FORO DE INMIGRACIÓN (SÓ ASOCIACIÓNS DE SANTIAGO)

(SÓ ASOCIACIÓNS DA ZONA DE  SANTIAGO)

CONVOCATORIA DE XUNTANZA ORDINARIA PARA O MÉRCORES DÍA 7 DE xullo    ÁS 20:30 H NO CTC (SAN ROQUE Nº6 BIS). TEL: 981-576142-981580506

ORDE DO DÍA (Podemos incluir calquera outra cuestión que consideredes importante)

1.- Aprobación da acta da xuntanza anterior.

2.- Información sobre diversas actuacións realizadas en relación con actuacións discriminatorias cara o colectivo inmigrante. Avaliación do primeiro servizo de asesoramento en temas de estranxiería  desenvolvido o sábado día 26 de Xuño no local de Gondwana.  Proposta de Temas e datas para despois do verán

3.-   V Asemblea Galega de Inmigración e Emigración de Retorno. Xuntanza de Dinamizador@s do 10 de xullo.

4- Nova liña de traballo da administración autonómica en relación cos temas de inmigración.  Valoración da situación no momento actual e concreción de actuacións cara a setembro

5.- Campañas educativas. Informe final de curso  da Comisión Educativa. Outras actuacións e intervencións de persoas do Foro en diferentes actividades.

6.- Contactos e traballo en rede:  Foro Social Galego . Foro Mundial da Educación 2010 (presentación da proposta inicial remitida á organización)

7.-  Información de Actividades das Asociacións e Entidades do Foro.

8.- Preguntas e Suxestións.

Concentración o venres no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago

Plataforma en defensa do sistema

público galego de servizos sociais

      defensa.servizossociais.publicos@gmail.com

             Santiago  Tfne: 662307019 / 686506858

Boa tarde, compañeiras e compañeiros:

Na Asamblea da Plataforma do Sistema Publico dos Servizos Sociais que tivemos o pasado día 17 en Santiago de Compostela acordouse facer un acto de denuncia do desmantelamento do Sistema Público Galego de Servizos Sociais que se está a levar a cabo dende o Goberno da Xunta, coincidindo coa asemblea de disolución do Consorcio Galego prevista para o vindeiro venres, día 2 de xullo ás 12 horas no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago.

Por este motivo, dende a Comisión de Coordinación, facemos un chamamento para que tódalas entidades e persoas que poidades participedes o vindeiro venres día 2 de xullo ás 11,30 horas na concentración da Plataforma en Defensa do Sistema Público de Servizos Sociais no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago, como acto de denuncia ante o desmantelamento do Sistema Público Galego de Servizos Sociais que está a levar a cabo o actual Goberno da Xunta.

Difundide esta convocatoria o máximo posible para poder dar unha resposta forte, tal como se merecen os acontecementos.

Comisión de Coordinación

ADR PRODER II COMARCA DE PONTEVEDRA: Boletín de Emprego nº 16

Adxuntamos Boletín de Emprego nº 16 PONTEemprego 

Se ten algun problema coa recepción do mesmo, pode consultalo na nosa páxina www.proxectoiles. es, na pestana de «descargas»

Un saudo 

Proxecto ILES IV


Hotmail: Correio electrónico fidedigno com a poderosa protecção anti-SPAM da Microsoft. Inscreva-se já.

__._,_.___

Archivos adjuntos de =?iso-8859-1?B?TGF1cmEgQnVnYWxobyBT4W5jaGV6?=

Archivo 1 de 1

Boletin_PONTEemprego_n_16_23-06-2010.pdf

Organizacions galegas promoven unha semana de solidareidade con Honduras

“Honduras: un ano do golpe, un ano de resistencia popular»

 Entre as actividades programadas destacan as proxeccións do documental “QUIEN DIJO MIEDO. Honduras de un golpe” en Ferrol, Compostela e Coruña
 
21.06.2010. O próximo luns 28 de xuño cúmprese un ano do secuestro á institucionalidade democrática e a vontade popular en Honduras. Co dito motivo diferentes organizacións sociais galegas poñen en marcha unha Semana de Solidariedade coa Resistencia Hondureña.
 
O obxectivo principal é recordar que a represión e persecución de persoas vinculadas a movementos sociais e que a vulneración de dereitos humanos e civís en Honduras seguen vixentes a día de hoxe, pese ao aparente verniz democrático que luce o actual goberno de Porfírio Lobo. 
 
De feito, na súa segunda visita in loco en maio deste ano a Comisión Interamericana de Dereitos Humanos (CIDH) constatou que as violacións seguen producíndose na actualidade. Pola súa banda, as organizacións de dereitos humanos de Honduras reportan un total de 8 xornalistas asasinados e máis de 700 violacións de dereitos humanos que van dende ameazas, atentados, secuestros, violacións e ataques contra medios de comunicación independentes.
 
Para chamar a atención sobre esa situación de socavamento de dereitos, máis tamén sobre o proceso de mobilización popular fronte ao golpe e aos seus herdeiros políticos, e da súa loita camiño á convocatoria dunha Asemblea Nacional Constituínte que sirva de marco ao proceso de refundación nacional, os colectivos ACSUR- Las Segovias, AMARANTE Setem, CEDEC, Cosal, Coordinadora de Crentes Galegos, Fuco Buxán Asociación Cultural e Whipala organizan diferentes actividades de apoio e solidariedade coa poboación hondureña en resistencia.
 
Estas actividades pivotarán sobre a proxección en diferentes localidade do documental “QUIÉN DIJO MIEDO. Honduras de un golpe” da directora e guionista Kátia Lara, estreado a pasada semana en cidades como Buenos Aires, La Paz, Managua e Hamburgo. As proxeccións estarán acompañadas dun coloquio dirixidos por compañeiras hondureñas residentes en Galiza e terán lugar en:
 

Ferrol. 24 de Xuño. 19:30hs. Galería Sargadelos.Rúa Rubalcava, 30-32.

 
Compostela. 28 de Xuño. 19.00hs. Libraría Cruceiro. Praza de Cervantes, 6.
 
Coruña. 28 de Xuño. 19:30hs. Galería Sargadelos. Rúa Real, 56.
 

Asemade ás proxeccións, os colectivos convocantes teñen previsto enviar unha carta conxunta ao Parlamento galego esixindo o non recoñecemento do goberno de Porfírio Lobo e o restablecemento das relacións de cooperación de forma subordinada á depuración das institucións públicas hondureñas. Entre as demandas tamén está a ratificación do Frente Nacional de Resistencia Popular -que agrupa a diferentes movementos sociais hondureños- como un interlocutor indispensable para o pleno restablecemento da democracia e a reconstrucción institucional do país. 

AREA DE COOPERACION E SOLIDARIEDADE entre os pobos
AMARANTE Setem 
 
 

Asociación Galega AMARANTE Setem

Romero Donallo, 17
15706 COMPOSTELA
Telefax 881 978 705

http://www.amarantesetem.org

Apertura nuevas oficinas ONGD ConTacto Noia!!!

                   Como es de su conocimiento ONGD ConTacto, “Asesoría al inmigrante y su Integración”, lleva un año trabajando en la Comarca del Barbanza y dada la situación que presenta el colectivo inmigrante en Noia  respecto a la necesidad de asesoría jurídica, laboral, sanitaria y asistencial, nos es imprescindible establecer un punto de información más cercano al  inmigrante, especialmente con el colectivo senegalés y peruano, entre otros.

Por todo lo anterior, nos es muy grato comunicarle que, gracias a la congregación de Padres Franciscanos, quienes nos han cedido un espacio, hoy se hace posible abrir una oficina en Noia, que ofrecerá atención dos días a la semana.

La inauguración de nuestras oficinas, se realizará el día viernes 25 de junio a las 19:00 hrs. en Rosalía de Castro s/n. (bajo Franciscanos) entrada posterior edificio de los Padres Franciscanos, Noia.

Para nosotros es muy importante hacerles participe de esta formidable noticia y contar con vuestra presencia,

Se despide  atentamente,
   Joanna Beltran (Directora)  y   Mauricio Peña E.(RR.PP)

Xuntanza Informativa para personas inmigrantes

 

 

Reunión INFORMATIVA para

personas inmigrantes

Temas:

¨ Ofertas de trabajo para obtener autorizaciones

¨ Renovación de autorizaciones de trabajo e residencia

¨ Otras autorizaciones de residencia y estancia que permiten trabajar: comunitaria, estudios

¨ Arraigos sociales y laborales

¨ Derechos laborales básicos: alta en SS, contratos, bajas    laborales, indemnizaciones, derechos a prestación por       desempleo, etc 

¨ Régimen especial de empleo de hogar en la  Seguridad Social

Sábado  26 de junio

A las 17:30 hs

eN  LA SEDE DE LA Asociación Gondwana

Rúa Rosalía de Castro  nº 98-1º en Santiago

 

CONTAREMOS CON LA PARTICIPACIÓN DEL ABOGADO CARLOS VILLAR  PARA INFORMARNOS Y ACLARAR DUDAS SOBRE ESOS TEMAS.

 

ENVIAMOS CARTELES PARA LA DIFUSIÓN DE LA ACTIVIDAD…

 

 Participa: 

FORO DE INMIGRACION

ESCULCA

UNIVERSIDADE INVISIBEL

 

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142

http://www.forogi.wordpress.com

TE INVITAMOS PARA ESTE SABADO

Estimados socios/as y amigos/as, este sábado 19 de junio a partir de las 20:00 horas celebraremos en la asociación, un nuevo aniversario del nacimiento de nuestro Prócer José Gervasio Artigas, también siguiendo la tradición uruguaya celebraremos el día del abuelo y lo haremos con empanadas, refresco , una copa de vino  etc.  Además jugaremos unos cuantos bingos.

Como siempre estaremos encantados de recibirte y nuevamente contamos con tu colaboración para que hagas llegar esta noticia a todos los posibles interesados.

El próximo miércoles 23 de junio a partir de las 20:00 horas como es tradicional en nuestra asociación haremos una sardiñada y churrascada, te esperamos

El martes 29 de junio tendremos en la asociación ÑOQUIS, estaremos abierto al medio día de 14:00 hs a 16:00 horas y por la noche a partir de las 20:00 horas.

 

El jueves 24 de junio a partir de las 19:30 hs como todos los últimos jueves de mes tramitaremos la fe de vidas.

Una vez más invitamos a todos/as a participar en las actividades.

Un cordial saludo.

Asociación de uruguayos y gallegos retornados del Uruguay«25 de Agosto» de A Coruña (España)   Plaza del Comercio nº3   Bajo. C.P.15010 A Coruña-Galicia (España)   Telf. (+34)696371135  –  –  (+34)685969413   rodelu25deagosto@yahoo.es

Actividad ASESER TERANGA

El viernes 11 de Junio se celebrará en el Local Social de Los Mallos, la I Slam de Poesía Mestiza, que dará cabida a numerosas voces poéticas y artísticas, en un acto que tiene prevista una duración de tres horas, desde las 18 hasta las 21 horas.

La Slam de Poesía Mestiza, organizada principalmente por el artista y mediador cultural senegalés, Diao Mohamadou (Técnico y Coordinador de Aseser-Teranga y Diao-Mediación), tiene como principal objetivo el promover un día para la “vivencia plena y comunitaria” de la actividad poética en cualquiera de sus dimensiones. Para ello están previstos distintos actos: recitado de poemas, improvisación, teatro, proyección de fotos, música, dj’s.

Para el acto han confirmado su asistencia y colaboración diferentes artistas provenientes de diversos puntos de la geografía nacional e internacional. Se pretende con ello “deslocalizar” ideológicamente el acto y centrarlo en el “mestizaje cultural”, como gran referente de toda la celebración. Para ello, se podrán escuchar composiciones en diferentes lenguas (inglés, gallego, español, francés, wolof, etc.). Además de los artistas confirmados, se deja abierto el espacio para la participación espontánea de todos los asistentes que, ese día, se sientan de pronto motivados a expresar algo de una manera creativa.

El acto tiene asimismo la intención de poder favorecer la congregación, en un único día, de otros grupos que se dediquen a fomentar el pensamiento, la poesía y las artes dentro de la vida cultural de la ciudad de A Coruña. En este sentido, por ejemplo, varios poetas que participan cada miércoles en los recitales organizados en el Café La Madame de la Ciudad Vieja , han mostrado ya sus ganas de colaborar en la Slam poética.         

Más información: Contactar con Aseser-Teranga: 617702521 – 981016283 diaomediateur@hotmail.es   

Acordo do Foro de Inmigración: Suxestión Importante

Acordo do Foro de Inmigración: Suxestión Importante

O Foro de Inmigración na xuntanza ordinaria mantida o mércores día 2 de Xuño en Santiago de Compostela en relación coa actual política de inmigración da Xunta de Galicia, ACORDOU  facer a seguinte Proposta en forma de Suxestión as entidades e asociacións integrantes no Foro Galego de Inmigración:

Coñecido o posicionamento contrario do Foro, despois de diferentes análises en diversas xuntanzas e mesmo recollido na Declaración da Asemblea de Ferrol do domingo 30 de Maio, ao proceso aberto pola Xunta de conformar de forma pouco democrática e apresurada uns grupos de traballo con asociacións e entidades en temas de Mediación e Formación, entendemos que coa única finalidade de  lexitimar actuacións que teñen decidido previamente. Política que  foi denunciada públicamente nunha Rolda de Prensa do Foro  o 14 de Abril,

SUXIRE:

Que as asociacións de inmigrantes e entidades/asociacións que prestan servizos a este colectivo que forman parte do Foro Galego de Inmigración, renuncien a participar nos citados grupos de asesoramento e fagan pública  e formal á renuncia a participar nos mesmos, para non seguir lexitimando a actuación da Xunta de Galicia nestes ámbitos.

    *Tratáse dunha mera suxestión para provocar á reflexión e o debate. Agradeceríamos ir coñecendo os posicionamentos das asociacións e entidades directamente implicadas e do conxunto das asociacións e entidades que forman parte deste Foro.

Participa no Foro Mundial de Educación, Galicia 2010

 


Estimados amigos e amigas,

Dende o Comité Organizador do Foro 2010 en Galicia, invitamos a ONG, movementos, institucións, centros de ensino formal e non formal, redes, cidadáns e cidadás, e todos aqueles e aquelas que loitan por un outro mundo posíbel, a participar nos eventos programados para decembro, e especialmente no Foro Mundial de Educación, Investigación e Cultura de Paz (FME), evento que terá lugar por primeira vez en Europa. O prazo para presentar propostas de actividades autoxestionadas para o FME remata o 30 de xuño.

O Foro 2010, que se desenvolverá durante todo o mes de Decembro deste ano en Santiago de Compostela -no remate do Ano Xacobeo-, será un moi relevante contedor cultural a nivel mundial que xira en torno á Cultura de Paz. Confluirán tres grandes congresos internacionais (Información e Dereitos Humanos, Días 7 e 8; Dereito Humano á Paz, 9 e 10; Memoria da Guerra, Reconciliación e Cultura de Paz, 14 e 15), cun Foro Mundial de Educación, Investigación e Cultura de Paz (FME), dos días 10 a 13, adscrito ó Foro Social Mundial (FSM), por primeira vez en Europa, e cunha Reunión de Alto Nivel da Alianza de Civilizacións coa Comisión de Premios Nobel da Paz e os Coordinadores do Decenio (2001-2010) das Nacións Unidas, entre os días 4 e 6 de Decembro, sobre unha cultura de paz e non violencia para todalas nenas e nenos do mundo.

DOCUMENTOS ADXUNTOS
Achegamos 4 documentos relevantes sobre o Foro 2010 e o Foro Mundial de Educación:
01. Carta de presentación e convite para o Foro 2010
02. Cartaz-esquema cos eventos do Foro 2010
03. Volantiña explicativa sobre que é o Foro 2010
04. Guía práctica para participar no Foro Mundial de Educación

Apertas
Comité Organizador do Foro 2010

SECRETARÍA XERAL DO FORO 2010
Rúa do Valiño, 13-1º
15703 Santiago de Compostela
Teléfonos: 981 554 053 e 981 561 956
http://www.foro2010.org | paz@sgep.org

INFORMACIÓN FORO MUNDIAL DE EDUCACIÓN, INVESTIGACIÓN E CULTURA DE PAZ: info@foro2010.org (TEL. 686021933, Manoel Santos)
CONGRESO INFORMACIÓN E DEREITOS HUMANOS: abarrero@fund-culturadepaz.org
CONGRESO DEREITO HUMANO Á PAZ: david.fernandez-puyana@orange.fr
CONGRESO MEMORIA DA GUERRA, RECONCILIACIÓN E CULTURA DE PAZ: memoriaguerracivil@usc.es

O Foro Galego de Inmigración condena o ataque do Exército israelí a «Flota da Liberdade»

A Flota humanitaria dirixíase a Franxa de Gaza con máis de 10.000 toneladas de axuda humanitaria.

Na madrugada do domingo 30 ao luns 31  foi atacada por soldados do Exército de Israel en augas internacionais unha flota de seis barcos cargados de axuda humanitaria e activistas prol dereitos humanos que se dirixían á Franxa de Gaza. As últimas informacións falan de 16 mortes e ao redor de 60 persoas feridas.
A Flota da Liberdade estaba organizada pola fundación humanitaria turca IHH (Insani Yardim Vakfi), a Campaña Europea para Acabar o Asedio de Gaza (ECESG), a campaña grega e a sueca ‘Barco a Gaza’ e o Free Gaza Movement. Tratábase da maior acción coordenada realizada ata o momento para intentar romper o bloqueo marítimo de Gaza.
Cerca de 750 persoas de diferentes relixións e nacionalidades integraban esta iniciativa solidaria, entre elas máis de vinte parlamentarios europeos, unha ex congresista estadounidense, un premio Nobel da Paz e un sobrevivente do Holocausto. Entre elas atopábanse dous activistas e un xornalista españois.

Dende o Foro Galego de Inmigración amosamos a nosa máis enérxica repulsa a este novo ataque aos dereitos humanos e a solidariedade entre os pobos por parte do Estado israelí. Denunciamos a impunidade co que se se ten perpetrado reiterados ataques ao pobo palestino, conformando un verdadeiro terrorismo de Estado, coa conivencia dos gobernos occidentais.  
Esiximos unha resposta contundente de rexeitamento dos feitos por parte do goberno español e da Unión Europea, unha reorientación das relacións diplomáticas co Estado israelí ante a súa actitude de sistemática vulneración da lexislación internacional e dos dereitos humanos, e a posta en marcha de medidas dirixidas a restituír a legalidade e ao cese da ocupación dos territorios palestinos.

Nestes momentos diferentes organizacións e partidos políticos chaman á mobilización en diferentes cidades palestinas e por todo o mundo. Na Galiza xa están confirmadas as seguintes convocatorias para hoxe   1º de Xunio, ás 20:30 horas concentracións de protesta en:

 

A CORUÑA: No Obelisco.

 

SANTIAGO DE COMPOSTELA: Praza do Toural.

FERROL: Diante do edificio da Xunta de Galicia.

PONTEVEDRA: Praza da Peregrina.

 

VIGO: Dianto do MARCO.

 

 

Para mais información: Miguel Fernández, voceiro de Foro de inmigración (662 30 70 19 )