FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN- Convocatoria 28.10.17

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
 
Santiago,  16 de outubro  de 2017.
 
Ola  Compañeiros e Compañeiras, tal e como quedamos na primeira xuntanza en Ferrol,  convocamos   XUNTANZA DO FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN para o sábado día  28  de outubro do 2017  ás 11:00 h en  A CORUÑA no local de VIRAVENTOS (Rúa Monasterio de Caaveiro nº 4 Baixo) Para rematar sobre ás 13:00 h.
 
A   Proposta de orde do día sería (con posibilidade, coma sempre, de incorporar calquer outro tema:
 
 1.- Informacións sobre cuestións varias: Rede Galega en Defensa da Saúde. Rede Galega en Defensa das Persoas Refuxiadas (Actividades Campaña contra o Concesión do Premio Princesa de Asturias á UE).Contactos e xuntanzas coas Consellerías de Educación e Política Social por cuestións discriminatorias cara ao colectivo migrante.
 
 2.-  SEMANA DE LOITA CONTRA AS FRONTEIRAS (20-26 DE Novembro. Tema Emprego Doméstico.
 
3.- Avances nas cuestións de comunicación que queriamos ir cambiando este curso no Foro.
 
4.- Informacións, preguntas, suxestións, propostas, etc.
 
AGRADECEMOS QUE CONFIRMEDES A VOSA PARTICIPACIÓN NA XUNTANZA, tamén de cara a ir organizándonos para o desprazamento dende Compostela e Ferrol.
 
Para calquer dúbida ou aclaración contactar con Miguel/Rocío (981-580506/ 662307019)
 
 
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142