Xuntanza – 6 de abril

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN

 

CONVOCATORIA DE XUNTANZA

 

Pola presente   convocamos unha    XUNTANZA DO FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN para o sábado día 6 de ABRIL  ás 11:00 h en Santiago no Centro Social de Fontiñas (Rúa Berlín nº 13. O lugar habitual, preto da Estación de Autobuses e de Área Central)

 

A   Proposta de orde do día sería (con posibilidade, coma sempre, de incorporar calquer outro tema, aínda que o fundamental será tratar o tema da Asemblea ):

 

1.- Asemblea 2013 (RECORDADE EN RIBEIRA O DOMINGO DÍA 2 DE XUÑO)Propostas das Comisións de Traballo e  Organización da Asemblea. En relación coa Asemblea, Campaña Ninguén Sobra Nunha Crise: Informe dos traballos e actuacións desenvolvidas e Propostas  nas 4 áreas temáticas de traballo: recurtes sanitarios, emprego doméstico, persecución policial e reparto de alimentos, que mantemos cara a Asemblea deste ano.

 

2.- Información da Campaña Salvemos a Hospitalidade. Presentación de Proposición non de lei no Parlamento Galego e propostas de Mocións en Ferrol, Santiago e A Coruña.

3.- Preguntas e Suxestións.

 

 

AGRADECEMOS QUE CONFIRMEDES A VOSA PARTICIPACIÓN NA XUNTANZA CON ANTERIORIDADE

 

Para calquer dúbida ou aclaración contactar con Miguel Fernández ou Rocío Rodríguez (981-580506 -662307019 -600876480) Email:foroinmigracionsantiago@yahoo.es.

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142
Anuncios

COMUNICADO DE PRENSA

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN

COMUNICADO DE PRENSA

 

SALVEMOS A HOSPITALIDADE NO PARLAMENTO GALEGO

 

Foro Galego de Inmigración  no marco da Campaña EstatalSalvemos a Hospitalidade que desenvolve e promove xunto con outras entidades e asociacións do conxunto do Estado  presentará omartes día 5 de marzo aos grupos do Parlamento Galego o texto daMoción “Salvemos a Hospitalidade”– que xuntamos con este Comunicado de Prensa-, co obxecto de que sexa consensuada e presentada para a súa aprobación ao Pleno da Cámara Galega o máis pronto posible.

As Xuntanzas previstas son as seguintes:

16:00 h: Con representantes do BNG

16:30 h: Con representantes do PSdG-PSOE

17:00 h: Con representantes de AGE (Alternativa Galega de Esquerdas)

Pendente confirmar hora exacta da xuntanza con representantes do PPdG (temos comprometido que nos van atender na mesma tarde do martes día 5 de marzo)

 A Moción pretende conseguir un cambio no Anteproxecto de Modificación do Código Penal presentado polo Ministerio de Xustiza no referente ao artigo 318 bis do devandito Código

Na súa concepción, o artigo 318 bis do Código Penal naceu como garante da protección das persoas afectadas por certas actividades derivadas dos fluxos migratorios, como trata de seres humanos ou tráfico de inmigrantes. Non obstante, coa modificación do devandito artigo que pretende levar a cabo o Goberno, actuar de forma humanitaria pode pasar a converterse en causas de persecución (ou de non persecución), en función do criterio do Ministerio Público.
Equipáranse así a aquelas persoas que se lucran explotando a colectivos en risco de exclusión ou co tráfico de persoas (accións que, por suposto, censuramos rotundamente), con aqueles que levan a cabo actos de solidariedade coas persoas en situación administrativa irregular. Esta equiparación afecta de forma moi lesiva a un dos piares básicos da sociedade: a convivencia.

A consecuencia que se desprende de todo o anterior é ben grave: a partir deste momento, se o Fiscal decide acusar, aínda concorrendo móbiles altruístas na acción solidaria, será moi difícil obter unha resolución xudicial favorable a quen practicou a solidariedade, porque esta acción está explicítamente tipificada como forma de ataque a un ben xurídico protexido.

 

PARA MÁIS INFORMACIÓN: Miguel Fernández Blanco (662-307019) Rocío Rodríguez (981-580506/600-876480)

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142