CONVOCATORIA DE XUNTANZA ORDINARIA PARA O MÉRCORES DÍA 4 DE MARZO

FORO DE INMIGRACIÓN
(SÓ ASOCIACIÓNS DA ZONA DE  SANTIAGO)
 
CONVOCATORIA DE XUNTANZA ORDINARIA PARA O MÉRCORES  DÍA 4 DE MARZO  ÁS 20:30 H NO CENTRO TRABALLO E  CULTURA (Rúa San Roque nº 6Bis- VOLTAMOS O LUGAR E HORA HABITUAIS). TEL: 981-576142-981580506
 
ORDE DO DÍA(aberto coma sempre a que se poida achegar outros puntos que consideredes axeitados):
 
1.- En Defensa dos Dereitos das Persoas Migrantes: Actividades desenvolvidas e as que están previstas desenvolver no marco da Rede Galega en Defensa da Sáude, que conformamos con Médicos do Mundo, Amnistia Internacional, Plataforma SOS Sanidade Pública e Asociación Galega de Medicina Familiar.
 
2.- En Defensa dos Dereitos das Persoas Migrantes: Avaliación das diferentes actividades desenvolvidas no marco da II Semana Galega de Loita contra as Fronteiras.  Espcialmente ás que tiveron lugar en Santiago de Compostela.
 
3.- Propostas de cara a Asemblea/ Encontro Final de Curso do Foro Galego, para desenvolver en Maio/Xuño.Teriamos que artellar unha Proposta para presentar na vindeira Xuntanza do Foro Galego. Este será o tema central da Xuntanza. Importante participar
 
4.- Información de actuacións e actividades das entidades e colectivos participantes no Foro.
 
5.- Preguntas e Suxestións.
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142
Anuncios

SEMANA LOITA CONTRA AS FRONTEIRAS- Importante participar

1-FronteirasA3

 

   Invitamos atodas as persoas a participar nas actividades da II SEMANA GALEGA DE LOITA CONTRA AS FRONTEIRAS 

Nen recortes de dereitos nen acoso policial.
Loitar contra a represión é quebrar fronteiras!
 
COMUNICADO  DE PRENSA
II SEMANA GALEGA DE LOITA CONTRA ÁS FRONTEIRAS, PROMOVIDA POLO FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
O Foro Galego de Inmigración, xunto con outros colectivos e persoas, promove entre o 25 e o 27 de Febreiro, a II Semana Galega de Loita contra as Fronteiras, con actos públicos formativos, informativos e revindicativos que se van desenvolver en A Coruña, Santiago de Compostela e Lugo.
Neses actos vai participar a destacada activista valenciá, Ana Fornés  daPlataforma Estatal  polo Peche dos CIES, xunto con outras persoas en representación dos colectivos que promovemos estas actividades, que pretenden, segundo un Manifesto común que se lerá nos diferentes actos:
 
“Denunciar  que o  carácter represivo e criminalizador da política migratoria española e europea faise cada vez  máis patente: a brutalidade policial contra as persoas migrantes na chamada  fronteira sur, as devolucións sumarias eufemisticamente chamadas “en quente”avaladas pola nova  Lei de Seguridade Cidadá, o internamento en Centros de Internamento de Estranxeiros (CIEs) ou as redadas racistas que teñen lugar cotiamente dan boa mostra diso. Nesta II Semana Galega de Loita contra as Fronteiras, queremos de forma específica informar á cidadanía  e  facer denuncia pública  da terrible realidade  dos voos de deportación masiva ou “voos da vergoña”.
Denunciar tamén que  as restricións e vulneracións de dereitos ás que están sometidas as persoas migrantes, esténdense no caso galego ao labirinto institucional e burocrático no que  atopamos múltiplas fronteiras e altas doses de racismo e xenofobia. Aquí queremos de forma específica  informar á cidadanía e facer denuncia pública das dificultades de acceso que na Galiza están a ter ás persoas migrantes, mesmo ás comunitarias, aos servizos e prestacións sociais públicas.”
Os Actos e Actividades que compoñen esta II SEMANA GALEGA DE LOITA CONTRA AS FRONTEIRAS son:
 
A CORUÑA  (25 DE FEBREIRO)
As  11:30 h  Concentración e  rolda de prensa diante da Subdelegación de Gobierno (Avda. La Marina, 23, 15001 – A Coruña).
 
Ás  21:00h charla – coloquio no  local da Rúa  Marqués de Pontejos, coa activista Ana Fornés e o veciño desta cidada, de orixe nixeriana, Peter Onaghuise, que sufríu a violencia policial de forma directa.
SANTIAGO DE COMPOSTELA  (26-27 DE FEBREIRO)
As  18:00 h  Acto Público, Imaxina unha cidade con fronteiras, na Praza de Cervantes.
 
Ás  20:00h charla – coloquio  na  Casa de Xantar A Silveira, Rúa Cardeal Paia , coa activista Ana Fornés e con Leticia Castro Torres do Colexio Oficial de Educador@s Sociais de Galicia.
VENRES 27 DE FEBREIRO:
ÁS 11:00h Concentración e Rolda de Prensa diante da oficina de Viajes Ecuador (do grupo empresarial de Air Europa), na Rúa do Horreo nº 19. (ao lado da Praza de Galicia).
LUGO  (27 DE FEBREIRO)
As  18:00 h  Concentración e  Lecturas antirracista  na Praza Maior.
 
Ás  20:00h charla – coloquio no  local Sindical (Ronda da Muralla, nº 58), coa activista Ana Fornés e  Randi Montero, coordenador do Foro Galego de Inmigración en Lugo.
 
PARA CONTACTOS COA PRENSA
A CORUÑA: Nicanor Alonso (698-137876)
SANTIAGO DE COMPOSTELA: Miguel Fernández (662-307019)
LUGO: Randi Montero (645-213555)
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142