XUNTANZA ORDINARIA PARA O MÉRCORES DÍA 1 DE XULLO

FORO DE INMIGRACIÓN
(SÓ ASOCIACIÓNS DA ZONA DE  SANTIAGO)
 
CONVOCATORIA DE XUNTANZA ORDINARIA PARA O MÉRCORES  DÍA 1 DE XULLO  ÁS 20:30 H NO CENTRO TRABALLO E  CULTURA (Rúa San Roque nº 6Bis). TEL: 981-576142-981580506
 
ORDE DO DÍA(aberto coma sempre a que se poida achegar outros puntos que consideredes axeitados):
 
1.   Aprobación da Acta da Xuntanza Anterior
2.    En Defensa dos Dereitos das Persoas Migrantes: Actividades desenvolvidas e as que están previstas desenvolver no marco da Rede Galega en Defensa da Sáude, que conformamos con Médicos do Mundo, Amnistia Internacional, Plataforma SOS Sanidade Pública e Asociación Galega de Medicina Familiar.  Pendente Xuntanza e Presentación do Informe de Vulneracións ao Valedor do Pobo. Outras actuacións no  campo da defensa dos dereitos das persoas migrantes.
3.   En Defensa dos Dereitos das Persoas Migrantes:   Avaliación da Asemblea/ Encontro Final de Curso do Foro Galego (Lugo, 13 de Xuño)   e do   Acto 15 de Xuño  en Compostela no día da Campaña contra o Peche dos CIEs.
4.   Documento Inicial de Propostas do Foro Galego de Inmigración aos novos Concellos. Solicitude de Xuntanza co Alcalde de Compostela.
5.   Propostas de actuación para tentar reartellar o grupo de mulleres migrantes que se xuntan no CTC a partir de setembro.
6.   Información de actuacións e actividades das entidades e colectivos participantes no Foro.
7.   Preguntas e Suxestións.
Anuncios

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN CONVOCATORIA DE PRENSA

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
CONVOCATORIA  DE PRENSA
 15 J “ DERRIBANDO FRONTEIRAS”. Campaña contra os CIES
 
O  Foro Galego da Inmigración convoca unha Rolda de Prensa informativa o Luns día 15 de Xuño ás 11:30 h  diante da  Comisaria da Policia Nacional (Praza Rodrigo de Padrón) de Santiago de Compostela  para presentar o Manifesto Derribando Fronteiras, enmarcado na Celebración Estatal do Día contra os CIES, que tamén celebrará diferentes actos noutras cidades de Galicia ao longo desta semana.
Este día estatal, polo peche dos Centros de Internamento de Estranxeir@s, denuncia  ademáis un conxunto de agresións que sufren as persoas migrantes, especialmente ás que se atopan en situación de irregularidade administrativa, no referente aos seus dereitos fundamentais no conxunto do Estado e tamén en Galicia. 
Así Derribando Fronteiras,  pretende chamar a atención sobre as diferentes fronteiras que sufren ás persoas migrantes en Galicia e no Conxunto do Estado: ás físicas das vallas, cies ou deportacións; e tamén as menos visibeis, dos recurtes e limitacións de dereitos que sufre este colectivo en Galicia (prestacións e axudas sociais, atención sanitaria, persecución policial, ou explotación laboral).
 
De feito, Presentaremos na Rolda de Prensa, tamén,  exemplos concretos destas vulneracións graves de dereitos que acontecen no noso País.
 
Para máis información: Miguel Fernández (662-307019)
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142