Xuntanza FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
 
Santiago,  29 de Febreiro  de 2016.
 
Ola  Compañeiros e Compañeiras tal e como quedamos,  convocamos   XUNTANZA DO FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN para o sábado día  12 de marzo do 2016  ás 11:00 h en Santiago no Centro Social de Fontiñas (Rúa Berlín nº 16 preto da Estacion de Autobuses e de Área Central, o  lugar habitual) Para rematar sobre ás 13:00 h.
 
A   Proposta de orde do día sería (con posibilidade, coma sempre, de incorporar calquer outro tema) :
 
 1.- Informacións sobre cuestións varias: Rede Galega en Defensa da Saúde, Acto Tarajal en Ferrol (26 de Febreiro) Marcha Refuxiados 27 de Febreiro, Tema Nacionalidade e Informes de Integración,  outras actuacións. 
 
 2.- Campaña de Boicot a Globalia. Despois da Presentación da Campaña. Posta en común de contactos realizados e de solicitudes de apoio á mesma realizados ata o de agora. Organización e reparto dos próximos  contactos e solicitudes de adhesión.  Deseño do Acto Final de Campaña (21 de Maio)
 
3.- Informacións, preguntas, suxestións, propostas, etc.
 
AGRADECEMOS QUE CONFIRMEDES A VOSA PARTICIPACIÓN NA XUNTANZA.
 
Para calquer dúbida ou aclaración contactar con Miguel (981-580506/ 662307019)
 
 
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142

FORO DE INMIGRACIÓN (SÓ SANTIAGO)

FORO DE INMIGRACIÓN
(SÓ ASOCIACIÓNS DA ZONA DE  SANTIAGO)
CONVOCATORIA DE XUNTANZA ORDINARIA PARA O MÉRCORES  DÍA 2 DE MARZO  ÁS 20:30 H NO CENTRO TRABALLO E  CULTURA (Rúa San Roque nº 6Bis). TEL: 981-576142-981580506
ORDE DO DÍA(aberto coma sempre a que se poida achegar outros puntos que consideredes axeitados):
 
 
1.- En Defensa dos Dereitos das Persoas Migrantes: Actividades desenvolvidas  no marco da Rede Galega en Defensa da Sáude, que conformamos con Médicos do Mundo, Amnistia Internacional, Plataforma SOS Sanidade Pública e Asociación Galega de Medicina Familiar. Presentación de Campaña de Boicot a Globalia (16 de Febreiro) e Manifestación Refuxiados do 27 de Febreiro.
2.- Organización da Campaña de Boicot a Globalia na zona de Santiago.
 
3-  Novas propostas de actividades dos colectivos migrantes da cidade e do propio Foro en Santiago no ano 2016 (Posibilidade de Convenio co Concello).Primeira Actividade en Colaboración coa Asociación de Veciños de Pontepedriña.
 
4.- Información de actuacións e actividades das entidades e colectivos participantes no Foro.
 
5.- Preguntas e Suxestións.
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142

DESCONVOCADA: Concentración LAURA BUGALLO

 CON MOTIVO DO APRAZAMENTO DO XUIZO QUEDA  DESCONVOCADA 
 
 CONCENTRACIÓN EN SOLIDARIEDADE CON  LAURA BUGALLO, prevista para o martes 23 de febreiro. 
 
 
PREGAMOS FAGADES A MÁXIMA DIFUSIÓN POSIBLE.
 
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142

CONCENTRACIÓN EN SOLIDARIEDADE CON LAURA BUGALLO

CONCENTRACIÓN EN SOLIDARIEDADE CON LAURA BUGALLO
O FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN CONVOCA O MARTES DÍA 23 DE FEBREIRO ÁS 11:30 H (NA PORTA DOS XULGADOS DE FONTIÑAS EN SANTIAGO DE COMPOSTELA, Rúa Viena s/n), unha Concentración en Solidariedade coa grande activista social Laura Bugallo para solicitar a absolución  da causa aberta contra a nosa compañeira (que ten o xuizo este día ás 12:00h ) por axudar a persoas inmigrantes en situación de irregularidade administrativa.
ÁS 11:45h no transcurso da Concentración, faremos Lectura Pública dun Comunicado en Solidariedade coa nosa compañeira.
PREGAMOS FAGADES A MÁXIMA DIFUSIÓN POSIBLE DESTA CONVOCATORIA.
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142

16 Febreiro. Presentación da Campaña Boicot Air Europa e Globalia

CONTRA AS DEPORTACIÓNS, BOICOT A AIR EUROPA E A GLOBALIA
 
Rolda de Prensa Informativa o martes día 16 de Febreiro ás 11:30 h no Local da Asociación de Veciños de Agra do Orzán (Rúa Entrepeñas n.º 38)  en A Coruña para presentar a Campaña: CONTRA AS DEPORTACIÓNS, BOICOT A AIR EUROPA E A GLOBALIA
 
IMPORTANTE ACUDIR TODAS AS PERSOAS QUE POIDADES XA QUE LEVAREMOS O MATERIAL DA CAMPAÑA PARA COMEZAR A REPARTIR.
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142