FORO DE INMIGRACIÓN (SÓ SANTIAGO)

FORO DE INMIGRACIÓN
(SÓ ASOCIACIÓNS DA ZONA DE  SANTIAGO)
 
CONVOCATORIA DE XUNTANZA ORDINARIA PARA O MÉRCORES  DÍA 6 DE MAIO  ÁS 20:30 H NO CENTRO TRABALLO E  CULTURA (Rúa San Roque nº 6Bis). TEL: 981-576142-981580506
 
ORDE DO DÍA(aberto coma sempre a que se poida achegar outros puntos que consideredes axeitados):
 
1.- Aprobación da Acta da Xuntanza Anterior
 
2.- En Defensa dos Dereitos das Persoas Migrantes: Actividades desenvolvidas e as que están previstas desenvolver no marco da Rede Galega en Defensa da Sáude, que conformamos con Médicos do Mundo, Amnistia Internacional, Plataforma SOS Sanidade Pública e Asociación Galega de Medicina Familiar. Acto de Sinatura do Compromiso pola Sanidade Universal dos grupos políticos 22/04/2015. Pendente Xuntanza e Presentación do Informe de Vulneracións ao Valedor do Pobo.
 
3.- En Defensa dos Dereitos das Persoas Migrantes:  Asemblea/ Encontro Final de Curso do Foro Galego.  oEncontro será, finalmente, o 13 de xuño en Lugo e teremos que deseñar tamén actuacións  para o 15 de Xuño en Compostela (día da Campaña Estatal polo peche dos CIES).
 
4.- Preparación final da Actividade con Mulleres Inmigrantes, acordada na última xuntanza, e que se desenvolverá o sábado día 9 de maio no CTC. Importante Participar
 
5.- Información de actuacións e actividades das entidades e colectivos participantes no Foro.
 
6.- Preguntas e Suxestións.

Manifesto: Polo fin do Xenocidio Migratorio no Mediterráneo

23 de abril, 2015
 
A Campaña Estatal polo Peche dos CIE´s, xunto con múltiples organizacións de defensa dos dereitos humanos, condenamos o Xenocidio Migratorio que se está producindo no Mar Mediterráneo e denunciamos:
 
Que as persoas que perderon a vida tiñan diversos motivos para emprender a súa viaxe; entre estes, fuxir de conflitos políticos, bélicos e da propia pobreza. Lonxe de ser fenómenos “naturais”, están directamente relacionados coa política exterior da Unión Europea e os seus intereses comerciais.
 Que a Unión Europea define a estas persoas como “inmigrantes ilegais” para non ter que aceptar as implicacións do que realmente son: potenciais refuxiados, nenos e nenas, vítimas de diversos conflitos.
 Que a maioría das persoas que se afogaron deberían estar amparadas pola lexislación e os tratados de protección internacionais subscritos polos países da Unión Europea. Ante a imposibilidade de cursar calquera tipo de solicitude, vense obrigadas a arroxarse ao mar para, unha vez chegadas a Europa, tratar de conseguir este recoñecemento.
 Que a UE ven dando reiteradas mostras de que a suposta orientación máis humanitaria e respectuosa cos Dereitos Humanos das súas políticas migratórias non pasa dunha farsa e de discurso vacío que agochan o carácter securitario e bélico das mesmas. A maior responsable deste enfoque é a Axencia Frontex. A Axencia entende o intento de acceso das persoas como un “risco” (literalmente) de violación das Fronteiras. Dedícanse millóns de euros a sufragar tecnoloxía militar de vixilancia e, en cambio, non se destina ningunha medida ao salvamento de persoas.
 Lembramos que a Axencia Frontex pasou de ter un orzamento anual de 5 millóns de euros na súa orixe (2004) a máis de 80 millóns por ano en 2015. O Estado Español destinou no último lustro case 290 millóns de euros a selar as fronteiras españolas e menos de 10 millóns á acollida de refuxiados, unha das ratio máis desiguais da Unión Europea. Tamén pagou 50 millóns de euros a Marrocos para que constrúa un novo valo de concertinas. Non faltan recursos, senón vontade política.
 Que a tecnoloxía de Frontex é capaz de localizar as embarcacións, pero resulta absolutamente incapaz de salvar ás persoas. Por prioridades políticas, invístese o diñeiro no control de persoas pero non no seu salvamento.
 Que o Ministro de Interior, Fernández Diaz, é responsable directo de lexitimar estas mortes, pois considera que salvar vidas no Mediterráneo pode xerar un efecto chamada. É dicir, segundo o Ministro, hai persoas que hoxe teñen que morrer para que un posible efecto (sen unha relación causal clara) sexa evitado. O verdadeiro efecto chamada non é Salvamento Marítimo. Máis ben estamos ante un efecto directo de expulsión, consecuencia das políticas Europeas en África. Afirmacións como as do Ministro deberían ter consecuencias legais.
 Que non é tolerábel aceptar que “outra embarcación afundiuse”: hai toda unha cadea de responsabilidades que deben ser investigadas, esclarecidas e, no seu caso, xulgadas. Hase de evitar que volva suceder, mellorando os protocolos de salvamento.
 Que é inadmisible a hipocrisía do Presidente do Goberno cando indica que “Xa non valen as palabras, hai que actuar” en relación ás mortes do Mediterráneo. Lamentábelmente, naufraxios como este adoitan servir para lanzar medidas que dotan de máis medios a Frontex sen cambiar un chisco a súa errática concepción das migracións (como unha ameaza e un risco) e a súa lóxica bélica. Noutras ocasións, déronse respostas de intervención directa nos países de orixe: ben condicionando as “axudas ao desenvolvemento” á colaboración na represión das migracións ou ben con intervencións diplomático-militares que xeran aínda máis desprazados e desprazadas. Ambas as opcións supoñen precarizar aínda máis a experiencia migratoria e aumentar os naufraxios no Mediterráneo, o mar máis mortífero do mundo.
 Que é necesario o investimento nun programa europeo de salvamento marítimo acorde á envergadura do problema, paralela a unha redución do financiamento de programas, operacións e tecnoloxías que militarizan a fronteira.
Que se fai necesaria a realización dun programa de identificación e memoria das vítimas, e de repatriación dos corpos ás súas familias.
 A traxedia como xénero literario fai referencia a como os personaxes son enfrontados contra o destino dos deuses con resultados de morte ou infortunio. O que ocorreu o domingo nas augas do Mediterráneo, con todo, está lonxe de poder considerarse como tal: non son traxedias inevitábeis, é unha responsabilidade da Unión Europea
 
Polo fin das mortes no Mediterráneo.
Polo fin do Xenocidio Migratorio #*GenocidioMigratorio
23 de abril de 2015
Foro Galego da Inmigración/ Campaña Estatal polo Peche dos CIE´s

Manifiesto: Por el fin del Genocidio Migratorio en el Mediterraneo

hemos creado esta campaña esta tarde la gente del grupo de frontera sur de la Campaña Estatal por el Cierre de los CIE. Se pueden firmar adhesiones en el siguiente link Bienvenida la difusión y las firmas individuales y colectivas. Ha sido enviado a prensa.
https://fronterasurderechoshumanos.wordpress.com/

Manifiesto: Por el fin del Genocidio Migratorio en el Mediterraneo

La Campaña Estatal por el Cierre de los CIE, junto con múltiples organizaciones de defensa de los derechos humanos, condenamos el Genocidio Migratorio que se está produciendo en el Mar Mediterráneo y denunciamos:
Que las personas que han perdido la vida tenían diversos motivos para emprender su viaje; entre éstos, huir de conflictos políticos, bélicos y de la propia pobreza. Lejos de ser fenómenos “naturales”, están directamente relacionados con la política exterior de la Unión Europea y sus intereses comerciales.
Que la Unión Europea define a estas personas como “inmigrantes ilegales” para no tener que aceptar las implicaciones de lo que realmente son: potenciales refugiados, niños y niñas, víctimas de diversos conflictos.
Que la mayoría  de las personas que se han ahogado deberían haber estado amparadas por la legislación y los tratados de protección internacionales suscritos por los países de la Unión Europea. Ante la imposibilidad de cursar cualquier tipo de solicitud, se ven obligadas a arrojarse al mar para, una vez llegadas a Europa, tratar de conseguir este reconocimiento.
Que la UE ha renunciado a su orientación más humanitaria y respetuosa con los Derechos Humanos para darle, en cambio, una orientación bélica a todo lo que tiene que ver con las migraciones. La mayor responsable de este enfoque es la Agencia Frontex. La Agencia entiende el intento de acceso de las personas como un “riesgo” (literalmente) de violación de las Fronteras. Se dedican millones de euros a sufragar tecnología militar de vigilancia y, en cambio, no se destina ninguna medida al salvamento de personas.  Recordamos que la Agencia Frontex ha pasado de tener un presupuesto anual de 5 millones de euros en su origen (2004) a más de 80 millones por año en 2015. El Estado Español destinó en el último lustro casi 290 millones de euros a sellar las fronteras españolas y menos de 10 millones a la acogida de refugiados, una de las ratios más desiguales de la Unión Europea. También ha pagado 50 millones de euros a Marruecos para que construya una nueva valla de concertinas. No faltan recursos, sino voluntad política.
Que la tecnología de Frontex es capaz de localizar las embarcaciones, pero resulta absolutamente incapaz de salvar a las personas. Por prioridades políticas, se invierte el dinero en el control de personas pero no en su salvamento.
Que el Ministro de Interior, Fernández Diaz, es responsable directo de legitimar estas muertes, pues considera que salvar vidas en el Mediterráneo puede generar un efecto llamada. Es decir, según el Ministro, hay personas que hoy tienen que morir para que un posible efecto (sin una relación causal clara) sea evitado. El verdadero efecto llamada no es Salvamento Marítimo. Más bien estamos ante un efecto directo de expulsión, consecuencia de las políticas Europeas en África. Afirmaciones como las del Ministro deberían tener consecuencias legales.
Que no es tolerable aceptar que “otra embarcación se ha hundido”: hay toda una cadena de responsabilidades que han de ser investigadas, esclarecidas y, en su caso, juzgadas. Se ha de evitar que vuelva a suceder, mejorando los protocolos de salvamento.
Que es inadmisible la hipocresía del Presidente del Gobierno cuando indica que “Ya no valen las palabras, hay que actuar” en relación a las muertes del Mediterráneo. Desgraciadamente, naufragios como éste suelen servir para lanzar medidas que dotan de más medios a Frontex sin cambiar un ápice su errática concepción de las migraciones (como una amenaza y un riesgo) y su lógica bélica. En otras ocasiones, se han dado respuestas de intervención directa en los países de origen: bien condicionando sus “ayudas al desarrollo” a la colaboración en la represión de las migraciones o bien con intervenciones diplomático-militares que generan aún más desplazados. Ambas opciones suponen precarizar aún más la experiencia migratoria y aumentar los naufragios en el Mediterráneo, el mar más mortífero del mundo.
Que es necesaria la inversión en un programa europeo de salvamento marítimo acorde a la envergadura del problema, paralela a una reducción de la financiación de programas, operaciones y tecnologías que militarizan la frontera.
Que se hace necesaria la realización de un programa de identificación y memoria de las víctimas, y de repatriación de los cuerpos a sus familias.
La tragedia como género literario hace referencia a cómo los personajes son enfrentados contra el destino de los dioses con resultados de muerte o infortunio. Lo que ha ocurrido el domingo en las aguas del mediterráneo, sin embargo, está lejos de poder considerarse como tal: no son tragedias inevitables, es una responsabilidad de la Unión Europea
Por el fin de las muertes en el Mediterráneo.
Por el fin del Genocidio Migratorio #GenocidioMigratorio
 19 de abril de 2015
Campaña Estatal por el Cierre de los CIE

ACTO PÚBLICO A FAVOR DA SANIDADE UNIVERSAL

ACTO PÚBLICO A FAVOR DA SANIDADE UNIVERSAL
No  marco da Rede Galega en Defensa da Saúde (con Médicos do Mundo, SOS Sanidade Publica, Aministia Internacional, e Asociación Galega de Medicina Familiar) faremos  o mércores día 22 de abril un Acto Público na Facultade de Medicina ás 12:00 h, convocando aos partidos políticos para que asinen o Compromiso a favor da Sanidade Universal (comprometéndose a derogar o decreto de abril de 2012 que modificou o sistema sanitario) que ven difundindo Médicos do Mundo por todo o Estado. Participaran e asinaran: PSdG-PSOE, BNG, EU, ANOVA, PODEMOS.

NOMEAMENTO DE NICANOR ALONSO COSTA COMO REPUBLICANO DE HONRA 2015

Xoves, 9 de abril de 2015.
PRESENTACIÓN PÚBLICA NO LOCAL DA REAL ACADEMIA GALEGA (Rúa Tabernas, 11, A Coruña) DO REPUBLICANO DE HONRA 2015, NICANOR ALONSO COSTA
Coa presencia de Carlos Vázquez –amigo persoal da infancia de Nicanor, e compañeiro na loita pola democracia nos tempos en que ambos compartían sacerdocio, de Rubén Constenla -representando ao 15M, do que Nicanor tamén tomou parte, de Adama, inmigrante senegalés chegado hai máis de dez anos en patera á península ibérica, e fundador -xunto con Nicanor-, da Asociación “Sen Papeis” da Coruña, de axuda á inmigración, e tamén coa presenza de Ricardo Rivas, bombeiro da Coruña destacado na súa defensa das persoas desafiuzadas, e membro de de Stop Desafiuzamentos, organización na que tamén participa Nicanor na actualidade
Venres 10 de abril. 19’30 h.
HOMENAXE E OFRENDA FLORAL ÁS VÍTIMAS DO FRANQUISMO DA COMARCA DA CORUÑA, NO MEMORIAL DA AVENIDA DE NAVARRA.
Venres 10 de abril, 21’30 h. Hotel Meliá María Pita, A Coruña (fronte a praia do Orzán)
CEA DA REPÚBLICA.
Para anotarse nesta cea, que ten un prezo de 20 euros, pódese chamar ao teléfono 607506231, ou escribir un correo electrónico a crmhacoruna@gmail.comÁ hora de anotarse é necesario decir qué preferencia ten cada quen para o segundo prato; se carne -solombo de tenreira-, ou peixe -bacallau-. Tamén é importante ter en conta que temos que dar unha cifra aproximada de asistentes ao hotel antes do día 2 de abril. Daquela, prégase que a xente que teña intención de asistir á Cea da República, se anote canto antes.
Sábado, 18 de abril, 12 h.
HOMENAXE E REGRESO DAS CINZAS DE LUISA VIQUEIRA -REPUBLICANA DE HONRA 2010-, Á SÚA TERRA NATAL, NO CEMITERIO DE OUCES, EN BERGONDO
Neste acto contaremos coa participación de Fernando Souto Suárez –presidente da CRMH-, quen presentará a Nicanor Alonso Costa, Republicano de Honra 2015, quen toma o relevo da Luisa Viqueira en tal distinción, para rematar coas palabras -seguro que sentidas-, do fillo de Luisa Viqueira, Manuel Rodríguez Viqueira.
cuadriptico CRMH 2015
cuadriptico CRMH 2015

FORO DE INMIGRACIÓN (SÓ SANTIAGO) XUNTANZA ORDINARIA PARA O MÉRCORES DÍA 8 DE ABRIL ÁS 20:30

FORO DE INMIGRACIÓN
(SÓ ASOCIACIÓNS DA ZONA DE  SANTIAGO)
 
CONVOCATORIA DE XUNTANZA ORDINARIA PARA O MÉRCORES  DÍA 8 DE ABRIL  ÁS 20:30 H NO CENTRO TRABALLO E  CULTURA (Rúa San Roque nº 6Bis). TEL: 981-576142-981580506
 
ORDE DO DÍA(aberto coma sempre a que se poida achegar outros puntos que consideredes axeitados):
 
1.- Aprobación da Acta da Xuntanza Anterior
 
2.- En Defensa dos Dereitos das Persoas Migrantes: Actividades desenvolvidas e as que están previstas desenvolver no marco da Rede Galega en Defensa da Sáude, que conformamos con Médicos do Mundo, Amnistia Internacional, Plataforma SOS Sanidade Pública e Asociación Galega de Medicina Familiar.Presentación Pública e Xuntanzas co Valedor do Pobo e cos grupos do Parlamento Galego dun Informe de Vulneracións na Atención Sanitaria ás persoas migrantes en Galicia elaborado por Médicos do Mundo.
 
3.- En Defensa dos Dereitos das Persoas Migrantes:  Asemblea/ Encontro Final de Curso do Foro Galego. Este ano o Encontro será o 20 de xuño en Lugo e teremos que deseñar tamén actuacións  para o 15 de Xuño en Compostela (día da Campaña Estatal polo peche dos CIES).
 
4.- Propostas orientadas a conseguir unha maior participación e achegamento do Foro ás persoas migrantes de Compostela e as súas asociacións e grupos.
 
5.- Información de actuacións e actividades das entidades e colectivos participantes no Foro.
 
6.- Preguntas e Suxestións.
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142