COMUNICADO DE PRENSA

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
COMUNICADO DE PRENSA
CONCENTRACIÓN 15 DE XULLO – A CORUÑA  
 
 
O FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN CONVOCA UNHA CONCENTRACIÓN  E ACTO PUBLICO O MARTES 15 DE XULLO ÁS 10HS DIANTE DOS XUZGADOS (Rúa Monforte – A Coruña), con motivo do APOIO na celebración do xuizo de faltas contra un compañeiro inmigrante (denunciado polos axentes da policía local que o  maltrataron).
 
Realmente, tratase dunha AGRESIÓN POLICIAL A UNHA PERSOA DE ORIXE NIXERIANA NA CIDADE DE A CORUÑA POR VENTA AMBULANTE que tivo lugar en xuño do 2013.   O relato dos feitos son os seguintes:
 
 “O xoves día 6 de xuño, pola tarde atopabase preto do Centro Comercial Marineda City vendendo caramelos na rúa, e cando se dirixía a recoller a axuda/pago que lle quería facer unha señora foi retido por unha persoa, que lle colleu polo ombro e identificouse como policía. Esta persoa vestida de paisano, insistíulle en collerlle o macuto no que levaba a mercancía que levaba, tratandono de forma violenta. Colleulle a documentación e finalmente “requisoulle” a mercancía.
 
O venres día 7 de xuño, pola mañá  atopábase  no mesmo lugar cun novo macuto e nova mercancía, que lle prestaron a conta. Achegouse un coche da policía local, e o mesmo policía do día anterior, xa uniformado  con outros compañeiros dirixiuse cara a él de novo con intención de collerlle o macuto coa mercancía, o compañeiro agarrouse ao mesmo e veuse forozado a tumbarse no chan onde foi golpeado polo grupo de policías en varias ocasións. Mesmo algunha persoa achegouse para gravar a agresión, pero a propia policía impediullo.
 
Despois duns minutos, e de novo despois de que lle quitaran a mercancía e colleranlle a súa documentación (é unha persoa residente legal en A Coruña dende hai varios anos con muller e fillos) foi trasladado esposado ata a Comisaria da Policia Nacional, da que non puido saír ata ás 5 da tarde.”
 
NA CONCENTRACIÓN DENUNCIAREMOS E RECLAMAREMOS  O   CESE DA PERSECUCIÓN CARA AO COLECTIVO MIGRANTE E DAS REDADAS RACISTAS POR COMETER SIMPLES FALTAS ADMINISTRATIVAS;  E POR O DESENVOLVEMENTO DE ACTIVIDADES DE VENDA AMBULANTE OU SIMILARES PARA A SÚA SUPERVIVENCIA E A DAS SÚAS FAMILIAS, COA A ESIXENCIA DE  IMPLEMENTACIÓN DE PROGRAMAS DE INTEGRACIÓN SOCIO-LABORAIS QUE PERMITAN OUTRAS ALTERNATIVAS MÁIS DIGNAS PARA ESTAS PERSOAS.
 
 
Para máis información :  Miguel Fernández (662-307019) e Rocío Rodríguez (600-867480)
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142