Comunicado

Este sitio del Foro Galego de Inmigración dejó de ser actualizado.

El periodo de cobertura de este medio de comunicación fue de marzo de 2009 a marzo de 2019.  Editado de manera ininterrumpida por Felipe Aliaga durante 10 años.

Para más información contactar a:

Miguel/Rocío (981-576142/ 662307019)

Email:foroinmigracionsantiago@yahoo.es.

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142

https://www.facebook.com/foroinmigra/

 

XUNTANZA ORDINARIA

FORO DE INMIGRACIÓN

(SÓ ASOCIACIÓNS DA ZONA DE  SANTIAGO)

CONVOCATORIA DE XUNTANZA ORDINARIA O MERCORES 9 DE XANEIRO DO ANO 2019  ÁS  20:30 H  NO NOVO LOCAL DAS XUNTANZAS. SEDE DA PLATAFORMA POLO EMPREGO (CONCHEIROS N.º 33-1º AO LADO DO BAR TABACOS)

TEL: 662-307019/ 981580506 PARA CALQUERA DÚBIDA

ORDE DO DÍA(aberto coma sempre a que se poida achegar outros puntos que consideredes axeitados):

1.- En Defensa dos Dereitos das Persoas Migrantes:  Rede Galega en Apoio ás persoas Refuxiadas: Propostas: Circulo de Silencio e actos aniversario (Febreiro) Rede  Galega en defensa da Sáude: Presentación Informe de Vulneracións 2018 de Médicos do Mundo. Proposta de nova xuntanza con Sanidade.

2. Semana de Loita Contra as Fronteiras .  Tema: Lei de Estranxeiría .Datas Definitivas 1,2 e 3 de Febreiro. Confirmadas as persoas participantes de Sevilla e Barcelona. Determinar datas e actos en Compostela.

3- CAMPAÑA: FAGAMOS DA RISGA UN VERDADEIRO DEREITO. Valoración  Acto de Lanzamento da Campaña (10 de decembro).Seguintes actuacións para aos meses de Xaneiro e Febreiro.

4.- Información sobre a iniciativa/actividade MIMARNOS Autocoidados para mulleres. Novas Xuntanzas?.

5.- Actividades interculturais dos colectivos migrantes da cidade. Novas propostas e suxestións

6.- Información de actuacións e actividades das entidades e colectivos participantes no Foro.

7.- Preguntas e Suxestións.

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142

FORO DE INMIGRACIÓN (SÓ ASOCIACIÓNS DA ZONA DE SANTIAGO)

CONVOCATORIA DE XUNTANZA ORDINARIA PARA O MÉRCORES  DÍA 4 DE ABRIL  ÁS 20:30 H NO CENTRO TRABALLO E CULTURA (Rúa San Roque nº 6Bis). TEL: 981-576142-981580506

ORDE DO DÍA(aberto coma sempre a que se poida achegar outros puntos que consideredes axeitados):

1.- En Defensa dos Dereitos das Persoas Migrantes: Actividades desenvolvidas no marco da Rede Galega en Defensa da Sáude: Actividades no marco da Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas. Resposta á Consellería de Política Social en Relación coa Tarxeta Benvida, Bono Coidado e acceso a Escolas Infatís,

2.– Información do Encontro con entidades  e movementos sociais sobre RISGA, 17 de marzo.Documento Base para presentación pública. Preparación vindeira xuntanza con entidades, sábado 14 de abril en Compostela (CSC Fontiñas).

3.- Encontro Final do Foro Galego Curso 17/18. Proposta de Temáticas. TEMA PENDENTE

4.- Proposta de actividades interculturais, polo colectivos migrantes da cidade,  para o ano 2018.Importante informar da concreción destas actividades.

5.- Información de actuacións e actividades das entidades e colectivos participantes no Foro.

6.- Preguntas e Suxestións.

 

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142

RECORDATORIO FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN – Convocatoria en FERROL 20 de xaneiro 2018

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
 
Santiago,  10 de xaneiro  de 2018.
 
Ola  Compañeiros e Compañeiras, que tal o Nadal, tal e como quedamos para este curso –ir rotando os lugares-,    convocamos   XUNTANZA DO FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN para o sábadodía  20  de xaneiro do 2018  ás 11:00 h enFERROL  no ATENEO FERROLÁN (Rúa Magdalena nº 202) Para rematar sobre ás 13:00 h.
 A   Proposta de orde do día sería (con posibilidade, coma sempre, de incorporar calquer outro tema:
1.- Informacións sobre cuestións varias: Rede Galega en Defensa da Saúde. Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas (Actividades entorno ao día dos dereitos humanos e o día Mundial das Migracións):Novas propostas cara a finais de febreiro.
2.- Actuacións sobre  acceso a axudas e prestacións sociais para o colectivo de persoas (especialmente menores) en situación de irregularidade administrativo. Análise da Resposta da Consellería de Política Social e pendente a xuntanza con Educación. Outros contactos e actuacións neste tema. Propostas para continuar con demandas importantes (RISGA) neste ámbito-prazo de alegacións ao borrador de Decreto remata o 18 de xaneiro(enviade previo á xuntanza as vosas aportacións a este mail, para trasladalas á Xunta de Galicia)
3.- Proposta para ir artellando o Encontro Final do Foro deste curso entorno a temática do emprego doméstico
4.- Avances nas cuestións de comunicación que queriamos ir cambiando este curso no Foro.
5.- Informacións, preguntas, suxestións, propostas, etc.
 AGRADECEMOS QUE CONFIRMEDES A VOSA PARTICIPACIÓN NA XUNTANZA.
 Para calquer dúbida ou aclaración contactar con Miguel/Rocío (981-580506/ 662307019)
 
 
 
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142

Comunicado de prensa

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Comunicado de prensa
 
O FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN DENUNCIA A GRAVE DISCRIMINACIÓN NA QUE A XUNTA DE GALICIA  PRETENDE MANTER AS PESOAS MIGRANTES RESIDENTES EN GALICIA EN SITUACIÓN DE IRREGULARIDADE ADMINISTRATIVA NO REFERENTE AOS SEUS DEREITOS ÁS PRESTACIÓNS SOCIAIS BÁSICAS, EXCLUÍNDOAS DO ACCESO Á RISGA
 
venres 19 de Xaneiro  coincidindo co remate do prazo de alegacións ao DECRETO QUE REGULA A RISGA  E  AS AXUDAS DE INCLUSIÓN SOCIAL , convocamos  unha rolda de prensa informativa diante do Rexistro Central da Xunta de Galicia en San Caetano  ás 11:30 h para presentar as ALEGACIÓNS  que  promove o Foro Galego de Inmigración para revertir unha situación intolerable
 
A exclusión do Acceso á Risga é abolutamente inaceptable polas seguintes razón básicas:
1.- A  Lei de Estranxeiría– Lei Orgánica a nivel estatal-  recoñece a estas persoas o acceso a prestacións sociais básicas.
2.- A Xunta de Galicia recoñece a RISGA como unha prestación social básica.
3.- Se facemos análise comparativa é posible, porque a Comunidade Autónoma do Pais Vasco integra a estas persoas na súa Renda Miníma. A propia Xunta integra ou vai integrar a este colectivo noutras axudas sociais e educativas.
4.- Os requisitos de acceso do Decreto teñen que ver  ademáis doutras cuestión técnicas co empadroamento durante un período de 6 meses un Concello de Galicia, cumprindo as condicións técnicas e o  tempo de empadroamento é claramente discriminatorio excluír a este colectivo.
5.- As situacións de irregularidade administrativa son transitorias, polo que se está a excluir a posibilidade de que estas persoas residente e veciñas nosas poidan acceder a procesos de inserción e integración socio-laboral mentres resolven a situación administrativa.
6.- Excluímos desta Prestación Social Básica a un colectivo en situación de especial vulnerabilidade pola carencia doutros dereitos básicos e de ingresos mínimos,polo que se incrementaran as situacións de explotación laboral, sexual, ou de calquera outro tipo que están a sufrir na Actualidade.
 
Para máis informaciónMiguel Fernández (662-307019)
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142

V SEMANA DE LOITA CONTRA AS FRONTEIRAS Sem nós non se move o mundo!

V SEMANA DE LOITA CONTRA AS FRONTEIRAS 
 
Sem nós non se move o mundo! 
Fronte a violencia patriarcal, autoorganización e apoio mutuo no emprego do fogar Nos últimos cinco anos o Foro Galego da Inmigración adica unha semana a visibilizar as fronteiras que separan as persoas migrantes do conxunto da poboación, restrinxindo o seu acceso a dereitos e liberdades.
 Nese traballo de sensibilización abordamos tanto as fronterias exteriores e os mecanismos represivos da política migratoria española como tambén outras barreiras moito mais sutís ou que permanecen invisíbeis para a meirande parte da cidadanía.
Desta volta abordaremos as fronteiras no aceceso a dereitos laborais, en concreto nun sector maioritariamente ocupado por mulleres migradas como é o emprego do fogar e de coidados. No Estado Español o 90 por cento das empregadas do fogar e de coidados son mulleres; un 46,7 por cento delas teñen tras de si unha historia de migración.
 Da mán de traballadoras organizadas nun espacio autónomo imos coñecer a súa experiencia e o seu proceso de autoempoderamento, ben como a laboura que están a facer en espazos de coordinación estatais para derrubar as fronteiras no acceso a dereitos laborais e sociais.
 Desde esas redes de coordinación estase a desenvolver unha intensa campaña pola ratificación por parte do estado español do Convenio 189 elaborado pola Organización Internacional do Traballo no 2013. Este establece que as empregadas do fogar deben gozar dos mesmos dereitos laborais que os demais sectores, o que abriría a porta para acadar o recoñecemento da prestación por desemprego. Unha discriminación maiúscula que da boa mostra da violencia estrutural, económica e laboral que recae sobre esas traballadoras, aproximadamente unhas seiscentas mil no conxunto do Estado. Tamén de como os traballos que reproducen e sustentan a vida cada día seguen a ser considerados de segunda categoría, relegados á esfera do privado, sin recoñecemento, nin regulación, nin tampouco responsabilidade social sobre as condicións nas se realizan.
Portanto a Semana de Loita contra as Fronteiras enmarcase desta volta no contexto de denuncia das violencias machistas. Á discriminación no acceso á protección social súmanse a falta de contrato e alta na Seguridade Social, as restriccións para acceder a unha baixa ou a dificuldade para que se lles recoñezan accidentes de traballo e enfermedades profesionais, a non retribuición de horas extras, a falta de respeto dos tempos de descanso e de intimidade nos domicilios, o asedio sexual, entre outras.
 Mais fronte a discriminación e a explotación, unión. Esta é a resposta que lle están a dar as nosas convidadas á maraña de violencias á que están sometidas as traballadoras do fogar e de coidados. Acompañarannos Jacqueline Loayza e Roxana Gutiérrez da Asociación Sociocultural NOSOSTRAS por los cuidados y el empleo de hogar de Granada que nos van falar en primeira mán do seu proceso organizativo, das súas loitas, soños e enredos. Debido ao pouco tempo que poden arrebatar das súas xornadas laborais e vidas atribuladas este ano os actos da Semana de Loita contra as Fronteiras concentraranse en dous días. Dous días intensos como as mulleres que nos visitan, nos que amosaran que a autoorganización e o apoio mutuo son ferramentas fundamentais para construír vida dignas, plenas, en liberdade e sen violencia.
 
Programa: 
 
24/11 venres CORUÑA 19:00hs Asociación Viraventos: Mesa redonda “Sen nós non se move o mundo”. Con Roxana Guitiérrez (Asociación Nosotras), Fundación Juan Soñador (Programa Teranga), Ecos do Sur (Proxecto Ecolimp). 
 
FERROL 19:30hs no Ateneo Ferrolán: Mesa redonda “DEREITOS E ABUSOS NA EMPREGADA DO FOGAR”. Con Jacqeline Loayza (Asociación NOSOTRAS), Luca Chao e Saínza Ruiz. 
 
25/11 sábado COMPOSTELA 17:00hs na Caso do Matadoiro: Conversatorio “SEN NÓS NON SE MOVE O MUNDO. Auto organización e apoio mutuo nos coidados e emprego do fogar. Dinamizan as compañeiras da ASOCIACIÓN NOSOTRAS.
 .
Máis información e contacto:
 Miguel Fernández 662 30 70 19
Jaqueline Loayza 671 48 29 59
Roxana Gutiérrez 650 24 28 85
Cartaz conversatorio nov 2017-001
Cartel Foro Galego de Inmigración-001

Premios SERenidade OTORGADO AO FORO GALEGO DE INMIGRACION

Radio Galicia Cadea SER entrega cada ano os PREMIOS SERENIDADE para galardoar a persoas, empresas e/ou entidades que se destacaron pola súa contribución ao desenvolvemento, promoción e engrandecimiento de Galicia.
 
O Xurado decidiu outorgar un dos premios ao Foro Galego de Inmigración porque nun mundo cada vez mais individualista é necesario recoñecer a labor de asociacions e persoas a titulo individual que se preocupan polos outros, por eso poñemos o foco sobre unha organización que a cambio de nada loita polos dereitos dos mais desprotexidos, os que chegan ata aquí moitas veces sin nada. Porque o seu obxectivo é lograr que no mundo a migración sexa respectada como un Dereito Humano, así como acabar coa discriminación, o racismo e a xenofobia.
 
Entregaranse nunha Gala no Auditorio de Galicia, Sala Mozart, o xoves 30 de novembro ás 21:00 h.
 
 Aquelas persoas que queiran participar do acto, confirmar antes do venres 24 de novembro. 
 
Un saúdo

FORO DE INMIGRACIÓN (SÓ SANTIAGO)

FORO DE INMIGRACIÓN
(SÓ ASOCIACIÓNS DA ZONA DE  SANTIAGO)
CONVOCATORIA DE XUNTANZA ORDINARIA PARA O MÉRCORES  DÍA 4 DE OUTUBRO  ÁS 20:30 H NO CENTRO TRABALLO E CULTURA (Rúa San Roque nº 6Bis). TEL: 981-576142-981580506
ORDE DO DÍA(aberto coma sempre a que se poida achegar outros puntos que consideredes axeitados):
 
1.- En Defensa dos Dereitos das Persoas Migrantes: Actividades desenvolvidas e que temos previstos desenvolver no marco da Rede Galega en Defensa da Sáude. Actividades no marco da Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas. Reclamación pola exclusión de acceso do alumnado inmigrante en situación de irregularidade administrativa ás axudas de libros e material escolar. Reclamación por dificultades de acceso a determinadas prestacións sociais.
 
2.-Propostas de liñas de traballo  para o curso 2017/2018: Campaña contra á concesión do Premio Princesa de Asturias á UE (20 de outubro). Semana de Loita contra as Fronteiras (Novembro), tema emprego doméstico.
3.Concreción das Propostas do Equipo de Comunicación para o curso 2017/2018.
4.- Avaliación do FESTIVAL INTERCULTURAL. Novas propostas nesta Liña
 
5.- Información de actuacións e actividades das entidades e colectivos participantes no Foro.
 
6.- Preguntas e Suxestións.
 
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142

Conversatorio «Achegármonos. Compartir experiencias migratorias, construír comunidade»

convite 
Convidámoste a participar nun espazo de partilla sobre as nosas experiencias, expectativas, desexos, necesidades e soños.
Para fortalecer os nosos proxectos de vida, coñecer os nosos dereitos, poder participar máis e mellor e crear vínculos de apoio.
Será no conversatorio «Achegármonos. Compartir experiencias migratorias, construír comunidade».
Pensado como un espazo seguro, cómodo e coidado para partillarmos persoas daquí, dalí e dacolá. E ir forxando a malla solidaria e activa que precisamos.
Cando: Martes 20 de xuño ás 17hs
Onde: Centro de Traballo e Cultura/CTC
                 R/ San Roque, 6 bis
Facilitan: Leticia Castro e Mari Fidalgo
                 Raias Traveseiras
Para mellor organizar a sesión, pregámosche confirmar asistencia no 686 225 762 ou raias.travesseiras@riseup.net
Axuntamos cartaz e contidos.
Esta actividade está inserida no Programa Compostela Convive: accións destinadas á inserción sociolaboral e promoción da interculturalidade, financiado pola Concellaría de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde do Concello de Santiago.

Mari Fidalgo

"É possível destruir a casa do amo com as armas do amo?"
Audre Lorde CONTIDOS CONVERSATORIO

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN Comunicado de prensa – NINGUNHA PERSOA DEPORTADA

ning_vecinha_depo(1)
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Comunicado de prensa
NINGUNHA PERSOA DEPORTADA
ConcentrACCIÓN POÉTICO-MUSICAL en denuncia da deportación do veciñoDanny Vera
xoves 1 de xuño ás 20:00 h
Praza Rodrigo Padron
Compostela.
Na Concentración, na que contamos coa participación da nai de Danny, haberá  lectura de poemas e actuacións musicais.
Fronte a enchente de cifras macabras sobre ás persoas que se deixan a vida cruzando as fronteiras, as mortes no Mediterráneo, os números que reflexan os campos de refuxiados, queremos darlle corpo á Inxustiza, mencionar os NOMES PROPIOS NA VIOLENCIA DAS DEPORTACIÓNS:
Queremos dar nomes a quen se lucra co perverso negocio das deportacións e do control de fronteiras. Air Nostrum, filial de Iberia, Viajes Barceló, Air Europa, Halcón Viajes e Viajes Ecuador, estas últimas intregrantes de Globalia, propiedade de Juan Jose Hidalgo. Queremos darlle nome ás persoas que sofren as consecuencias das súas políticas do medo e da arbitrariedade: Danny Vera  chegou ao territorio español no ano 2002, con cinco anos de idade en compaña da súa nai. Desde 2003 residiron en Compostela. Viviron na Rúa de Teo, nos Basquiños e en Rodríguez de Viguri. A adolescencia de Danny, como a de tantos outros mozos e mozas de familias en situación de exclusión, foi complicada. No ano 2012 pasou a situación de garda por parte da Xunta de Galicia no Centro de Menores en Rábade. En 2015 volveu residir coa súa nai e con ela continuou convivindo ata a súa expulsión en novembro do ano pasado. Non puido xestionar a súa autorización de residencia pola falta de ingresos suficientes da súa nai e por non dispor dun contrato de traballo. Como tantos mozos e mozas que compoñen o 60 por cento de poboación xuvenil en desemprego.
Mais cunha diferenza, Danny forma parte dunha categoría aínda máis vulnerábel: é unha persoa potencialmente deportábel. O Estado policial cumpriu a ameaza que sobrevoa constantemente sobre as persoas migrantes:Deportación exprés. Devolución en 72 horas a un país que, neste caso, Danny apenas coñecía.Expulsadas e expulsados con independencia da situación familiar, afectiva ou social, do arraigadas que estean aquí. Cada ano o Estado Español deporta arredor de 10.500 persoas. Máis de 7 de cada 10 persoas son deportadas, como Danny, desde as comisarías. De forma exprés, sen que poidan despedirse da súa xente, avisar a unha organización de defensa dos dereitos humanos ou iniciar algún tipo de procedemento legal para paralizar a expulsión. En Galiza, cada día aproximadamente 2 persoas son detidas por non ter documentación en regra. Unha parte delas, como lle pasou a Danny, son deportadas de xeito sumario.
 
Son as nosas veciñas e veciños. Fronte aos seus muros e concertinas, fronte as súas redadas, construamos unha malla de solidariedade con elas. Paremos este vergoñento tráfico legalizado de seres humanos.
STOP DEPORTACIÓNS!
 
CONVOCAMOS AO CONXUNTO DA CIDADANÍA COMPOSTELÁ  A PARTICIPAR NESTE ACTO DE SOLIDARIEDADE E DE REVINDICACIÓN,  EN DEFENSA DOS DEREITOS DE TOD@S EN DEFINITIVA . NON OLLEMOS CARA  A OUTRO LADO, ISTO SUCEDE E SUCEDE AQUÍ TAMÉN.
 
XUNTAMOS CARTAZ DO ACTO.
 
Para máis información: Miguel Fernández (662-307019)
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142

ENCONTRO 2017 FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN (10 de junio)

 ENCONTRO 2017 FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN – 10 DE XUÑO DE 2017
 
Polo dereito a vivir dignamente” 
Lugar:  A CORUÑA. CASA MUSEO CASARES QUIROGA. Rúa Panadeiras n.º 12 (no centro histórico)
Programa:
10:30 H: Acollida
11:00 H: Mesa Redonda: “Rachemos coas fronteiras da exclusión: O papel das rendas sociais.”. Silvia Cameán,  Concelleira de Benestar Social de A Coruña; Ruth López (Colectivo Baladre-Erletxea); unha persoa perceptora da renda local de A Coruña; Bieito Lorenzo Penela (Colectivo pola Renda Básica Universal de Compostela). Modera Leticia Castro (Foro Galego de Inmigración).
13:00H: Pasarúa Revíndicativo (preténdese que teña un carácter festivo, con música e non que sexa unha simple manifestación) que rematará no Campo da Leña.
14:00H. Xantar compartido.
16:00H: Formación «Renda básica das iguais; construíndo comunidade para desbordar o capitalismo» a cargo de Ruth López (Baladre-Erletxea).
17:30H: Espazo de Asemblea.
18:30H: Remate do Encontro. 
 
Xuntase  Cartel 
IMPORTANTE; Para sair dende Santiago de Compostela quedamos no CTC (Centro de Traballo e Cultura de Cáritas – Rúa San roque 6- bis) ás 9:30 hs.
Para coordinar a saida dende Ferrol  falar con Susana (680 922 151)   
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142

IMPORTANTE – DIFUNDIR – CASO DANNY VERA

IMPORTANTE:
Desde el Colectivo Paraguay Resiste elaboraron un comunicado público para aquellas  organizaciones y personas que se solidaricen con el caso de Daniel Vera  (joven paraguayo injustamente expulsado), pueden puede firmar en el siguiente enlace.  Cuando se presente el recurso se depositará por registro. 
 
En este enlace lo puedes ver:  

Rachemos coas Fronteiras. Encontro con Djibril Fayé.

O próximo mércores 26 de abril , ás 20h, no Local da Asociación Veciñal  A Xuntanza, do Barrio de San Pedro,(Corredoira das Fraguas nº 37 Baixo) en Santiago de Compostela  vai ter lugar un Encontro con Djibril Fayé, inmigrante senegalés que chegou hai 10 anos ao noso país. Djibril falaranos da súa experiencia persoal de fuxida do seu país, Senegal, e acollida en Galicia, onde colabora na ONGd Ecos do Sur, (www.ecosdosur.org) unha Organización  que se dedica á cooperación e integración de persoas migrantes. O Encontro está organizado pola Rede en Apoio ás Persoas Refuxiadas de Compostela, e conta co apoio da Asoc. Veciñal A Xuntanza do Barrio de San Pedro.
 
Esperamos contar coa vosa presenza para ir derrubando barreiras e prexuízos nas cuestións de migración, asilo e refuxio.

0001

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN Convocatoria Importante

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
 
Convocatoria Importante
 
Vista no Xulgado Contencioso Administrativo nº 2 de Santiago de Compostela (martes 18 de abril ás 09:40 h) do RECURSO CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO DE DANIEL VERA MARTÍNEZ (XOVEN DE 19 ANOS, DE NACIONALIDADE PARAGUAIA CON MÁIS DE 13 DE RESIDENCIA CONTINUADA EN COMPOSTELA), CONTRA A SÚA TERRIBLE E INXUSTA EXPULSIÓN EXPRESS REALIZADA O PASADO 26 DE NOVEMBRO.
Este Recurso foi elaborado e presentando pola Asociación de Madrid do colectivo paraguaio, “PARAGUAY RESISTE”
 
CONVOCAMOS:
Concentración e Rolda de Prensa informativa: ese  martes 18 de abril ás 10:00 h diante do edificio dos xulgados en Santiago de Compostela (o novo edificio que está na Rúa Berlín)
 
Pregamos a vosa participación e a máxima difusión posible desta Convocatoria
 
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN. Convocatoria sábado 1 de abril

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
 
Ola  Compañeiros e Compañeiras, tal e como quedamos a última vez,   convocamos   XUNTANZA DO FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN para osábado día  1  de abril do 2017  ás 11:00 h en Santiago noCentro Social de Fontiñas (Rúa Berlín nº 16 preto da Estacion de Autobuses e de Área Central, o  lugar habitual) Para rematar sobre ás 13:00 h.
A   Proposta de orde do día sería (con posibilidade, coma sempre, de incorporar calquer outro tema) :
1.- Informacións sobre cuestións varias: Rede Galega en Defensa da Saúde. Rede Galega en Defensa das Persoas Refuxiadas. .
 
2.-  Actividades  previstas:
-Actividades entorno ás Rendas Sociais Municipais :A Coruña, Compostela (Conversatorio 28 de marzo).
-Actividade sobre as Fronteiras (entorno ao documental do Tarajal), Fixar datas, lugares e contido concreto da actividade, que falaramos de desenvolver despois de Semana Santa (dúas últimas semanas de Abril)
– Outras actividades.
 
3.-  Encontro Final de Curso do Foro Galego: A Coruña, 10 de Xuño. Deseño do contido do Encontro e do proceso de preparación do mesmo.
 
4Informacións, preguntas, suxestións, propostas, etc.
 AGRADECEMOS QUE CONFIRMEDES A VOSA PARTICIPACIÓN NA XUNTANZA E QUE FAGADES UN ESFORO POR PARTICIPAR. (temos varias cuestións que concretar)
 
Para calquer dúbida ou aclaración contactar con Miguel ou Rocío (981-580506/ 662307019) 
 

RACHEMOS FRONTEIRAS-GALICIA TERRA DE ACOLLIDA

REDE GALEGA DE APOIO ÁS PERSOAS REFUXIADAS

CHANGE.ORG- CAMPAÑA firmas on line                          
Desde a Rede Galega de Apoio ás persoas Refuxiadas lanzamos esta campaña pois é necesario resover con urxencia a situación das persoas refuxiadas en campamentos en Grecia e Turquía que están morrendo de frio sen unha xustificación lóxica por parte das autoridades competentes.
Esiximos que se cumpran inmediatamente os compromisos de acollida e reubicación de persoas refuxiadas comprometidos polo Estado Español ante a UE.
Tamén exisimos a anulación do acordo entre a UE e Turquía de todos os tratados que, do mesmo xeito supoñen a vulneración e un risco para a grantía dos dereitos humanos das persoas.

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN -11 DE MARZO 2017

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
 
Santiago,  1 de marzo  de 2017.
 
Ola  Compañeiros e Compañeiras, tal e como quedamosa última vez,   convocamos   XUNTANZA DO FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN para osábado día  11  de marzo do 2017  ás 11:00 h en Santiago no Centro Social de Fontiñas (Rúa Berlín nº 16 preto da Estacion de Autobuses e de Área Central, o  lugar habitual) Para rematar sobre ás 13:00 h.
 
A   Proposta de orde do día sería (con posibilidade, coma sempre, de incorporar calquer outro tema) :
 1.- Informacións sobre cuestións varias: Rede Galega en Defensa da Saúde. Rede Galega en Defensa das Persoas Refuxiadas. Intervención con Concello de A Coruña pola imposición de multas a persoas manteiras.
2.-  Actuacións  para o primeiro semestre do ano 2017 (ata o Encontro Final do Curso)
Seguimento da situación das persoas manteiras en A Coruña.
-Actividades entorno ás Rendas Sociais Municipais (A Coruña, Compostela, estender a Ferrol).
-Actividade sobre as Fronteiras (entorno ao documental do Tarajal), Fixar datas, lugares e contido concreto da actividade.
– Lugar, Data,  e Formato do Encontro Final de Curso do Foro Galego.
3Informacións, preguntas, suxestións, propostas, etc.
 AGRADECEMOS QUE CONFIRMEDES A VOSA PARTICIPACIÓN NA XUNTANZA E QUE FAGADES UN ESFORO POR PARTICIPAR. (temos varias cuestións que concretar)
 
Para calquer dúbida ou aclaración contactar con Miguel ou Rocío (981-580506/ 662307019) Email:foroinmigracionsantiago@yahoo.es.
 
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142