1º de Maio

Contra a precariedade, as violencias, a invisibilización das máis oprimidas e para colocar as vidas no centro: 
Os movementos feministas en alianza co sindicalismo alternativo facemos un chamamento feminista e de clase para encher as rúas o 1º de Maio.
Despois das alianzas creadas, en Compostela, a partir da folga do 8 de marzo entendemos a necesidade urxente dunha radicalización dos feminismos de clase fronte ó discurso baleiro do feminismo hexemónico, entendendo a autocrítica como base para construir xuntas.  
Este 1º de Maio colocamos as vidas no centro! #1Maio#1MaioFeministadeClase

1demaioAreinte

V SEMANA DE LOITA CONTRA AS FRONTEIRAS Sem nós non se move o mundo!

V SEMANA DE LOITA CONTRA AS FRONTEIRAS 
 
Sem nós non se move o mundo! 
Fronte a violencia patriarcal, autoorganización e apoio mutuo no emprego do fogar Nos últimos cinco anos o Foro Galego da Inmigración adica unha semana a visibilizar as fronteiras que separan as persoas migrantes do conxunto da poboación, restrinxindo o seu acceso a dereitos e liberdades.
 Nese traballo de sensibilización abordamos tanto as fronterias exteriores e os mecanismos represivos da política migratoria española como tambén outras barreiras moito mais sutís ou que permanecen invisíbeis para a meirande parte da cidadanía.
Desta volta abordaremos as fronteiras no aceceso a dereitos laborais, en concreto nun sector maioritariamente ocupado por mulleres migradas como é o emprego do fogar e de coidados. No Estado Español o 90 por cento das empregadas do fogar e de coidados son mulleres; un 46,7 por cento delas teñen tras de si unha historia de migración.
 Da mán de traballadoras organizadas nun espacio autónomo imos coñecer a súa experiencia e o seu proceso de autoempoderamento, ben como a laboura que están a facer en espazos de coordinación estatais para derrubar as fronteiras no acceso a dereitos laborais e sociais.
 Desde esas redes de coordinación estase a desenvolver unha intensa campaña pola ratificación por parte do estado español do Convenio 189 elaborado pola Organización Internacional do Traballo no 2013. Este establece que as empregadas do fogar deben gozar dos mesmos dereitos laborais que os demais sectores, o que abriría a porta para acadar o recoñecemento da prestación por desemprego. Unha discriminación maiúscula que da boa mostra da violencia estrutural, económica e laboral que recae sobre esas traballadoras, aproximadamente unhas seiscentas mil no conxunto do Estado. Tamén de como os traballos que reproducen e sustentan a vida cada día seguen a ser considerados de segunda categoría, relegados á esfera do privado, sin recoñecemento, nin regulación, nin tampouco responsabilidade social sobre as condicións nas se realizan.
Portanto a Semana de Loita contra as Fronteiras enmarcase desta volta no contexto de denuncia das violencias machistas. Á discriminación no acceso á protección social súmanse a falta de contrato e alta na Seguridade Social, as restriccións para acceder a unha baixa ou a dificuldade para que se lles recoñezan accidentes de traballo e enfermedades profesionais, a non retribuición de horas extras, a falta de respeto dos tempos de descanso e de intimidade nos domicilios, o asedio sexual, entre outras.
 Mais fronte a discriminación e a explotación, unión. Esta é a resposta que lle están a dar as nosas convidadas á maraña de violencias á que están sometidas as traballadoras do fogar e de coidados. Acompañarannos Jacqueline Loayza e Roxana Gutiérrez da Asociación Sociocultural NOSOSTRAS por los cuidados y el empleo de hogar de Granada que nos van falar en primeira mán do seu proceso organizativo, das súas loitas, soños e enredos. Debido ao pouco tempo que poden arrebatar das súas xornadas laborais e vidas atribuladas este ano os actos da Semana de Loita contra as Fronteiras concentraranse en dous días. Dous días intensos como as mulleres que nos visitan, nos que amosaran que a autoorganización e o apoio mutuo son ferramentas fundamentais para construír vida dignas, plenas, en liberdade e sen violencia.
 
Programa: 
 
24/11 venres CORUÑA 19:00hs Asociación Viraventos: Mesa redonda “Sen nós non se move o mundo”. Con Roxana Guitiérrez (Asociación Nosotras), Fundación Juan Soñador (Programa Teranga), Ecos do Sur (Proxecto Ecolimp). 
 
FERROL 19:30hs no Ateneo Ferrolán: Mesa redonda “DEREITOS E ABUSOS NA EMPREGADA DO FOGAR”. Con Jacqeline Loayza (Asociación NOSOTRAS), Luca Chao e Saínza Ruiz. 
 
25/11 sábado COMPOSTELA 17:00hs na Caso do Matadoiro: Conversatorio “SEN NÓS NON SE MOVE O MUNDO. Auto organización e apoio mutuo nos coidados e emprego do fogar. Dinamizan as compañeiras da ASOCIACIÓN NOSOTRAS.
 .
Máis información e contacto:
 Miguel Fernández 662 30 70 19
Jaqueline Loayza 671 48 29 59
Roxana Gutiérrez 650 24 28 85
Cartaz conversatorio nov 2017-001
Cartel Foro Galego de Inmigración-001

ACTO PÚBLICO  DE DENUNCIA DOS NOVO REQUISITOS DISCRIMINTARIOS PARA O ACCESO Á NACIONALIDADE E EN CONTRA DOS INFORMES DE INTEGRACIÓN

 
RECORDADE A TOD@S ÁS QUE POIDADES QUE O  DÍA XOVES 28 DE XANEIRO Á PARTIR DAS 17:00 H QUEDAMOS DÍANTE DA ACADEMIA IRIA FLAVIA (RÚA PÉREZ CONSTANTI Nº 18) EN SANTIAGO PARA FACER UN ACTO PÚBLICO DE DENUNCIA NO LUGAR ONDE SE DESENVOLVERÁ, DENDE ÁS 18:00 H, A PRIMEIRA DAS PROBAS DE CULTURA XERAL QUE SE CELEBRA EN GALICIA (UN DOS NOVOS REQUISITOS PARA PODER SOLICITAR A NACIONALIDADE ESPAÑOLA ).
 
Xuntamos o texto de Posicionamento do Foro sobre esta Cuestión.
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142
.

POSICIONAMENTO DO FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN EN RELACIÓN CO NOVO PROCEDEMENTO DE ACCESO Á NACIONALIDADE ESPAÑOLA E EN RELACIÓN COS INFORMES DE INTEGRACIÓN

1.-  O NOVO PROCEDEMENTO DE ACCESO Á NACIONALIDADE ESPAÑOLA: MÁIS DISCRIMINATORIO, MÁIS CUSTOSO E PRIVATIZADOR.

O novo procedemento de acceso á nacionalidade española, que establece a nova Lei de Rexistro Cívil  que entrou en vigor o pasado mes de outubro , implica engadir as xa duras e dificíles condicións que  establecia a anterior Lexislación  as seguintes :

  • Unhas taxas administrativas de 100 Euros, novidade que evidentemente non pode ter máis que afán recadador e que afecta a un dos colectivos máis penalizados pola dura Crise Económica que aínda sufrimos.
  • A realización para todas as persoas que o soliciten dunha proba de cultura española obrigatoria, que é fondamente discriminatoria xa que as persoas migrantes que solicitan á nacionalidade precisan xa un tempo de estancia regular amplo., e non se esixe para as persoas nacidas en territorio español que teñen esa nacionalidade. Esa proba, dependente do Instituto Cervantes, que convenía con entidades privadas á realización da mesma ao longo do territorio español ademáis :
  • Esixe un novo desembolso económico (85 Euros)
  • Precisa dun procedemento dixital de inscrición, claramente non accesible para todas as persoas interesadas.
  • Esixe en moitos casos un desprazamento importante, xa que en Galicia, só unha Academía privada situada en Santiago de Compostela desenvolve esta proba.
  • É unha proba única e simultánea  (como se falaramos dun proceso de oposición públicas), mensual (o último xoves de cada mes, ás 18:00 h, excepto os meses de decembro e agosto) e con prazas limitadas, o que supón un problema importante xa que debe armonizarse con outras documentacións imprescindibles no proceso, como os certificados de penais que teñen caducidade temporal.
  • É unha proba difícil, tendo en conta que podemos falar de persoas maiores, con escasa formación previa, etc . É imprescindible aprobala, non basta con presentarse á mesma.
  • Abre camiño a un proceso privatizador lamentable , xa que é unha Academia privada, no caso de Galicia, a que se beneficia deste requisito. Esa Academia de forma absolutamente inmoral ofrece un curso preparatorio bastante custoso previo á mesma. Obviando á posibilidade de que foran entidades públicas, os concellos por exemplo, ás que de forma gratuita desenvolverán á mesma.

 

  • Implica para as persoas que o soliciten que non tiveran como lingua materna o español, tamén de forma obrigatoria, a acreditación dun nivel de coñecemento da lingua española equivalente o A2. Isto supón unha segunda e tremenda discriminación para o colectivo de migrantes que non proceden orixinariamente de Latinoamérica. Na práctica supón  a necesidade de obter esta acreditación en entidades públicas ou privadas habilitadas para esta actividade . Supón novos gastos (140 Euros de matrícula)) e novas dificultades para persoas non necesariamente acostumadas a estudar e ás que se lles esixe un nivel de coñecemento da lingua española que non se lle esixe as persoas que teñen  esa nacionalidade por nacemento.
  • O conxunto do proceso de obtención da nacionalidade suporía un custo mínimo no entorno dos 325 Euros por persoa, sen contar os desprazamentos, superando esta tremenda carreira de obstaculos  no primeiro intento.

1.-  OS INFORMES DE INTEGRACIÓN: DISCRIMINATORIOS, DE MOI DUBÍDOSA EFICACIA, E TAMÉN CUSTOSOS EN TEMPO .

A Xunta de Galicia no DOG do 10 de decembro de 2015, estableceu a normativa para o desenvolvemento no ámbito da nosa Comunidade Autónoma destes Informes que recolle a Lexislación estatal de Estranxeiría. Os Informes son unha documentación non obrigatoria que a persoa estranxeira pode incluir na súa renovación de autorización de residencia e traballo, e que poden substituír o cumprimento doutros requisitos da Renovación.

  • En primeiro lugar a mera esixencia de xustificación de “integración”, concepto tan discutible, supón unha lamentable discriminación e unha forma máis de racismo institucional que establece o Estado Español en colaboración aquí coa Xunta de Galicia.
  • En segundo lugar o carácter totalmente discrecional do “poden substituír”, non garante que a aportación do mesmo permita obter á renovación solicitada.  Se existen eses informes, alomenos o Ministerio do Interior debe establecer normativamente que subsituen o cumprimento doutros requisitos e garantir polo tanto a obtención da Renovación solicitada ás persoas que os aporten.
  • Atopámonos ademáis na regulamentación galega, nun cursiño moi longo, de 40 horas para obter eses Infomes de Integración, impartido por ONGs, o que supón gastos, desprazamentos, esixencia de estudos para persoas non necesariamente acostumadas, etc. Unha discriminación e unha dificultade importante, de novo para moitas persoas.

3.- POLO TANTO, O FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN DIANTE DESTA SITUACIÓN , ESIXE:

– Eliminación das dúas novas probas obrigatorias no  proceso de acceso á nacionalidade española e das taxas admnistrativas novas incorporadas ao proceso, antes gratuito.

– Mentres isto non sucede, alomenos establecemento de convenios con entidades públicas, os  concellos fundamentalmente,  para a realización de probas sinxelas e adaptadas á formación e traxectoria das persoas examinadas. Garantía do carácter gratuito das mesmas e da posibilidade realizalas nos concellos de residencia. Debe impedirse  que empresas privadas se beneficien, e de que maneira, da realización destas probas.

-Eliminación por fondamente discriminatorios dos chamados “Informes de Integración “ . Substitución dos mesmos por outros mecanismos que flexibilicen o proceso de renovación das autorizacións  das persoas sen ter que acudir a este modelo racista.

-Mentres o anterior non sucede, garantía de utilidade clara dos citados Informes nos procesos de renovación das autorizacións. Simplificación e adecuación dos mesmos á formación e traxectoria das persoas interesadas. Nese sentido un  curso moito máis curto e  que poida impartirse nun só día, debía ser suficiente.

ACTO PÚBLICO A FAVOR DA SANIDADE UNIVERSAL

ACTO PÚBLICO A FAVOR DA SANIDADE UNIVERSAL
No  marco da Rede Galega en Defensa da Saúde (con Médicos do Mundo, SOS Sanidade Publica, Aministia Internacional, e Asociación Galega de Medicina Familiar) faremos  o mércores día 22 de abril un Acto Público na Facultade de Medicina ás 12:00 h, convocando aos partidos políticos para que asinen o Compromiso a favor da Sanidade Universal (comprometéndose a derogar o decreto de abril de 2012 que modificou o sistema sanitario) que ven difundindo Médicos do Mundo por todo o Estado. Participaran e asinaran: PSdG-PSOE, BNG, EU, ANOVA, PODEMOS.

ACTO PÚBLICO DE DENUNCIA DAS DISCRIMINACIÓNS QUE SOFREN AS PERSOAS MIGRANTES

O Foro Galego de Inmigración, xunto coa Oficina de Dereitos Sociais de Coia e máis o Grupo de Axitación Social (GAS), convocamos un acto público, con rolda de prensa previa o martes día 11 de novembro a partires das 11:00 diante da Delegación da Xunta de Galiza en Vigo(r/Concepción Areal 8) para denunciar a intolerable discriminación que sofren ás persoas migrantes comunitarias no acceso ás prestacións sociais da Xunta de Galiza.
O acto incluirá unha concentración de colectivos sociais aberta ao conxunto da cidadanía, e a lectura dun comunicado conxunto.
Xúntase cartel para a difusión
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142
Cartel Vigo

CAMPAÑA CURAR ES UN DERECHO, MÉDICOS DO MUNDO

En la mayoría de los países europeos se niega a personas inmigrantes sin permiso de residencia el derecho a la asistencia médica.

Quienes prestan asistencia a las personas inmigrantes en situación irregular pueden ser penalizados por ello, según algunas leyes nacionales dentro de la UE.

 

ÚNETE A CURARESUNDERECHO.ORG   

 Estimados compañeiros/as do foro de Inmigración

Recibide un cordial saúdo en nome de Médicos do Mundo e no meu propio. Póñome en contacto con vos para darvos a coñecer, unha iniciativa de ámbito europeo coa cal a Rede HUMA (Rede europea para o acceso non discriminatorio á asistencia sanitaria de inmigrantes sen permiso de residencia e solicitantes de asilo) quere promover a defensa do dereito á saúde das persoas inmigrantes en situación administrativa irregular.

A través do seu traballo de campo e investigacións recentes, Médicos do Mundo puido comprobar que, dentro das fronteiras da UE, o dereito fundamental á saúde non está plenamente garantido para a poboación inmigrante sen permiso de residencia. Estas persoas atópanse con diferentes barreiras legais, administrativas, culturais, e lingüísticas entre outras, e prácticas discriminatorias que se repiten, de maneira máis ou menos significativa, nuns e outros países.

O estudo comparativo das lexislacións de dez países europeos Acceso á saúde das persoas inmigrantes e os solicitantes de asilo en 10 países da Unión Europea , de 2009, elaborado pola Rede HUMA ,da que é membro Médicos do Mundo, mostra como as persoas sen permiso de residencia son segregadas por disposicións legais e administrativas. Nalgúns países, como Suecia, non teñen dereito a ningunha cobertura sanitaria de forma gratuíta, nin sequera en caso de emerxencia ou de parto.

 En diferentes leis nacionais, dentro da UE, inclúense disposicións que penalizan a asistencia a persoas inmigrantes en situación irregular, aínda que esta realícese sen ánimo de lucro. Esta realidade choca co noso código deontolóxico como profesionais da saúde.

En España, aínda que a Lei de Estranxeiría recoñece o dereito á sanidade de todas as persoas residentes independentemente da súa situación administrativa, na práctica este dereito vese recortado, xa sexa por disposicións administrativas ou por unha ineficaz adaptación do propio sistema sanitario. No contexto dunha Europa onde existe unha tendencia a establecer os chamados delitos ou faltas de solidariedade, máis aló mesmo do que obriga as propias Directivas da UE, faise imperativo unir forzas en defensa do dereito universal á saúde.

Por estes motivos, Médicos do Mundo, xunto co resto de organizacións membros da Rede europea HUMA, lanzou a Declaración europea do persoal sanitario Por un acceso á atención médica non discriminatoria, que apela, a todo o colectivo de profesionais da saúde, a reafirmar a súa lealdade co código ético médico e reclamar os medios e recursos apropiados para poder exercer plenamente a nosa responsabilidade profesional  de prestar asistencia médica a todas e todos os nosos pacientes sen discriminación.

Entre as adhesións recibidas queremos destacar algunhas organizacións europeas como o Standing Committee of European Doctors (CPME); European Federation of Salaried Doctors (FEMS); Organización Médical Mundial;  European Association of Senior Hospital Physicians (AEMH); Permanent Working Group of European Junior Doctors (PWG)

Do mesmo xeito, Médicos do Mundo quere convidarvos a apoiar esta Declaración coa súa adhesión, así como na súa difusión entre os vosos compañeiros ou asociacións das que formedes parte.

Tamén podedes consultar o contido desta campaña a través de CURARESUNDERECHO.ORG

Agradecendo a vosa atención, e co ánimo de que entre todos poidamos chegar a maior cantidade de persoas e que estas firmen a sua adhesión antes de finais de FEBREIRO despídome cordialmente:

                   

     Fd: Felipe Noya .

Vicepresidente 1º Médicos del Mundo España.

 PD: calquera información que precisedes podedes poñervos en contacto con Belén ou Felipe, ademaís no dossier que vos achego en correos adxuntos tedes toda a información sobre que se espera que se faga coa campaña. Sobre todo, facedea chegar a todos os vosos contactos sanitarios.

Probablemente a campaña vos chegará tamen  a través do voso correo, a aquelas asocacións que traballachedes con nos neste ano e no ano pasado, para invirtavos a participar con nos nas reunións que himos ter con asocacións sanitarias na difusión da campaña.

Link Videos da campaña:

 http://www.youtube.com/MedicosdelMundo#p/a/u/2/TO162cpmz8A

http://www.facebook.com/CurarEsUnDerecho#!/CurarEsUnDerecho?v=wall

Bicos mil.

Belén Torrón Ruiz

Técnica Programas Inmigración

Médicos do Mundo en Galicia

Rúa Eduardo Pondal, 2, baixo

15.702 Santiago de Compostela (A Coruña)

Teléfono/Fax: 981.578.182/móvil:639.078.172

belen.torron@medicosdelmundo.org

 

http://medicosdomundogalicia.blogspot.com

 

COMBATEMOS TÓDALAS ENFERMIDADES, INCLUÍDA A INXUSTIZA

Carteles festival 17/12 Santiago -18/12 A Coruña

Enviamos cartel en jpg (y el manifiesto) para la difusión del FESTIVAL INTERCULTURAL REIVINDICATIVO «NINGUÉN SOBRA NUNHA CRISE», VIERNES 17 DE DICIEMBRE A LAS 19HS EN LA CASA DAS ASOCIACIÓNS DE CORNES – SANTIAGO

Y el modelo de octavillas para imprimir.

El acto de Coruña tendrá lugar el SABADO 18 D DICIEMBRE A LAS 19 HS EN EL OBELISCO (concentración y manifestación hasta PLAZA ESPAÑA, lectura de manifiesto) y festival intercultural en el Colegio de los Salesionos – A CORUÑA

Los carteles de Coruña SE PUEDEN PASAR A RECOGER POR LA SEDE DE LA ASOCIACIÓN PROPOLIS (Calle Barcelona 115 ) a partir de las 19 hs.

Actividades Dia Internacional Migracións e turnos de reparto folletos

Boa tarde a tod=s!

Regresada dunha semana de vacacións, recordo as actividades que acordamos na pasada xuntanza do Foro para a Campaña «Ninguén sobra nunha crise!», polo Día Internacional das Migracións:

12/12, domingo ás 16:00hs , Obradoiro VIAXES MIGRANTES A TRAVÉS DA OLLADA DO CINEMA, A LITERATURA E DAS
VOCES DOS SEUS PROTAGONISTAS (Foro e OSPAAL )  Faculdade de Comunicación, sala 2

13/12, luns as 19:00hs Xuntanza para preparar materiais e cartaces (CTC Cáritas, San Roque – confirmaron: Belén, Alberto, Alexandra, Omaira, Nubia, Luis, RosaMari e Mónica)

14/12, martes ás 11:00hs en Sargadelos Rolda de Prensa

14/12, martes de 18:00 as 20:00hs Mesa Informativa e Reparto de Folletos na Pza do Toural

15/12, mércores as 20:30hs Conversatorio sobre redadas e controles policiais a persoas migrantes (Local de Gondwana)

16/12, xoves de 18:00 as 20:00hs Mesa Informativa e Reparto de Folletos na Pza do Toural

17/12, venres as 19:00hs Festival Intercultural Reivindicativo “NINGUÉN SOBRA NUNHA CRISE!”

18/12, sábado as 19:00hs Marcha, concentración e Festival Intercultural na Coruña


Tamén deixo constancia das quendas para a mesa informativa e reparto de folletos:

14/12: de 18 a 19:00hs Belen + Susana (se algunha compa das asociacións de inmigrantes puidera estar, sería estupendo)
            de 19 as 20:00hs Félix + Alexandra (se alguén máis pode estar xenial)

16/12: de 18 a 19:00hs Vicente + Josecho (se algunha compa das asociacións de inmigrantes puidera estar, sería estupendo)
           de 19 as 20:00hs Alberto + Sonia (a ver si pode alguén das asociacións de inmigrantes)

De todas formas, se nos podemos pasar nos días e horas no que estará a mesa infromativa e o reparto dos folletos, é moi recomendable pois sempre anima máis a actividade e quen está ali repartindo.

Seguimos falando que teño pendente enviarvos o borrador do manifesto e algún outro material.

Apertas,

Mari

Participemos na Greve Geral, na Folga Xeral!! e quen poida que se achegue ás manifes!! Saude e Terra!!

Terça, 28 Setembro 2010 02:00

280910_punho Diário Liberdade – Quando faltam poucas horas para que a Galiza viva a sua primeira greve geral da última década, organizaçons sindicais continuam a fazer apelos à adesom da classe trabalhadora.

A CIG, que publicou no seu site umha entrevista com o seu secretário-geral, apela a participar nas suas 11 manifestaçons, em Vigo, Corunha, Ponte Vedra, Compostela, Ferrol, Ourense, Lugo, Vila Garcia, Noia, Foz e Cee. Nas diferentes comarcas, prepara-se a organizaçom da jornada, tentando mobilizar o maior número possível das bases para favorecer, mediante a organizaçom de piquetes, a participaçom dos quadros de pessoal das empresas, evitando as coacçons patronais.

A CNT, que nos últimos dias tem organizado concentraçons e repartiçom de propaganda sindical em diferentes cidades e zonas obreiras, fijo um apelo à classe trabalhadora galega a participar na jornada, afirmando que «está na hora de luitar» e de nom dar «nem um passo atrás». A organizaçom de Ferrol fijo um apelo específico para participar no comício que os anarco-sindicalistas convocam às 14 horas no seu local social da Avenida de Esteiro, número 10.

A CGT informa no seu site da convocatória de duas manifstaçons, umha na corunha às 12:30, com saída da praça de Portugal, e outra em Ponte Vedra, às 13 horas, com saída da praça da Ferraria.

A CUT tem tido emitiu nas últimas semanas numerosos comunidados abordando diferentes aspectos da reforma labora e da crise capitalista em curso, e apelando à adesom à greve geral, se bem ainda nom fijo pública a sua participaçom em manifestaçons no próprio dia 29.

A COG emitiu um comunicado de apoio à greve geral, sem concretizar a sua participaçom em mobilizaçons e exigindo a retirada da reforma laboral, a demissom do governo espanhol e a nacionalizaçom da banca.

Também CCOO e UGT, centrais integradas plenamente no sistema, tenhem realizado umha importante campanha de apoio à greve. As duas convocam conjuntamente manifestaçons nas principais cidades e vilas da Galiza no dia 29, participando nos piquetes conjuntos acordados com a CIG e, nalguns casos como o de Ferrol, com a própria CNT.

Manifestación día 12 de setembro – 12hs ALAMEDA SANTIAGO

Reenviamos información:

ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA
CONSELLO COMARCAL
eu-santiago@esquerdaunida.org
http://www.esquerdaunida.org

 

CHAMAMENTO MOBILÍZATE POLOS TEUS DEREITOS

POR UNHA SAÍDA DE ESQUERDAS Á CRISE

 

PORQUE HAI ALTERNATIVA.
LOITEMOS XUNTOS POLOS NOSOS DEREITOS

 

DOMINGO 12 DE SETEMBRO DE 2010

 

COMUNICADO

MANIFIESTO

 

28 de xullo: Manifestación da CUT en Compostela

Reenviamos Información


Máis de 200.000 parados e paradas, xubilación aos 67 anos, reducción de salarios, conxelación de pensións, privatización de servizos públicos, ataque contra a cultura e a lingua nacional, deterioro do territorio…


A contestación dos sindicatos maioritarios… para despois das vacaións.

Manifestación o día 28 de xullo ás 20:00 horas na Alameda de Compostela rematando o acto na praza de Cervantes


http://www.cutgalicia.org

Concentración o venres no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago

Plataforma en defensa do sistema

público galego de servizos sociais

      defensa.servizossociais.publicos@gmail.com

             Santiago  Tfne: 662307019 / 686506858

Boa tarde, compañeiras e compañeiros:

Na Asamblea da Plataforma do Sistema Publico dos Servizos Sociais que tivemos o pasado día 17 en Santiago de Compostela acordouse facer un acto de denuncia do desmantelamento do Sistema Público Galego de Servizos Sociais que se está a levar a cabo dende o Goberno da Xunta, coincidindo coa asemblea de disolución do Consorcio Galego prevista para o vindeiro venres, día 2 de xullo ás 12 horas no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago.

Por este motivo, dende a Comisión de Coordinación, facemos un chamamento para que tódalas entidades e persoas que poidades participedes o vindeiro venres día 2 de xullo ás 11,30 horas na concentración da Plataforma en Defensa do Sistema Público de Servizos Sociais no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago, como acto de denuncia ante o desmantelamento do Sistema Público Galego de Servizos Sociais que está a levar a cabo o actual Goberno da Xunta.

Difundide esta convocatoria o máximo posible para poder dar unha resposta forte, tal como se merecen os acontecementos.

Comisión de Coordinación

O Foro Galego de Inmigración condena o ataque do Exército israelí a «Flota da Liberdade»

A Flota humanitaria dirixíase a Franxa de Gaza con máis de 10.000 toneladas de axuda humanitaria.

Na madrugada do domingo 30 ao luns 31  foi atacada por soldados do Exército de Israel en augas internacionais unha flota de seis barcos cargados de axuda humanitaria e activistas prol dereitos humanos que se dirixían á Franxa de Gaza. As últimas informacións falan de 16 mortes e ao redor de 60 persoas feridas.
A Flota da Liberdade estaba organizada pola fundación humanitaria turca IHH (Insani Yardim Vakfi), a Campaña Europea para Acabar o Asedio de Gaza (ECESG), a campaña grega e a sueca ‘Barco a Gaza’ e o Free Gaza Movement. Tratábase da maior acción coordenada realizada ata o momento para intentar romper o bloqueo marítimo de Gaza.
Cerca de 750 persoas de diferentes relixións e nacionalidades integraban esta iniciativa solidaria, entre elas máis de vinte parlamentarios europeos, unha ex congresista estadounidense, un premio Nobel da Paz e un sobrevivente do Holocausto. Entre elas atopábanse dous activistas e un xornalista españois.

Dende o Foro Galego de Inmigración amosamos a nosa máis enérxica repulsa a este novo ataque aos dereitos humanos e a solidariedade entre os pobos por parte do Estado israelí. Denunciamos a impunidade co que se se ten perpetrado reiterados ataques ao pobo palestino, conformando un verdadeiro terrorismo de Estado, coa conivencia dos gobernos occidentais.  
Esiximos unha resposta contundente de rexeitamento dos feitos por parte do goberno español e da Unión Europea, unha reorientación das relacións diplomáticas co Estado israelí ante a súa actitude de sistemática vulneración da lexislación internacional e dos dereitos humanos, e a posta en marcha de medidas dirixidas a restituír a legalidade e ao cese da ocupación dos territorios palestinos.

Nestes momentos diferentes organizacións e partidos políticos chaman á mobilización en diferentes cidades palestinas e por todo o mundo. Na Galiza xa están confirmadas as seguintes convocatorias para hoxe   1º de Xunio, ás 20:30 horas concentracións de protesta en:

 

A CORUÑA: No Obelisco.

 

SANTIAGO DE COMPOSTELA: Praza do Toural.

FERROL: Diante do edificio da Xunta de Galicia.

PONTEVEDRA: Praza da Peregrina.

 

VIGO: Dianto do MARCO.

 

 

Para mais información: Miguel Fernández, voceiro de Foro de inmigración (662 30 70 19 )

Convocatorias e outros

Ola compañeiras e compañeiros:

Envio duas convocatorias de movilizacións que apoiamos dende a Plataforma. Unha é en Vigo este xoves día 15 ás 19,30 h. diante do museo Marco en favor da apertura inmediata do Centro de Inclusión Social da cidade de Vigo.
A outra é o domingo, 25 de abril en Compostela con saída da Alameda ás 12 h. en defensa dos servizos públicos.
Mirade os cartaces que se xuntan e difundide as convocatorias todo o que poidades.

Por outra parte, o acto previsto para este venres en Rois, queda aprazado para a semana vindeira. Xa vos fago chegar a convocatoria cando esteña fechada.
Envío tamén as convocatorias dos actos de O Porriño e de Begonte pola privatización dos centros.

Anotade ben, non vos fagades un lío coas datas de cada acto.
Saúde
Gori

III ACCIÓN INTERNACIONAL – MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES

III ACCIÓN INTERNACIONAL
DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES
Sábado 13 de Marzo – Santiago de Compostela

Entre o 8 de Marzo e o 17 de Outubro de 2010 desenvolverase en todo o mundo a III Acción Internacional da Marcha Mundial das Mulleres.

As Accións Internacionais son momentos de fortalecemento, de facer que as nosas voces sexan ouvidas aínda con máis forza en todo o mundo, desde distintas experiencias, culturas políticas e etnias, pero cunha identidade común: o desexo de superar a inxusta orde actual, que provoca a violencia e a pobreza.

Coas Accións Internacionais tamén expresamos a nosa solidariedade internacional, e o feito de que estamos alertas ao que pasa ás mulleres noutras partes do mundo.

Desde a Coordinadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres facemos un chamamento a toda a cidadanía a participar no Lanzamento da III Acción Internacional na Galiza, que terá lugar o sábado 13 de Marzo en Santiago de Compostela:

  • 16:30-17:45 hrs: Chegada en tren a Compostela desde todas as localidades
  • 18:00 hrs: Marcha reivindicativa desde a Estación de Trens até a Praza de Cervantes
  • 18:30 hrs: Festa na Praza de Cervantes, coa presentación das “Marchantas”, merenda e a actuación de CHURRA E MERINA SUPERVEDETTES

MULLERES EN MARCHA ATÉ QUE TODAS SEXAMOS LIBRES!
Achégase cartaz da convocatoria e Chamado á Acción Internacional da Marcha Mundial das Mulleres.
Máis información en www.feminismo. info / www.mmm2010. info


Coordenadora Nacional Galega
Marcha Mundial das Mulheres
Marcha Mundial das Mulleres
Rúa Romil, 20, baixo
36202 Vigo-Galiza
CIF G-15773013
Teléfonos de contacto:
Coord. Nacional: 671695968/637817745
Coord. Ferrol: 696732735
Coord. Pontevedra: 669794462
Coord. Vigo: 657825556/667531529
http://www.feminism o.info