Comunicado de prensa

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN

COMUNICADO DE PRENSA

 

O Foro Galego de Inmigración formado polas asociacións e entidades recollidas ao final (máis de 80 asociacións e entidades de toda Galicia)   súmase á Folga Xeral do 29 de marzo en contra da Reforma Laboral e en defensa dos nosos dereitos como traballadores e traballadoras.

 

 

O goberno do Partido Popular quere contentar aos instintos máis salvaxes da oligarquía financeira. A gran culpable da crise que vivimos na actualidade a clase traballadora pide recortes e o goberno do Partido Popular obedece de forma gustosa e perpetra coa Reforma Laboral o ataque máis directo e brutal en décadas aos dereitos da clase traballadora.

 

Existen sobradas razóns para a Folga Xeral e, por suposto, sobradas razóns son as que temos as persoas migrantes para sumarnos á convocatoria Folga Xeral convocada polos sindicatos de clase para o día 29 de marzo de 2012.

 

Todas as persoas traballadoras seremos vítimas desta Reforma Laboral se finalmente non se acada o obxectivo de que se retire. Pero as persoas migrantes, debido á existencia xa da inxusta presión que sobre nós exerce unha mala Lei de Estranxeiría, seremos as vítimas propiciatorias e padeceremos en primeira liña as novas condicións de medo e indefensión ante o patrón, de precariedade e inestabilidade, e do abaratamento de despidos.

 

Cómpre vencermos o medo e actuarmos xuntos e xuntas e negarnos a este novo ataque aos nosos dereitos laborais e sociais. Temos que loitar polo dereito á negociación colectiva, a que o empresario non decida, porque lle conveña e de forma subxectiva, modificar as condicións laborais pactadas e asinadas e protexidas no convenio. Temos que ter garantías de que o que asinamos é o que se vai manter. E que se se vulneran esas condicións, que teremos a necesaria protección para ser debidamente defendidos e defendidas.

 

Loitemos polos nosos dereitos. Se non actuamos hoxe, mañá iremos a traballar sen dereitos e totalmente sometidos aos caprichos dunha cobizosa patronal, que procurará manter os seus beneficios como sexa.

 

Somos parte dunha mesma clase traballadora, non hai fronteiras baixo esta premisa.

 

O 29 de marzo está en xogo, polo tanto, o noso futuro. Para que a patronal e o goberno nos escoiten temos que saír a rúa e paralizar os centros de traballo. A Folga Xeral debe ser un éxito, o medio de loita que nos permita, aos traballadores e traballadoras, manter a protección social do traballo.

 

A ese primeiro paso debe seguirlle loitarmos para que se derrogue a actual Lei de Estranxeiría. Non podemos vivir baixo un clima permanente de medo e persecución.

 

 

FRONTE AO MEDO, UNIÓN

FRONTE Á IMPOSICIÓN, RESISTENCIA

 

O 29 DE MARZO DEFENDE OS TEUS DEREITOS

LOITA POLO NOSO FUTURO

 

Para máis información:   Foro de Inmigración: Miguel Fernández (981-580506-662-307019)

 

Organizacións que conforman o Foro Galego de Inmigración: Asociación Amarante, Asociación Amani-Galiza, Asociación Chambo,  Asociación de inmigrantes Gondwana, Asociación de Argentinos en el Exterior, Asociación Plataforma polo Emprego, Asociación Puente Cultural Rumano-Gallego, Asociación Universia, Attac Compostela, Asociación de inmigrantes Casa Latinoamericana en Galicia, Cáritas Interparroquial Santiago, Cáritas Milladoiro, Colectivo Brasileiro, Colexio Oficial de Educadores Sociais de Galicia, Comisión de Migración do BNG, Comité Óscar Romero de Santiago de Compostela, Coordenadora Diocesá de Acción Católica, Cruz Vermella, CUT, Departamento de Migracióin da CIG, Esquerda Unida, Foro Debate e Acción, Inzar, Juventudes Marianas Vicencianas, Mans Unidas, Misioneros Combonianos, Mulleres Cristiás Galegas, Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade de A Coruña, PsdeG-PSOE-Santiago, Seminario Galego de Educación para a Paz; Voluntariado Rogas. Uruguayos por el Mundo Carballo, Asociación de Venezolanos en A Coruña, Hermandad Venezolana de A Estrada, Asociación Equs Zebra, Asociación Batuko-Tabanka, Cáritas de Lugo, Cáritas de Mondoñedo-Ferrol, Asociación Cultural para las Migraciones Colombianas “ACUMIC”, Sindicato Labrego Galego,  ASMIREFE, Asociación Renacer,  Mediomundo Uruguayos en Coruña, Galicia Terra de Acollida de Ourense, AMESPA, Asociación de Venezolanos del Deza, ASCD Amigos de Venezuela de Vigo, Hermandad de Venezolanos das Rías Biaxas, Asociación Casa de Inmigrantes Oya de Arteixo. Asociación Banda Oriental, Asociación Centro Argentino de Carballiño-Asociación Latinoamericana, Cáritas de A Coruña, Asociación de Argentinos de Lalín, Fundación Juan Soñador, Asociación de Mulleres Anovar de Galicia, Asociación Venezolana do Salnés, Casa Argentina de La Coruña , Comunidade do Castiñeiriño de Santiago de Compostela,Parroquia Cristo de la Victoria de Vigo, Asociación Recandea, Agrupación de Inmigrantes Latinoamericanos Ntra Sra de Guadalupe de Pontevedra, Asociación de Emigrantes Retornados de A Mahía, Médicos do Mundo, Asociación de Venezolanos de Santiago, Cosior (Asociación de Ecuatorianos de Santiago), Aseser Teranga, Asociación Ouresá-Venezolana, Asociación Ñane-Reta Paraguay, Asociación Multicultural de Mujeres de Vigo; Agra Humanista, Marineda, Orense Acoge, Federación de Anpas, Forum Propolis, Asociación 25 de Agosto de Uruguay, Asociación Fonte de Ourense, Cáritas Diocesá de Ourense, Asociación de Guineanos de A Coruña. Somos Igrexa-Galiza, Asociación Cultural e Intelectual de Santiago de Compostela. Asociación de Senegaleses de Ourense. Asociación Marusía de Emigrantes Retornados. Asociación TroCamundo. Madres Latinas. Proyecto Teranga Sociolaboral. Cáritas Tiu-Vigo. Representantes urbanos no Consello de Relacións Veciñais. ONGD ConTacto, Asociación Afrolatina de Ourense, ASAGA Asociación de Africanos en Galicia. Asociación cultural Fuco Buxán.

 

 

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142

http://www.forogi.wordpress.com

Anuncios