FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
COMUNICADO DE PRENSA
Proposición: SALVEMOS A HOSPITALIDADE NO CONCELLO DE COMPOSTELA
O Foro Galego de Inmigración no marco da Campaña Estatal Salvemos a Hospitalidade que desenvolve e promove xunto con outras entidades e asociacións do conxunto do Estado propuxo :
A Proposición Salvemos a Hospitalidade que debatirá o Pleno do Concello de Santiago de Compostela na súa sesión ordinaria do xoves día 30 de maio, a partir das 17:30hs ; ás 19:00hs as persoas asistentes en representación do Foro Galego de Inmigración realizaremos unha rolda de prensa valorativa do debate da Proposición nas propias portas do Concello Compostelá na Praza do Obradoiro
A Proposición Salvemos a Hospitalidade foi presentada formalmente polos grupos municipais do PSdG-PSOE e do BNG, que apoíaran á mesma Descoñecemos aínda o posicionamento concreto do grupo municipal do PPdeG, pero esperamos que sexa favorable. Participaremos como convidad@s no Pleno representantes do Foro Galego de Inmigración, que recibimos a invitación dos grupos municipais propoñentes.
“Esta Proposición pretende conseguir un cambio no Anteproxecto de Modificación do Código Penal presentado polo Ministerio de Xustiza no referente ao artigo 318 bis do devandito Código
Na súa concepción, o artigo 318 bis do Código Penal naceu como garante da protección das persoas afectadas por certas actividades derivadas dos fluxos migratorios, como trata de seres humanos ou tráfico de inmigrantes. Non obstante, coa modificación do devandito artigo que pretende levar a cabo o Goberno, actuar de forma humanitaria pode pasar a converterse en causas de persecución, en función do criterio do Ministerio Público.
Equipáranse así a aquelas persoas que se lucran explotando a colectivos en risco de exclusión ou co tráfico de persoas (accións que, por suposto, censuramos rotundamente), con aqueles que levan a cabo actos de solidariedade coas persoas en situación administrativa irregular. Esta equiparación afecta de forma moi lesiva a un dos piares básicos da sociedade: a convivencia
A consecuencia que se desprende de todo o anterior é ben grave: a partir deste momento, se o Fiscal decide acusar, aínda concorrendo móbiles altruístas na acción solidaria, será moi difícil obter unha resolución xudicial favorable a quen practicou a solidariedade, porque esta acción está explicítamente tipificada como forma de ataque a un ben xurídico protexido.”
Recordamos que a Campaña Salvemos a Hospitalidade e unha campaña estatal que desenvolvemos xunto con Médicos do Mundo en Galicia e con outros 30 colectivos, asociacións e entidades no resto do Estado. http://www.salvemoslahospitalidad.org.
Porque en ningún caso poden arrebatarnos algo tan fondamente humano como é axudar a quen sufren, a quen nos necesita.
Porque non se pode criminalizar a solidariedade, porque non se pode criminalizar a hospitalidade.
Porque a Proposta Modificación do Código Penal serve para criminalizar aínda máis ao colectivo de persoas migrantes residentes no Estado Español en situación de irregularidade administrativa.
Porque esa Proposta pretende condenar a unha maior pobreza e exclusión social ao colectivo de persoas migrantes residentes no Estado en situación de irregularidade administrativa.
Por todo iso, esperamos do Concello de Compostela un posicionamento claro en defensa da Hospitalidade, en defensa da xustiza, da dignidade e do dereito á inclusión das persoas en situación de exclusión social.
PARA MÁIS INFORMACIÓN: Miguel Fernández Blanco (662307019) . Rocío Rodríguez (981-580506/600-876480)
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142