Semana Loita Fronteiras: información pra comenzar a difundir

A Lei de Estranxeiría mata!

VI Semana de Loita contra as Fronteiras – 1 a 3 de febreiro

Desde o Foro Galego da Inmigración, Raias Traveseiras, ODS-Coia, Grupo de Axitación Social (GAS) e outros coletivos aínda por confirmar, estamos a ultimar os detalles da VI Semana de Loita contra as Fronteiras.

Dado que o ano pasado por razóns de axenda non puidemos celebrar os actos destas xornadas que botaron a andar por primeira vez no 2013, decidimos arrancar febreiro denunciando o racismo e a violencia institucional contra as persoas migrantes que supón a Lei de Estranxeiría. Unha lexislación que criminaliza, exclúe, invisibiliza, violenta e, en útima instancia, mata. Tal e como denunciaba o ano pasado o Sindicato de Manteros y Lateros de Madrid coa morte de Mame Mbaye despois de ser perseguido pola policia. Facíao ao cabo de 12 anos en territorio español sin conseguir regularizar a súa situación administrativa.

Para afondar no impacto da Lei de Estranxeiría sobre os dereitos e liberdade das persoas migrantes, e en xeral para a sociedade, contaremos coa presenza de Sani Ladan (Camerún-Sevilla) e Florencia Brizuela (Arxentina-Barcelona).

Sani Ladan é Mediador Intercultural, especialista en migracións e estudante de Relacións Internacionais na Universidade Loyola Andalucía. É activista polos dereitos humanos e integrante da Asociación Elín (Ceuta).

Florencia Bruizuela é abogada, Máster en Cidadanía e DDHH, Doutora en Dereito e Ciencias Políticas pola Universidade de Barcelona. É activista e traballa con temáticas como os feminismos contrahexemónicos, interculturalidade e interseccionalidade, empregando entre outras ferramentas o Teatro das Oprimidas. É co-autora do libro “Descentrar la mirada para ampliar la visión. Reflexiones en torno a los movimientos sociales desde una perspectiva feminista y antirracista” publicado o ano pasado pola Editorial Descontrol.

Nos próximos días daremos a coñecer a programación completa con actividades que se celebrarán en Compostela, Vigo e Coruña, así como o e o cartaz das xornadas.

XUNTANZA ORDINARIA

FORO DE INMIGRACIÓN

(SÓ ASOCIACIÓNS DA ZONA DE  SANTIAGO)

CONVOCATORIA DE XUNTANZA ORDINARIA O MERCORES 9 DE XANEIRO DO ANO 2019  ÁS  20:30 H  NO NOVO LOCAL DAS XUNTANZAS. SEDE DA PLATAFORMA POLO EMPREGO (CONCHEIROS N.º 33-1º AO LADO DO BAR TABACOS)

TEL: 662-307019/ 981580506 PARA CALQUERA DÚBIDA

ORDE DO DÍA(aberto coma sempre a que se poida achegar outros puntos que consideredes axeitados):

1.- En Defensa dos Dereitos das Persoas Migrantes:  Rede Galega en Apoio ás persoas Refuxiadas: Propostas: Circulo de Silencio e actos aniversario (Febreiro) Rede  Galega en defensa da Sáude: Presentación Informe de Vulneracións 2018 de Médicos do Mundo. Proposta de nova xuntanza con Sanidade.

2. Semana de Loita Contra as Fronteiras .  Tema: Lei de Estranxeiría .Datas Definitivas 1,2 e 3 de Febreiro. Confirmadas as persoas participantes de Sevilla e Barcelona. Determinar datas e actos en Compostela.

3- CAMPAÑA: FAGAMOS DA RISGA UN VERDADEIRO DEREITO. Valoración  Acto de Lanzamento da Campaña (10 de decembro).Seguintes actuacións para aos meses de Xaneiro e Febreiro.

4.- Información sobre a iniciativa/actividade MIMARNOS Autocoidados para mulleres. Novas Xuntanzas?.

5.- Actividades interculturais dos colectivos migrantes da cidade. Novas propostas e suxestións

6.- Información de actuacións e actividades das entidades e colectivos participantes no Foro.

7.- Preguntas e Suxestións.

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142