CONVOCATORIA FORO GALEGO DE INMIGRACION – 27 DE OUTUBRO

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN

Ola  Compañeiros e Compañeiras, tal e como acordamos na xuntanza de setembro,    convocamos   XUNTANZA  DO FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN   o sábado día  27  de outubro do 2018  no Centro Social de Fontiñas (Rúa Berlín nº 13)- o lugar habitual en Santiago de Compostela-  entre ás 11:00 h e ás 13:00 h.

Convocaremos tamén  as entidades e asociacións que traballaron xunto con nós na Elaboración do ACORDO COLECTIVO  SOBRE A RISGA , polo que a orde do díaxirará sobre esta cuestión:

1.- Campaña: Fagamos da Risga un Verdadeiro Dereito. (Acordada na Xuntanza de Setembro). Presentaremos unha proposta de actividades, para manter vivo o debate social e cidadá sobre esta cuestión.   

2.- Outras cuestións: na última parte da xuntanza trataremos o tema específico da Semana de Loita contra as Fronteiras (o tema acordado: lei de estranxeiría. proposta de datas na semana do 19-25 de novembro)Informaremos tamén das actividades propostas na Rede Galega en apoio das Persoas Refuxiadas.

 

 AGRADECEMOS QUE CONFIRMEDES A VOSA PARTICIPACIÓN NA XUNTANZA.

 Para calquer dúbida ou aclaración contactar con Miguel/Rocío (981-580506/ 662307019)

Email:foroinmigracionsantiago@yahoo.es.

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142

FORO DE INMIGRACIÓN (SÓ SANTIAGO)

FORO DE INMIGRACIÓN

(SÓ ASOCIACIÓNS DA ZONA DE  SANTIAGO)

 CONVOCATORIA DE XUNTANZA ORDINARIA PARA O MÉRCORES  DÍA 3 DE OUTUBRO   ÁS 20:30 H   NO CENTRO TRABALLO E CULTURA (Rúa San Roque nº 6Bis). TEL: 981-576142-981580506

ORDE DO DÍA(aberto coma sempre a que se poida achegar outros puntos que consideredes axeitados):

1.- CAMBIO DO LUGAR DA XUNTANZA DO FORO DE SANTIAGO  (TEMOS QUE DEIXAR O LOCAL DE SAN ROQUE).

2.- En Defensa dos Dereitos das Persoas Migrantes:  Rede Galega en Apoio ás persoa Refuxidas. Rede  Galega en defensa da Sáude (solicitude de xuntanza en Sanidade para coñecer o procedemento de devolución da atención sanitaria ás persoas migrantes.)

 

3.– Acordo conxunto con outras entidades sobre a RISGA. Información da xuntanza do 15 de setembro. Proposta para a Preparación da Campaña acordada nesa xuntanza.

4.- Semana de Loita Contra as Fronteiras 2018. Tema acordado Lei de Estranxeiría. Deseño da Campaña, participantes e datas.

5.- Actividades interculturais dos colectivos migrantes da cidade. Avaliación do Festival Intercultural do 9 de setembro e dos obradoiros de cociña do 8 de setembro.

6.- Información de actuacións e actividades das entidades e colectivos participantes no Foro.

7.- Preguntas e Suxestións.

 

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142