XUNTANZA DO FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN

Ola  Compañeiros e Compañeiras:

Santiago, 26  de Abril de 2010

Convocamos a  XUNTANZA DO FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN para o sábado día 8 de Maio  ás 10:30 h en Santiago no Centro Social de Fontiñas (Rúa Berlín nº 13)- O lugar habitual-

Os temas que propoñemos inicialmente, aínda que trataremos cualquier cuestión que vos pareza importante, serían:

1.-  10: 30 h : Xuntanza das Comisións de Traballo da Asemblea 2010. Adiantamos o comezo da Xuntanza para ter unha hora de xuntanza de Comisións, alomenos para a Comisión de Contidos, que precisa un tempo de encontro previo a Asemblea Xeral.

2.- 11:30 h-13:00 Xuntanza -Asemblearía do Foro Galego de Inmigración:

A.- Información do traballo e propostas das Comisións preparatorias da Asemblea.

Información das Xuntanzas de Preparación da Asemblea. Ultimaremos todo o referente a Asamblea que será o domingo día 30 de Maio en Ferrol. Xuntamos tripítico de Inscripción para a Asemblea (PRAZO ATA O 20 DE MAIO)

B.Outros temas: Información sobre aplicación da nova Lei de Estranxeiría; diferentes denuncias e actuacións promovidas polo Foro;  Nova política da Xunta de Galicia en relación coas cuestión relacionadas coa inmigración, etc.

C.- Preguntas e Suxestións.

Por favor confirmar asistencia e facede un esforzó por vir alguén das diferentes zonas (Vigo, A Coruña, Ourense, etc) a esta  xuntanza porque imos tentar deixar moi perfilada a Asemblea 2010, ademáis  doutras cuestións que son tamén importantes.

Para calquer dúbida ou aclaración contactar con Miguel Fernández ou Rocío Rodríguez(981-580506-662307019-600876480)

Email:foroinmigracionsantiago@yahoo.es.

Presentación Asemblea-Santiago de Compostela

Amig@s del FORO:

Invitamos a tod@s a participar en La Reunión de Presentación de la V ASEMBLEA GALEGA DE INMIGRACIÓN E EMIGRACIÓN DE RETORNO, el próximo sábado 24 de mayo a las 11:00 hs en el local de la Asociación Gondwana de Santiago de Compostela (rúa Rosalía de Castro nº 98, 1º).

Es importante la difusión y participación en este encuentro ya que se informará sobre las novedades/actividad es previstas para la ASEMBLEA 2010 !!!!

Os Esperamos…

COMUNICADO DE PRENSA

O  Foro Galego de Inmigración (máis de 80 asociacións e entidades de toda Galicia) apoia a Presentación Pública  das sinaturas recollidas na Campaña Estatal pola Despenalización do Top-Manta, que tera lugar hoxe martes día 20 de Abril ás 12 :00 h no Círculo de Bellas Artes de Madrid:

A Campaña comezou hai máis dun ano coa recollida de sinaturas pola Despenalización do Top Manta. No acto que se celebra hoxe no Círculo de Bellas Artes de Madrid amosaranse as decenas de miles de sinaturas recollidas, que se presentarán a continuación por rexistro no Parlamento Español. Esta Presentación faise no marco da Reforma do Código Penal que se atopa no momento decisivo da súa negociación.

O PSOE presentou unha segunda proposta, non defintiva, que pese a cambiar de delicto a falta penal a conducta d@s manteir@s, manten a súa regulamentación no Código Penal, empregando por tanto o dereito máis punitivo para conductas de mera sobrevivencia e que pouco desvalor provocan as entidades de xestión dos dereitos de autor, provocando a criminalización da pobreza.

Por iso, esiximos a despenalización do top manta e que se exclúa  a súa regulamentación do Código Penal. Agora máis que nunca tempos que berrar: POLA DESPENALIZACIÓN DO TOP MANTA.

Apoían esta Campaña: Ferrocarril Clandestino; Asamblea Aberta polos Dereitos do Migrantes de A Coruña; Departamento de Dereito Penal da UDC; Oficinas de Dereitos Sociais de diferentes cidades do Estado; Plataforma Mbolo Moy Dole (Bilbao); Red de Apoyo a sin papeles de Aragón; Asociacións de Sin Papeis; Plataforma de Xuristas; Plataforma de Artistas; Foro Galego de Inmigración.

Para máis información: Miguel Fernández (981-580506-662307019) ou Rocio Rodríguez 981-580506-600-876480)

Convocatorias e outros

Ola compañeiras e compañeiros:

Envio duas convocatorias de movilizacións que apoiamos dende a Plataforma. Unha é en Vigo este xoves día 15 ás 19,30 h. diante do museo Marco en favor da apertura inmediata do Centro de Inclusión Social da cidade de Vigo.
A outra é o domingo, 25 de abril en Compostela con saída da Alameda ás 12 h. en defensa dos servizos públicos.
Mirade os cartaces que se xuntan e difundide as convocatorias todo o que poidades.

Por outra parte, o acto previsto para este venres en Rois, queda aprazado para a semana vindeira. Xa vos fago chegar a convocatoria cando esteña fechada.
Envío tamén as convocatorias dos actos de O Porriño e de Begonte pola privatización dos centros.

Anotade ben, non vos fagades un lío coas datas de cada acto.
Saúde
Gori

Oficina de extranjeros de a coruña-Solicitud de cita

IMPORTANTE !!!

Enviamos Información que nos han enviado desde la OFICINA DE EXTRANJEROS DE A CORUÑA:

A partir del 15 de ABRIL DE 2010 la tramitación de expedientes de SOLICITUD DE AUTORIZACIÓN DE TRABAJO Y/O RESIDENCIA, Y AUTORIZACIONES PARA ESTUDIOS se efectuará MEDIANTE CITA PREVIA.

La CITA PREVIA podrá solicitarse en el telef 981-989-360 en horario de 9 a 12 hs.

Las RENOVACIONES Y MODIFICACIONES podrán presentarse en las Oficinas de Correo o en cualesquiera otros de los Registros  habilitados al efecto.

Los restantes trámites  será atendidos previa comparecencia en la Oficina de Extranjeros, por turno de llegada.

PARA INFORMACIÓN SOBRE EL ESTADO DE TRAMITACIÓN DE EXPEDIENTES: http://www.mpr.es.

Se adjunta el comunicado.

Un saludo

xuntanza formativa-preparatoria coordenadores Asemblea 2010

Compañer@s:

Recordamos:  el próximo sábado 10 de abril  tendrá lugar la reunión formativa/preparatoria de coordinadores de los grupos de la V ASEMBLEA GALEGA DE INMIGRACIÓN E EMIGRACIÓN DE RETORNO.

L@s esperamos a las 10:30 hs en la sede de la Asociación Gondwana (Rúa Rosalía de Castro Nº 98 – 1º. Santiago de Compostela).

Además de las personas que ya se han apuntado, invitamos a quienes estén interesad@s en participar a sumarse a esta reunión.

Un saludo
.

“Servizos Sociais e Inmigración” VIII Xornadas de Sensibilización sobre a Interculturalidade

Estimado/a amigo/a,

Poñémonos en contacto con vostede para comunicarlle a realización das VIII XORNADAS DE SENSIBILIZACIÓN SOBRE A INTERCULTURALIDADE: “SERVIZOS SOCIAIS E INMIGRACIÓN” que terán lugar o xoves 15 e venres 16 de abril de 2010, no Centro Froxel de Arteixo (R/ José Pérez Ballesteros -travesía de Oseiro- de Arteixo), organizadas pola ONGD Ecos do Sur co patrocinio do Concello de Arteixo e a colaboración da Asociación Mestura.
Entre os obxectivos das Xornadas están os de abordar os novos retos aos que se enfrontan os Servizos Sociais Comunitarios e Especializados na intervención co colectivo migrante; coñecer a implicación de factores como a crise económica ou as novas regulacións en materia de Estranxeiría na intervención social co colectivo migrante; dar a coñecer pautas efectivas de intervención co colectivo migrante aos profesionais do sector público e do terceiro sector de Galicia que potencien a transversalidade, o traballo en rede e a participación das persoas beneficiarias; establecer un punto de encontro entre diversos profesionais da intervención social en migración que propicie a creación de novas redes de traballo e, con elo, a apertura de novos proxectos locais en Galicia no ámbito da migración; e Promove-la interculturalidade como eixo de desenvolvemento social actual de Galicia.
O programa das Xornadas será o seguinte:

XOVES 15 DE ABRIL DE 2010

9:00 -9:30 h. Entrega de documentación.

9:30 10:00 h. Acto de Inauguración a cargo da Alcaldesa do Concello de Arteixo, Dna. Pilar Souto Iglesias, de D. Francisco Hurtado Durán, Director da ONGD Ecos do Sur e dun representante da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia.

10:00 12:00 h. Obradoiro Recursos e Políticas Sociais na intervención co colectivo migrante. A cargo de Dna. Mª José Thomas, Sofía Caamaño e Iria Álvarez, traballadoras sociais da Oficina de Inmigración de Vigo, en representación do Colexio Oficial de Diplomados en Traballo Social de Galicia.

12:00 12:30 h. Pausa Café.

12:30 14:00 h. Ponencia Marco: O Benestar nos inmigrantes: distintos enfoques desde a actuación dos Servizos sociais Comunitarios . A cargo de Dna. Carmen Verde Diego, Profesora da Titulación de Traballo Social da Universidade de Vigo e especialista en interculturalidade.

14:00 16:00 h. Comida Intercultural. Degustación gratuíta de Comidas do Mundo para as persoas inscritas nas Xornadas.

16:00 17:30 h. Obradoiro sobre Pautas de Intervención Social con Inmigrantes desde os Servizos Sociais Comunitarios e Entidades Sociais: Casos prácticos (parte I). A cargo do equipo de traballo social do Concello de Arteixo e da ONGD Ecos do Sur.

17:30 18:00 h. Pausa Café.

18:00 20:00 h. Obradoiro sobre Pautas de Intervención Social con Inmigrantes desde os Servizos Sociais Comunitarios e Entidades Sociais: Casos prácticos (parte II). A cargo do equipo de traballo social do Concello de Arteixo e da ONGD Ecos do Sur.

VENRES 16 DE ABRIL DE 2010

9:30 12:00 Mesa Redonda: Situación actual y retos en la atención social al colectivo inmigrante:

– Concello de Vic D. Josep Rafús Isern, Concelleiro do Plan de Barrios e Participación Cidadán, Dna. Noemí Alonso, Directora, e Dna. Fabiola Mora, técnica de cooperación e participación do Programa Pla de Barris Sud de Vic.

– Secretaría Xeral da Emigración D. José Otero Paradela, responsable del Programa de Mediación Intercultural de la Secretaría Xeral da Emigración.

– Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela Dna. Iria Sande Mato, psicóloga e coordinadora de atención a inmigrantes e emigrantes retornados de Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela.

12:00- 12:30 h Pausa Café.

12:30 14:00 Ponencia – Radiografía da integración social das persoas inmigrantes no contexto actual de crise económica. A cargo de D. Juan Carlos Rois Alonso, Vocal do Foro para a Integración Social dos Inmigrantes do Ministerio de Traballo e Inmigración e Presidente de AESCO.

14:00 14:15 h. Actuación Intercultural a cargo de Melandrainas.

14:15 14:30 h. Acto de clausura.

As Xornadas completaranse cun Caso Práctico en intervención social no ámbito de servizos sociais cara o colectivo inmigrante (3 h) para ser desenvolvido dende casa polas persoas asistentes e a súa posterior resolución online do mesmo.

No tríptico que adxuntamos poden atopar máis información sobre estas Xornadas, así como en http://ecosdosur.blogspot.com. O prazo límite de inscrición será o próximo martes 13 de abril de 2010. Outorgarase Certficado de Asistencia que pretendemos sexa homologado por 1 crédito de libre configuración pola Universidade da Coruña (pendente de aprobación).

Agardando que sexa do seu interese, desexamos contar coa súa presencia nestas VIII Xornadas.

Atentamente,Patxi Hurtado, Director
ONGd ECOS DO SUR
C/ Angel Senra 25, 1º
15007 A Coruña
Tfno: 981 150 118 Fax: 981 168 349
Mail: ong@ecosdosur.org
Web: www.ecosdosur.org
Nuestras noticias: http://ecosdosur.blogspot.com/

Invitación presentación memoria 2009, Plataforma polo Emprego

Estimadas/os compañeiras e compañeiros

COMPRÁCEME CONVIDARVOS

O DÍA 12 DE ABRIL de 2010 ÁS 11: 30 HORAS NA SE DA  OBRA SOCIAL CAIXA NOVA ( Praza de Cervantes 17 en Santiago de Compostela) PARA REALIZAR UN  ACTO PÚBLICO DE PRESENTACIÓN DA MEMORIA DE ACTIVIDADES CORRESPONDENTE AO ANO 2009

Un afectuoso saúdo

Miguel Fernández Blanco

Plataforma polo Emprego
981580506

 

INVITACIÓN

CONVOCATORIA AOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN – MÉDICOS DO MUNDO

CONVOCATORIA AOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN

 

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

 

 

ALMORZO COA PRENSA: No Día Mundial da Saúde, Médicos do Mundo-Galicia presenta a primeira guía de saúde para as persoas inmigrantes editada en Galicia e denuncia a precariedade no acceso equitativo á saúde dos inmigrantes na comunidade.

 

Alerta sobre o aumento de exclusión social en época de crise e denuncia a falta de cobertura sanitaria de alomenos dez mil persoas inmigrantes en Galicia.

 

Pon en marcha unha campaña na que reivindica que “a saúde é un ben común de todas as persoas e para todas as persoas”, co reparto ese mesmo día de folletos de sensibilización en diferentes centros de saúde da área compostelana

 

DATA: Mércores, 7 de abril de 2010

 

HORA: 12:00 horas.

 

LUGAR: Sede de Médicos do Mundo-Galicia. Rúa Eduardo Pondal, 2. Baixo.  

 

PRESENTA O ACTO: O vicepresidente de Médicos del Mundo España, o galego Felipe Noya e a voluntaria da área de inmigración, a grega lektra Chourmouziadou

 

 

SANTIAGO. 7 DE ABRIL 2010.

 A organización Médicos do Mundo, celebra hoxe o Día Mundial da Saúde presentando a primeira guía de saúde para personas inmigrantes editada en Galicia, coa que por primeira vez se achega información a este colectivo sobre o funcionamento do sistema sanitario e coa que se dá arrinque á campaña “A saúde: ben común de todas as persoas e para todas as persoas”. Será tamén o vindeiro día 7 cando principie unha provocadora campaña de sensibilización en diferentes centros de saúde de Compostela co obxectivo de informar á poboación xeral sobre os principais mitos e crenzas do imaxinario social, tales como “eles son os primeiros”, “eu pago para atendelos a eles” ou “todos os inmigrantes traen enfermidades raras que contaxian”. Unha campaña que, ao fin, avance na integración real.

 

Na campaña, que reivindica o acceso á saúde e a utilización dos servizos en condicións de equidade, lémbraselles aos diferentes gobernos que a incorporación destas persoas aos servizos de saúde, é un dereito reflectido na carta de DDHH artigo 25  e unha meta da OMS para o 2020 para reducir as diferenzas entre os diferentes grupos socioeconómicos nun 25%. A vía para conquerir estes obxectivos será incrementar os niveis de saúde dos máis pobres, con independenza da súa situación administrativa. Do mesmo xeito demanda que os mecanismos administrativos ao efecto, sexan o suficientemente áxiles e eficaces para garantir este dereito.

 

Médicos do Mundo Galicia, desde os programas que desenvolve na nosa Comunidade Autónoma, atendendo no que va de ano (datos só de 2010) a 399 inmigrantes, dos cales 154 son persoas que se atenderon por primeira vez, na súa maioría procedentes de Europa e Latinoamérica, cos que se desenvolveron 223 intervencións en saúde, 465 intervencións sociais, 23 intervencións psicolóxicas e 60 formacións de axentes de saúde.

 

Segundo o último estudio elaborado por Médicos do Mundo Galicia, en Galicia existen diferentes barreiras que dificultan o acceso desta poboación aos servizos de saúde, como poden ser os requisitos legais para solicitar a tarxeta sanitaria, a falta de información sobre o funcionamento dos servizos de saúde os mitos e crenzas tanto dos inmigrantes como dos profesionais da saúde que dificultan o mutuo entendimento e a real integración de ambos grupos. Estímase que estas barreiras fan que cerca de 10.000 persoas inmigrantes na nosa comunidade carezcan de tarxeta sanitaria.

 

“Desde primeiros deste ano, rexístrase un aumento das persoas inmigrantes nos nosos dispositivos sanitarios por mor da crise: fica sen traballo, sen contrato, sen permiso de residencia, sen empadroamento, sen tarxeta sanitaria, sen asistencia sanitaria, sen saúde”, apunta un dos vicepresidentes de Médicos del Mundo-España, o galego Felipe Noya que alerta sobre “un efecto dominó do que só se percibe a punta do iceberg”. Alerta Noya sobre “o descoñecemento da realidade sociosanitaria deste colectivo” e denuncia, en contra do que se pensa, “como na súa maioría son xente nova e sa os que enferman no país de acollida por males non moi raros, asociados ás condicións de vida, xornadas laborais abusivas ou situacións de traballo perigosas”, sen esquecer_ apunta_ “os problemas psíquicos derivados do  proceso migratorio”. 

 

Galicia, destaca Médicos do Mundo, non é un fenómeno illado: a pesares das grandes diferenzas entre os distintos paises do arco europeo fronte a inmigración, a realidade común, tamén a galega, é a “desprotección da poboacion inmigrante, directamente relacionado cos determinantes socioeconómicos desfavorables”: un dato que ven avalado polo informe do Observatorio Europeo de Acceso á Sanidade (do mes de setembro do 2009) realizado pola rede HUMA, que auna 11 delegacións de Médicos do Mundo en Europa, incluida a galega e que, sobre a realidade inmigratoria en dez estados, salienta como “a protección da saúde e o acceso á sanidade aínda non se recoñece na práctica como un dereito da persoa”.

 

 

Médicos do Mundo

LOITAMOS CONTRA TODAS AS ENFERMIDADES, INCLUIDA A INXUSTIZA.

 

Para calquera aclaración, entrevista ou necesidade informativa, contacta con Belén Torrón (639.078172)

DESCARGA FOLLETO EN PDF