FORO DE INMIGRACIÓN (SÓ SANTIAGO)

FORO DE INMIGRACIÓN
 
(SÓ ASOCIACIÓNS DA ZONA DE  SANTIAGO)
 
CONVOCATORIA DE XUNTANZA ORDINARIA PARA O MÉRCORES  DÍA 3 DE XUÑO  ÁS 20:30 H NO CENTRO TRABALLO E  CULTURA (Rúa San Roque nº 6Bis). TEL: 981-576142-981580506
 
ORDE DO DÍA(aberto coma sempre a que se poida achegar outros puntos que consideredes axeitados):
 
1.- Aprobación da Acta da Xuntanza Anterior
 
2.- En Defensa dos Dereitos das Persoas Migrantes: Actividades desenvolvidas e as que están previstas desenvolver no marco da Rede Galega en Defensa da Sáude, que conformamos con Médicos do Mundo, Amnistia Internacional, Plataforma SOS Sanidade Pública e Asociación Galega de Medicina Familiar. Pendente Xuntanza e Presentación do Informe de Vulneracións ao Valedor do Pobo. Outras actuacións no  campo da defensa dos dereitos das persoas migrantes.
 
3.- En Defensa dos Dereitos das Persoas Migrantes:  Asemblea/ Encontro Final de Curso do Foro Galego (Lugo, 13 de Xuño)  Información dos acordos da Xuntanza do Foro Galego do 23 de maio.  Acto 15 de Xuño  en Compostela no día da Campaña contra o Peche dos CIEs.
 
4.-Información  sobre o Encontro de Mulleres do 9 de Maio, e  Preparación do novo Encontro acordado para  sábado día 6 de xuño no CTC, con temática relacionada coa  busca de emprego.
 
5.- Información de actuacións e actividades das entidades e colectivos participantes no Foro.
 
6.- Preguntas e Suxestións.
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142

CONVOCATORIA: FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
 
Santiago, 11 de Maio de 2015.
 
Ola  Compañeiros e Compañeiras, tal e como quedamos, convocamos    XUNTANZA DO FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN para o sábado día  23 de Maio    ás 11:00 h en Santiago no Centro Social de Fontiñas(Rúa Berlín nº 16  preto da Estacion de Autobuses e de Área Central, o  lugar habitual) Para rematar sobre ás 13:00 h.
A   Proposta de orde do día sería (con posibilidade, coma sempre, de incorporar calquer outro tema) :
 
1.- Información sobre diversas actuacións realizadas en relación con actuacións discriminatorias cara ao colectivo inmigrante.  Rede Galega en Defensa da Saúde e outras actuacións en A Coruña e Ferrol. Información sobre o Encontro Estatal da Campaña CIES NON  celebrado en Madrid (8-10 de maio)
 
2.- Preparación da Asemblea/ Encontro Final de Curso do Foro Galego(Lugo, 13 de Xuño) e dos Actos que acordamos realizar o 15 de Xuño para facer denuncia pública no marco da Campaña CIES NON.
 
3.- Informacións, preguntas, suxestións, propostas, etc.
 
AGRADECEMOS QUE CONFIRMEDES A VOSA PARTICIPACIÓN NA XUNTANZA.
 
Para calquer dúbida ou aclaración contactar con Miguel ou Rocío(981-580506/ 662307019)
 

«Traxedías no Mediterráneo» Acto 9 de maio

cartel-racismo

 

 STOP MORTES NO MEDITERRÁNEO!
Sábado 9 de mayo no Paseo Marítmo – A CORUÑA 
O acto consistirá nunha performance alusiva aos milleiros de persoas que, fuxindo dos conflitos, da persecución ou da pobreza, perderon a súa vida no Mediterráneo. 
 
No primeiro cuadrimestre deste ano 2015, a cifra de mortos multiplicouse por cen en comparación co ano 2014. 
 
Nembargantes, os políticos europeos miran para outro lado. A pesares dos chamamentos internacionais, os Estados europeos decidiron poñer máis recursos, pero non para salvar vidas senón para protexer as súas fronteiras.
 
E mentres as persoas morren.
 
¿Ata cándo?. ¿Cántas persoas máis deben morrer para que os gobernos europeos entendan que deben antepor a protección das persoas?
 
– Os organizadores aconsellan aos que desexen participar no acto que vaian completamente vestidos con roupa negra e que se dirixan o sábado ás 12,30 horas a calquera dos dous puntos de encontro fixados: a fonte dos surfistas ou a beira do Playa Club de Riazor. Dende ámbolos  dous puntos marcharán en fila polo paseo marítimo ata adentrarse na praia, na que terá lugar a performance.
 
Convocatoria abierta: 
  • África Universal, Amnistía Internacional, Asociación Veciñal da Agra do Orzán AGRA, Comunidade Cristiana Vangarda Obreira, Domu África, Foro Galego de Inmigración, Fronte Cívica, La Paz, Médicos do Mundo, Mundo sen Guerras e sen Violencia, ONG Viraventos, SOS Racismo Galicia
 
«S.O.S. dereitos das persoas migrantes 
en grave perigo!»
 porque non estou de acordo con:
A exclusión sanitaria, | as redadas racistas, | o acoso policial, | a explotación laboral das empregadas domésticas, | os recortes en servizos sociais eos Centros de Internamiento de Estranxeiros