RECORDATORIO FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN – Convocatoria en FERROL 20 de xaneiro 2018

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
 
Santiago,  10 de xaneiro  de 2018.
 
Ola  Compañeiros e Compañeiras, que tal o Nadal, tal e como quedamos para este curso –ir rotando os lugares-,    convocamos   XUNTANZA DO FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN para o sábadodía  20  de xaneiro do 2018  ás 11:00 h enFERROL  no ATENEO FERROLÁN (Rúa Magdalena nº 202) Para rematar sobre ás 13:00 h.
 A   Proposta de orde do día sería (con posibilidade, coma sempre, de incorporar calquer outro tema:
1.- Informacións sobre cuestións varias: Rede Galega en Defensa da Saúde. Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas (Actividades entorno ao día dos dereitos humanos e o día Mundial das Migracións):Novas propostas cara a finais de febreiro.
2.- Actuacións sobre  acceso a axudas e prestacións sociais para o colectivo de persoas (especialmente menores) en situación de irregularidade administrativo. Análise da Resposta da Consellería de Política Social e pendente a xuntanza con Educación. Outros contactos e actuacións neste tema. Propostas para continuar con demandas importantes (RISGA) neste ámbito-prazo de alegacións ao borrador de Decreto remata o 18 de xaneiro(enviade previo á xuntanza as vosas aportacións a este mail, para trasladalas á Xunta de Galicia)
3.- Proposta para ir artellando o Encontro Final do Foro deste curso entorno a temática do emprego doméstico
4.- Avances nas cuestións de comunicación que queriamos ir cambiando este curso no Foro.
5.- Informacións, preguntas, suxestións, propostas, etc.
 AGRADECEMOS QUE CONFIRMEDES A VOSA PARTICIPACIÓN NA XUNTANZA.
 Para calquer dúbida ou aclaración contactar con Miguel/Rocío (981-580506/ 662307019)
 
 
 
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142
Anuncios

Comunicado de prensa

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Comunicado de prensa
 
O FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN DENUNCIA A GRAVE DISCRIMINACIÓN NA QUE A XUNTA DE GALICIA  PRETENDE MANTER AS PESOAS MIGRANTES RESIDENTES EN GALICIA EN SITUACIÓN DE IRREGULARIDADE ADMINISTRATIVA NO REFERENTE AOS SEUS DEREITOS ÁS PRESTACIÓNS SOCIAIS BÁSICAS, EXCLUÍNDOAS DO ACCESO Á RISGA
 
venres 19 de Xaneiro  coincidindo co remate do prazo de alegacións ao DECRETO QUE REGULA A RISGA  E  AS AXUDAS DE INCLUSIÓN SOCIAL , convocamos  unha rolda de prensa informativa diante do Rexistro Central da Xunta de Galicia en San Caetano  ás 11:30 h para presentar as ALEGACIÓNS  que  promove o Foro Galego de Inmigración para revertir unha situación intolerable
 
A exclusión do Acceso á Risga é abolutamente inaceptable polas seguintes razón básicas:
1.- A  Lei de Estranxeiría– Lei Orgánica a nivel estatal-  recoñece a estas persoas o acceso a prestacións sociais básicas.
2.- A Xunta de Galicia recoñece a RISGA como unha prestación social básica.
3.- Se facemos análise comparativa é posible, porque a Comunidade Autónoma do Pais Vasco integra a estas persoas na súa Renda Miníma. A propia Xunta integra ou vai integrar a este colectivo noutras axudas sociais e educativas.
4.- Os requisitos de acceso do Decreto teñen que ver  ademáis doutras cuestión técnicas co empadroamento durante un período de 6 meses un Concello de Galicia, cumprindo as condicións técnicas e o  tempo de empadroamento é claramente discriminatorio excluír a este colectivo.
5.- As situacións de irregularidade administrativa son transitorias, polo que se está a excluir a posibilidade de que estas persoas residente e veciñas nosas poidan acceder a procesos de inserción e integración socio-laboral mentres resolven a situación administrativa.
6.- Excluímos desta Prestación Social Básica a un colectivo en situación de especial vulnerabilidade pola carencia doutros dereitos básicos e de ingresos mínimos,polo que se incrementaran as situacións de explotación laboral, sexual, ou de calquera outro tipo que están a sufrir na Actualidade.
 
Para máis informaciónMiguel Fernández (662-307019)
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142

FORO DE INMIGRACIÓN (SÓ ASOCIACIÓNS DA ZONA DE SANTIAGO)

CONVOCATORIA DE XUNTANZA ORDINARIA PARA O MÉRCORES  DÍA 10 DE XANEIRO  ÁS 20:30 H NO CENTRO TRABALLO E CULTURA (Rúa San Roque nº 6Bis). TEL: 981-576142-981580506
ORDE DO DÍA(aberto coma sempre a que se poida achegar outros puntos que consideredes axeitados):
1.- En Defensa dos Dereitos das Persoas Migrantes: Actividades desenvolvidas e que temos previstos desenvolver no marco da Rede Galega en Defensa da Sáude.Actividades no marco da Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas.  Acto 18 de Decembro en defensa dos dereitos humanos e do Día Mundial das Migracións.  Novas actuacións e propostas neste ámbito. Propostas no ámbito dos dereitos sociais (xuntanza pendente con Educación)
2.-Preparación da Xuntanza do Foro Galego de Inmigración do sábado 20 de xaneiro en Compostela. Comezando de cara a organización do Encontro Final de curso do Foro.
3.Concreción das Propostas do Equipo de Comunicación para o ano 2018.
4.- Proposta de actividades interculturais, polo colectivos migrantes da cidade,  para o ano 2018.
 
5.- Información de actuacións e actividades das entidades e colectivos participantes no Foro.
 
6.- Preguntas e Suxestións.
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142