e en culpables dunha crise que, desde logo, non provocamos. Sobran a especulación financeira, os paraísos fiscais e as grandes fortunas feitas pola explotación laboral.  Sobran, por suposto, as persecucións e o acoso policial que mesmo mereceron unha advertencia da ONU ao Estado español”. Reafirmamos así o compromiso do colectivo migrante galego para axudar a construír alternativas fronte á situación de desemprego, explotación laboral e exclusión social dunha parte importante das persoas. 

 

–          Presentación do principal acto público da Asemblea:MARCHA E ACTO PÚBLICO BAIXO O LEMA: ”NINGUÉN SOBRA NUNHA CRISECon saída ás 13: 15h do Instituto Xelmirez I  para despois de percorrer diferentes rúas da cidade, rematar cunha Concentración con lectura dun Manifesto Revindicativo ás 14:00 h na Praza do Toural

 

Para máis información : Miguel Fernández ou Rocío Rodríguez (981-580506/662-307019/600-876480)

Organizacións que conforman o Foro Galego de Inmigración: Asociación Amarante, Asociación Amani-Galiza, Asociación Chambo,  Asociación de inmigrantes Gondwana, Asociación de Argentinos en el Exterior, Asociación Plataforma polo Emprego, Asociación Puente Cultural Rumano-Gallego, Asociación Universia, Attac Compostela, Asociación de inmigrantes Casa Latinoamericana en Galicia, Cáritas Interparroquial Santiago, Cáritas Milladoiro, Colectivo Brasileiro, Colexio Oficial de Educadores Sociais de Galicia, Comisión de Migración do BNG, Comité Óscar Romero de Santiago de Compostela, Coordenadora Diocesá de Acción Católica, Cruz Vermella, CUT, Departamento de Migracióin da CIG, Esquerda Unida, Foro Debate e Acción, Inzar, Juventudes Marianas Vicencianas, Mans Unidas, Misioneros Combonianos, Mulleres Cristiás Galegas, Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade de A Coruña, PsdeG-PSOE-Santiago, Seminario Galego de Educación para a Paz; Voluntariado Rogas. Uruguayos por el Mundo Carballo, Asociación de Venezolanos en A Coruña, Hermandad Venezolana de A Estrada, Asociación Equs Zebra, Asociación Batuko-Tabanka, Cáritas de Lugo, Cáritas de Mondoñedo-Ferrol, Asociación Cultural para las Migraciones Colombianas “ACUMIC”,  Ecos do Sur, Sindicato Labrego Galego,  ASMIREFE, Asociación Renacer,  Mediomundo Uruguayos en Coruña, Galicia Terra de Acollida de Ourense, AMESPA, Asociación de Venezolanos del Deza, ASCD Amigos de Venezuela de Vigo, Hermandad de Venezolanos das Rías Biaxas, Asociación Casa de Inmigrantes Oya de Arteixo. Asociación Banda Oriental, Asociación Centro Argentino de Carballiño-Asociación Latinoamericana, Cáritas de A Coruña, Asociación de Argentinos de Lalín, Fundación Juan Soñador, Asociación de Mulleres Anovar de Galicia, Asociación Venezolana do Salnés, Casa Argentina de La Coruña , Comunidade do Castiñeiriño de Santiago de Compostela,Parroquia Cristo de la Victoria de Vigo, Asociación Recandea, Agrupación de Inmigrantes Latinoamericanos Ntra Sra de Guadalupe de Pontevedra, Asociación de Emigrantes Retornados de A Mahía, Médicos do Mundo, Asociación de Venezolanos de Santiago, Cosior (Asociación de Ecuatorianos de Santiago), Aseser Teranga, Asociación Ouresá-Venezolana, Asociación Ñane-Reta Paraguay, Asociación Multicultural de Mujeres de Vigo; Agra Humanista, Marineda, Orense Acoge, Federación de Anpas, Forum Propolis, Asociación 25 de Agosto de Uruguay, Asociación Fonte de Ourense, Cáritas Diocesá de Ourense, Asociación de Guineanos de A Coruña. Somos Igrexa-Galiza, Asociación Cultural e Intelectual de Santiago de Compostela. Asociación de Senegaleses de Ourense. Asociación Marusía de Emigrantes Retornados. Asociación TroCamundo. Madres Latinas. Proyecto Teranga Sociolaboral. Cáritas Tiu-Vigo. Representantes urbanos no Consello de Relacións Veciñais. ONGD ConTacto, Asociación Afrolatina de Ourense, ASAGA Asociación de Africanos en Galicia. Asociación cultural Fuco Buxán.   

 

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142

http://www.forogi.wordpress.com

Programa Sin Fronteras nº 28

Programa Sin Fronteras nº 28, emitido o mércores 11 de maio, no que a compañeira Susana Alaniz, alén de abordar outros temas, realizou unha entrevista a Eduardo Romero, quen nos acompañou a pasada semana nas actividades da campaña «Ninguén sobra nunha crise».

http://sinfronterasrf.blip.tv/file/5140836/

Sin Fronteras é un programa da Rádio Comunitaria Filispin, de Ferrol, que se emiten en directo os mércores e domingos. Podedes atopar os audios na web: http://sinfronterasrf.blogspot.com/

“NINGUÉN SOBRA NUNHA CRISE” ROLDA DE PALESTRAS-PRESENTACIÓN

ROLDA DE PALESTRAS-PRESENTACIÓN

CAMPAÑA “NINGUÉN SOBRA NUNHA CRISE”

Foro Galego de Inmigración

“O impacto da crise sobre as persoas migrantes”

 – CORUÑA: Luns, 09 de Maio ás 20:00hs Fórum Própolis (R/Barcelona, 115). Con Eduardo Romero. Colectivo Cambalache (Asturies)

“Reflexións entorno ás consecuencias da crise

nas persoas migrantes”

 – VIGO: Martes día 10 de Maio ás 20:30hs Cova dos Ratos (Romil, 3). Colaboran: Oficina de Dereitos Sociais de Coia e Grupo de Axitación Social.

COMPOSTELA: Mércores día 11 de Maio ás 19:00hs Biblioteca Ánxel Casal (Avda de Xoán XXIII).

Con Eduardo Romero. Colectivo Cambalache (Asturies)

Diego Lores . Oficina de Dereitos Sociais de Coia (Vigo)

Integrantes do Foro Galego de Inmigración

 

“A destrución…espectacular de emprego nos dous últimos anos, con taxas de desemprego da poboación inmigrante superiores ao 30% e que chegan a triplicar ás da poboación autóctona, confirman o papel que xogaron como poboación excedentaria a que acudir no momento en que se precisa e é abandonada á súa sorte cando se acaba o período de crecemento”  E.Romero

Eduardo Romero: “Un deseo apasionado de trabajo más barato y servicial. Migraciones, fronteras y capitalismo”

 

A situación descrita por Eduardo Romero no seu libro sérvenos de base para ollar cara a realidade actual. Ademais do paro, da precariedade e das dificultades económicas que afectan o conxunto da poboación, no caso das persoas migrantes hai que sumar máis un elemento de empeoramento da nosas condicións de vida. Tratase do efecto dunhas políticas cada vez máis restrictivas, subordinadas a un enfoque utilitarista e criminalizador das migracións, alén do acoso policial e a humillación da identificación en calquera hora e lugar simplemente por ter unha cor de pel diferente.

Estas análises foron o punto de partida para a posta en marcha da Campaña “Ninguén sobra nunha crise” do Foro Galego de Inmigración. Esta ten como obxectivo fundamental evidenciar a situación na que se atopan as persoas migrantes ante o actual cenario de crise e en concreto ante os recortes de dereitos e liberdades derivados da aplicación do recetario neoliberal para paliar os efectos da mesma. Tamén pretendemos visibilizar as achegas que estivemos e estamos a facer a esta sociedade, non só no terreo económico, senón desde un punto de vista cultural, social,  afectivo e simbólico.

Na presentación da Campaña contaremos coa presencia de Eduardo Romero, investigador do colectivo asturiano Cambalache. Ademais do libro anteriormente citado Eduardo ten editados materiais sobre “migracións e desenvolvemento”, intereses das multinacionais ou lei de extranxeiría. Por outra banda ten participado en campañas contra a represión das persoas migrantes en Asturias.

A Oficina de Dereitos Sociais tentará achegar a realidade do mundo dos servizos sociais, que en tempos de crise queda espido amosando que as respostas que propón para aqueles que veñen sufrindo as miserias do sistema capitalista son de tipo superficial e que se dirixen a manter a orde establecida. Na relación con ese sistema as persoas migrantes sofren coma outros colectivos os atrasos nas tramitacións de prestacións básicas, a insuficiencia de recursos, a perda de dereitos sociais, etc.

Participa na organización o Grupo de Axitación Social (GAS) que comparte coa Oficina de Dereitos Sociais campañas de denuncia sobre os recortes sociais que sufrimos nos últimos tempos.

A utilización de man de obra barata e carente de dereitos co fin de asegurar a acumulación de beneficios, o endurecemento da lexislación sobre migracións e o uso de dispositivos cada vez máis sofisticados de controle de fronteiras externas e internas, a utilización mediática da chegada de novas persoas migrantes e a saída á luz de actitudes e discursos xenófobos serán algúns dos temas que se tratarán nesta mesa redonda, a través da cal pretendemos reflexionar sobre as consecuencias que o sistema capitalista ten sobre todas as persoas explotadas e dar a coñecer o traballo dos diferentes colectivos que participan nestas actividades.