Semana Loita Fronteiras: información pra comenzar a difundir

A Lei de Estranxeiría mata!

VI Semana de Loita contra as Fronteiras – 1 a 3 de febreiro

Desde o Foro Galego da Inmigración, Raias Traveseiras, ODS-Coia, Grupo de Axitación Social (GAS) e outros coletivos aínda por confirmar, estamos a ultimar os detalles da VI Semana de Loita contra as Fronteiras.

Dado que o ano pasado por razóns de axenda non puidemos celebrar os actos destas xornadas que botaron a andar por primeira vez no 2013, decidimos arrancar febreiro denunciando o racismo e a violencia institucional contra as persoas migrantes que supón a Lei de Estranxeiría. Unha lexislación que criminaliza, exclúe, invisibiliza, violenta e, en útima instancia, mata. Tal e como denunciaba o ano pasado o Sindicato de Manteros y Lateros de Madrid coa morte de Mame Mbaye despois de ser perseguido pola policia. Facíao ao cabo de 12 anos en territorio español sin conseguir regularizar a súa situación administrativa.

Para afondar no impacto da Lei de Estranxeiría sobre os dereitos e liberdade das persoas migrantes, e en xeral para a sociedade, contaremos coa presenza de Sani Ladan (Camerún-Sevilla) e Florencia Brizuela (Arxentina-Barcelona).

Sani Ladan é Mediador Intercultural, especialista en migracións e estudante de Relacións Internacionais na Universidade Loyola Andalucía. É activista polos dereitos humanos e integrante da Asociación Elín (Ceuta).

Florencia Bruizuela é abogada, Máster en Cidadanía e DDHH, Doutora en Dereito e Ciencias Políticas pola Universidade de Barcelona. É activista e traballa con temáticas como os feminismos contrahexemónicos, interculturalidade e interseccionalidade, empregando entre outras ferramentas o Teatro das Oprimidas. É co-autora do libro “Descentrar la mirada para ampliar la visión. Reflexiones en torno a los movimientos sociales desde una perspectiva feminista y antirracista” publicado o ano pasado pola Editorial Descontrol.

Nos próximos días daremos a coñecer a programación completa con actividades que se celebrarán en Compostela, Vigo e Coruña, así como o e o cartaz das xornadas.

XORNADAS RISGA “Para que a Risga sexa un verdadeiro dereito”

RISGA cartel

Ola  Compañeiros e Compañeiras,  recordamos que a   XUNTANZA DO FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN fixémola coincidir cunha Xornada de Traballo sobre a RISGA: “Para que a Risga sexa un verdadeiro dereito”  que imos celebrar  o sábado día  17  de marzo do 2018  no Centro Social de Fontiñas (Rúa Berlín nº 13) en Santiago de Compostele  entre ás 11:00 h e ás 14:00 h.

A XORNADA  á que convidamos a moitas entidades e colectivos sociais relacionados co tema de Galicia,  pretende artellar alternativas conxuntas para transformar a proposta de decreto da Xunta. Xa temos confirmada a participación importantes entidades sociais de Galicia, polo que é importante a participación de todas e todos.

Recollemos a continuación o texto da Convocatoria da Xornada e xuntamos tamén o cartaz difusor da mesma:

“XORNADA DE TRABALLO SOBRE O DECRETO DA RISGA

A poucos días de rematar o 2017 publicóuse o decreto que desenvolve a aplicación da Renda de Inserción Social de Galicia (RISGA) con un escasa marxe para presentar alegacións ou coordinar accións por parte dos colectivos e organizacións que traballamos no eido dos dereitos sociais.

Malia iso, pensamos que quedan uns meses ata a aprobación do decreto e que as actuacións  incluidas no mesmo, debido a repercusión negativa que ha ter sobre a vida de personas en situación  de vulnerabilidade, xustifican a coordinación do tecido asociativo comprometido coa xustiza social.

Para poñer en comúns as análises e alegacións realizadas e elaborar propostas concretas de incidencia política e social o Foro Galego da Inmigración CONVÍDAVOS a unha xornada de traballo o sábado 17 de marzo, en horario de de 11 a 14hs no CSC de Fontiñas en Compostela.

Entre os obxectivos da xuntanza estaría:

– coñecer o traballo de análise e alegacións ao decreto que fixemos en cada colectivos

– tratar de chegar a un consenso sobre os puntos que debería incorporar o decreto

– elaborar unha declaración conxunta para tratar de incidir no debate público e no proceso de aprobación do decreto

– outras accións de incidencia que consideremos oportunas

Foro Galego da Inmigración”

 AGRADECEMOS QUE CONFIRMEDES A VOSA PARTICIPACIÓN NA XUNTANZA.

 Para calquer dúbida ou aclaración contactarcon Miguel/Rocío (981-580506/ 662307019)

Email:foroinmigracionsantiago@yahoo.es.

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142

Refuxiad@s. Respostas Solidarias

Esta semana, o 26 de febreiro, cúmprense dous anos do tratado EU-Turquía en materia de refuxiados. Un tratado que vulnera os Dereitos Humanos.

A Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas organiza as XornadasRefuxiados, Respostas Solidarias, para buscar alternativas viables de refuxio no noso país. 
Imos contar coa presenza en Galicia de Ernesto G. Maleno, de Caminando Fronteras, fillo de Helena Maleno, activista á espera de xuízo en Marrocos e con Alessandro Forino, das Redes Solidarias de Acogida de Madrid. Tamén con persoas sirias que chegaron a Galicia escapando da guerra e de voluntarias galegas nos campos de refuxiados de Grecia.
ACTOS EN VIGO
MÉRCORES 21.  18h  Mesa redonda na casa da cultura, na Praza Princesa 2
SÁBADO 24 18h..… Manifestación da farola de Urzáiz 
ACTOS EN SANTIAGO
XOVES 22   
12h. Encontro con Ernesto G. Maleno e Alessandro Forina na Facultade de Políticas
 20h. Mesa redonda na Facultade de Filosofía 
 21 h ACTO en memoria das víctimas, na praza de Mazarelos
DOMINGO 25
12h. Concentración na praza do Toural
ACTOS EN A CORUÑA
VENRES 23  
18h  Mesa redonda na sala cúbica do Edif. da Normal
19:30  Proxección do documental e coloquio
       Tarajal. Desmontando la impunidad en la frontera Sur
DOMINGO 25 
12h. Concentración na praza do obelisco
ACTOS EN FERROL
SÁBADO 24   11h. Mesa redonda no local da Asoc. de veciños El Muelle
Asistide e difundide. Temos que facer valer os Dereitos Humanos buscando respostas posibles na nosa terra a este drama humanitario.
Van adxuntos os cartaces dos actos nas diferentes vilas
Cartel Coruña
Cartel Stgo
Cartel Vigo

FORO DE INMIGRACIÓN (SÓ SANTIAGO)

CARTEL ACTIVIDADES - FESTIVAL2

FORO DE INMIGRACIÓN
(SÓ ASOCIACIÓNS DA ZONA DE  SANTIAGO)
CONVOCATORIA DE XUNTANZA ORDINARIA PARA O MÉRCORES  DÍA 6 DE SETEMBRO  ÁS 20:30 H NO CENTRO TRABALLO E CULTURA (Rúa San Roque nº 6Bis). TEL: 981-576142-981580506
ORDE DO DÍA (aberto coma sempre a que se poida achegar outros puntos que consideredes axeitados):
 
1.- En Defensa dos Dereitos das Persoas Migrantes: Actividades desenvolvidas e que temos previstos desenvolver no marco da Rede Galega en Defensa da Sáude.Actividades no marco da Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas. Reclamación pola exclusión de acceso do alumnado inmigrante en situación de irregularidade administrativa ás axudas de libros e material escolar.
 
2.-FESTIVAL INTERCULTURAL 10 DE SETEMBRO-ALAMEDA DE COMPOSTELA (ver cartel)
3.- Propostas do Equipo de Comunicación para o curso 2017/2018.
 
4.- Propostas de liñas de traballo para  Foro Galego (xuntanza do 16 de setembro) para o curso 2017/2018
 
5.- Información de actuacións e actividades das entidades e colectivos participantes no Foro.
 
6.- Preguntas e Suxestións.
INFORMACIÓN:  O FESTIVAL INTERCULTURAL terá lugar o domingo 10 de setembro na Alameda de Santiago en horario de 13 a 20 hs. as caracteristicas son similares as do festival do 2016. Podran participar 6 grupos para a elaboración das comidas tipicas e degustación gratiuta (de 14 a 16hs aprox) e a partir das 16 hs haberán actuacións musicais, poesia e danzas. 
A dia de hoxe ainda non están confirmadas todas as actividades,… animaros a participar.  Cualquier dúbida poneros en contacto con Rocío (600876480) ou Nidia (696 319343).
 
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142

Conversatorio “Achegármonos. Compartir experiencias migratorias, construír comunidade”

convite 
Convidámoste a participar nun espazo de partilla sobre as nosas experiencias, expectativas, desexos, necesidades e soños.
Para fortalecer os nosos proxectos de vida, coñecer os nosos dereitos, poder participar máis e mellor e crear vínculos de apoio.
Será no conversatorio “Achegármonos. Compartir experiencias migratorias, construír comunidade”.
Pensado como un espazo seguro, cómodo e coidado para partillarmos persoas daquí, dalí e dacolá. E ir forxando a malla solidaria e activa que precisamos.
Cando: Martes 20 de xuño ás 17hs
Onde: Centro de Traballo e Cultura/CTC
                 R/ San Roque, 6 bis
Facilitan: Leticia Castro e Mari Fidalgo
                 Raias Traveseiras
Para mellor organizar a sesión, pregámosche confirmar asistencia no 686 225 762 ou raias.travesseiras@riseup.net
Axuntamos cartaz e contidos.
Esta actividade está inserida no Programa Compostela Convive: accións destinadas á inserción sociolaboral e promoción da interculturalidade, financiado pola Concellaría de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde do Concello de Santiago.

Mari Fidalgo

"É possível destruir a casa do amo com as armas do amo?"
Audre Lorde CONTIDOS CONVERSATORIO

Rachemos coas Fronteiras. Encontro con Djibril Fayé.

O próximo mércores 26 de abril , ás 20h, no Local da Asociación Veciñal  A Xuntanza, do Barrio de San Pedro,(Corredoira das Fraguas nº 37 Baixo) en Santiago de Compostela  vai ter lugar un Encontro con Djibril Fayé, inmigrante senegalés que chegou hai 10 anos ao noso país. Djibril falaranos da súa experiencia persoal de fuxida do seu país, Senegal, e acollida en Galicia, onde colabora na ONGd Ecos do Sur, (www.ecosdosur.org) unha Organización  que se dedica á cooperación e integración de persoas migrantes. O Encontro está organizado pola Rede en Apoio ás Persoas Refuxiadas de Compostela, e conta co apoio da Asoc. Veciñal A Xuntanza do Barrio de San Pedro.
 
Esperamos contar coa vosa presenza para ir derrubando barreiras e prexuízos nas cuestións de migración, asilo e refuxio.

0001

14 a 17 Decembro Semana de Loita Contra as Fronteiras “Ningunha persoa sen dereitos!”

O Foro Galego da Inmigración aborda as fronteiras no acceso a prestacións e dereitos sociais, informando e sometendo a análise as recen implantadas rendas municipais. Convocan a unha manifestación contra as fronteiras e as políticas migratorias o sábado 17 as 12hs na Praza do Toural.

Cada ano ano adicamos os días próximos ao 18 de Decembro, Día Internacional das Migracións, para denunciar o carácter represivo e criminalizador das políticas migratorias.

Nesas datas non só amosamos as vulneracións de dereitos na fronteira sur, senón que tratamos de visibilizar aqueles dispositivos de control e exclusión das persoas migrantes que se levan a cabo moi preto de nós, nas mesmas vilas e cidades que habitamos.

En anteriores edicións abordamos a realidade dos Centros de Internamento de Estranxeiros, a exclusión sanitaria que supuxo o Real Decreto 16/2012 ou a existencia dos voos de deportación cos que se veñen lucrando as empresas aéreas.

Desta volta, escollemos examinar un dispositivo moito máis sofisticado e invisíbel como son as fronteiras institucionais que impiden o acceso a dereitos básicos, catapultando as persoas migrantes a situacións de vulnerabilidade e exclusión.

Con bastante frecuencia vimos denunciando as trabas que se dan no ámbito da educación e da atención sanitaria. A súa vez, no eido laboral temos un brutal exemplo de fronteira institucional-administrativa representado na situación das traballadoras do fogar, maioritariamente mulleres migradas, sometidas a condicións de explotación e discriminación no acceso a dereitos tan elementais como a prestación por desemprego.

No entanto hai outra dimensión na que tamén se instauran fronteiras entre  veciñas dunha mesma comunidade. Entendemos que pouco se ten tratado a situación das persoas migrantes en relación aos dereitos sociais desde unha posición de xustiza e equidade.

O que si teñen abundado son os discursos xenófobos que explotan mitos interesados e falsos sobre o colapso de servizos públicos e o acceso preferencial a axudas. Mentiras que teñen como obxectivo fracturar e crear un inimigo interno, ao mesmo tempo en que aboan o terreo para o avanzo do fascismo máis descarnado.

Seguiremos a combater tales discursos e reivindicar o dereito a vivir dignamente de todas as persoas, así como denunciar a exclusión das persoas migrantes en situación irregular de practicamente todas as prestacións sociais como é o caso da RISGA ou das axudas de emerxencia social.

No caso das persoas comunitarias, o pasado ano xunto a Oficina de Dereitos Sociais de Coia denunciamos os atrancos que lles impuxo a Lei de Inclusión Social de Galicia, amosando que no labirinto institucional tamén atopamos múltiplas fronteiras e altas doses de racismo e xenofobia.

Só moi recentemente e debido ao traballo de incidencia do Foro Galego da Inmigración ampliouse o dereito a acceder ás rendas municipais a aquelas persoas en situación irregular que reúnan os requisitos. Aínda así, consideramos que estas prestacións constitúen ferramentas moi febles e insuficientes para facer fronte ás necesidades básicas dunha poboación cada vez máis depauperada.

Entendemos que a exclusión nos dereitos sociais e a imposibilidade de garantir a satisfacción de necesidades como alimentación, vivenda e suministros, funciona como unha panca para a subordinación e a explotación laboral a que é sometida a poboación migrante.

Esta circunstancia se ve agravada pola aplicación dunha Lei de Estranxeiría profundamente restritiva e discrecional, conducindo a millares de persoas con contrastable arraigo a situacións de irregularidade sobrevida e a deportacións sumarias. Recentemente mobilizámonos para denunciar a deportación dun  mozo veciño de Compostela, que levaba 14 anos convivindo entre nós e mesmo chegara a estar tutelado pola Xunta de Galicia durante catro anos.

Para abordar as fronteiras no acceso a dereitos sociais contaremos coa participación de Manolo S. Bayona, integrante da Coordinación Baladre de Loitas contra a precariedade, o empobrecemento e a exclusión, e con profesionais do ámbito dos servizos sociais e inclusión.

A través de charlas en distintas localidades e dun conversatorio, trataremos as barreiras no dereito a vivir dignamente e someteremos a un análise crítico as rendas municipais e máis concretamente a compostelá Renda de Garantía Social Municipal.

Programa de actividades da Semana de Loita contra as Fronteiras:

MÉRCORES 14. FERROL

Colóquio “Fronteiras invisíbeis e dereitos sociais”, con Manolo S. Bayona (Coordinación Baladre). 19hs. Ateneo Ferrolán (Rúa Magdalena nº 202-204)

VENRES 16. CORUÑA.

Colóquio “Fronteiras invisíbeis e dereitos sociais”, con Manolo S. Bayona (Coordinación Baladre). 19hs. Asociación Viraventos (R/ Mosteiro de Caaveiro, 4, baixo).

SÁBADO 17. FERROL

Proxección do Documental Astral e Mesa Redonda con Xabier Ron e Maite Bustamante. 11:30 h. Ateneo Ferrolán (Rúa Magdalena nº 202-204)

SÁBADO 17. COMPOSTELA

12hs. Praza do Toural. Concentración “Contra as fronteira e as políticas migratorias: Solidariedade!

18hs. CTC San Roque. Conversatorio “Ningunha persoa sen dereitos!” Renda municipal e dereito a vivir dignamente. Con Manolo S. Bayona e Leticia Castro.

cartel-semana

conversatorio-santiago

cartaz-ferrol

II DESFILE MODA FRONTE A CRISE

REENVIAMOS INFORMACIÓN DE CARITAS 
II DESFILE MODA FRONTE A CRISE
 
O Programa de Emprego de Cáritas Interparroquial de Santiago, en colaboración coa parroquia, impulsa dende hai maís de dez anos un Taller Formativo de Corte e Confección no barrio de Conxo, dirixido a mulleres con especiais dificultades de inserción.
Nestes últimos anos e concretamente neste curso 2015-2016, moitas mulleres participamos nesta actividade formativa, na que aprendemos moito e ademáis conseguimos, co noso esforzo contribuír a diminuir os gastos das nosas fami-lias co traballo de corte e confección desenvolvido no Taller.
Orgullosas e satisfeitas do noso esforzo ao longo deste curso 2015/2016, queremos convidaros a participar no II DESFILE MODA FRONTE A CRISE, que terá lugar o día XOVES 30 de de xuño no Centro Social de Conxo (Praza Aurelio Aguirre nº1) ás 20:00 h para que poidamos amosarvos humildemente o resultado do noso traballo.
AS MULLERES DO TALLER FORMATIVO DE CORTE E CONFECCIÓN DE CÁRITAS EN CONXO
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142

Merenda Intercultural

MERENDA INTERCULTURAL
 
Compañeir@s:
Nas últimas xuntanzas do Foro de Inmigración en Santiago, estivemos a traballar nunha iniciativa para recuperar os encontros do colectivo migrante, como os que tiñamos no Local de Gondwana ou noutros espazos da cidade anteriormente.
O primeiro paso é unha merenda intercultural que vai ter lugar no CTC (local do propio Foro) na Rúa San Roque nº 6 Bis o sábado día 17 de outubro ás 18:00 h. Merenda preparatoria dun Encontro máis amplo que queremos desenvolver o domingo 8 de novembro.
Difundide, e sobre todo as persoas que estades en Compostela ou cerca, ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142

 

Encuentro – Santiago de Compostela

sosdereitosASEM-page-001

ENCONTRO 

SOS DEREITOS DAS PERSOAS MIGRANTES EN GRAVE PERIGO !!!

SAB 7 DE XUÑO

NA GENTALHA DO PICHEL (SANTIAGO DE COMPOSTELA)

 

PROGRAMA 

10:00   10:30 hs ACOLLIDA

10:30   11:30 hs PRESENTACIÓN /PROPOSTAS

  • Exclusión Sanitaria (Médicos do Mundo)
  • Reforma laboral e explotación laboral (CUT)
  • Recurtes de orzamentos e dereitos sociais (CEESG)
  • Persecución do colectivo migrante (Colectivo africano de A Coruña) 

10:30   14:00 hs OBRADOIRO

14:00   15:30 hs XANTAR

15:30   16:30 hs ASEMBLEA

16:30   18:00 hs ACTO PÚBLICO

 

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142

http://www.forogi.wordpress.com

MEDICOS DO MUNDO- INFORMACION DAS ACTIVIDADES

INFORMACIÓN DAS ACTIVIDADES DO 22 DE ABRIL AO ABEIRO DO ANIVERSARIO DO 2º ANO DO REAL DECRETO 16/2012 
 
O 22 de abril cúmprensedous anos da entrada en vigor do Real Decreto 16/2012, de medidas urxentes para garantir a sustentabilidade do Sistema Nacional de Saúde e mellorar a calidade e seguridade das súasprestacións, que entre outras medidas deixou fóra do sistema sanitario áspersoas inmigrantes en situación irregular, o que supuxounha ruptura co modelo de sanidade universal. Por este motivo en Médicos do Mundo Galicia queremos facerchegar a nosa denuncia ás rúas, e para isoimos realizar dúas actividades:
 
– XOGO DE ROL: NaPraza do Toural de 12:00-15:00 h
– CONGA DA SAÚDE: Sairemos da Praza do Toural ás 17:00h, acompañadas polo grupo musical Trópico de Grelos, coseguinte percorrido :Praza do Toural- Rúa Vilar- Praterías- Rúa Franco- Praza do Toural.
Esperamos a participación de todas as persoas socias e voluntarias e a máxima difusión entre as nosascoñecidas.A nosa idea é que todas aspersoas leven unha prenda branca.
 
As persoas voluntarias que desexen colaborar na organización do evento poden acudir á sede, nomeadamente o luns 21, onde estaremos encantadas de veros. ( Eduardo Pondal 2 bajo 15702 Santiago de Compostela (A Coruña) Teléfono/Fax 981 57 81 82 e-mail: galicia@medicosdelmundo.org)
 
Non cremos que haxa problemas ao respecto, mais aínda non recibimos a notificación de concesión de permiso do concello, co cal deberemos estar atentas a calquera notificación de cambio de data, lugar ou cancelación das actividades que vos faríamoschegar nos próximos dias.
Os esperamos!
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142