Só Santiago: Xuntanza Foro Inmigración

FORO DE INMIGRACIÓN
(SÓ ASOCIACIÓNS DA ZONA DE  SANTIAGO)
CONVOCATORIA DE XUNTANZA ORDINARIA PARA O MÉRCORES DÍA 4 DE SETEMBRO  ÁS 20:30 H NO CTC (SAN ROQUE Nº6 BIS). TEL: 981-576142-981580506
ORDE DO DÍA (Podemos incluir calquera outra cuestión que consideredes importante)
 
1.- Aprobación da acta da xuntanza anterior.
 
2.- Información sobre diversas actuacións realizadas en relación con actuacións discriminatorias cara ao colectivo inmigrante. Información das actuacións desenvolvidas en relación co acceso ao sistema sanitario das persoas inmigrantes en situación irregular,  en colaboración con Médicos do Mundo, Amnistia Internacional, Plataforma SOS Sanidade Pública e Asociación Galega de Medicina Familiar coas que  constituímos  a Rede Galega en Defensa do Dereito á Saúde .  Xuntanza coa Consellería de Sanidade na segunda semana de setembro.
 
3.- Propostas e Actuacións saídas de Asemblea (ACTA). Planificación inicial da posta en marcha das mesmas: grupos de traballo. Xuntanzas xa acordadas para os meses de setembro (o 28 de setembro) e outubro sobre dereito a un emprego digno (emprego doméstico) e dereito á alimentación. 
 
4.- Campaña Salvemos a Hospitalidade.  Información sobre a participación  no Colectivo Silveira a nivel local, en defensa dos dereitos das persoas que sufren acoso ou persecución policial.
 
5.- Novas propostas para o curso 2013-2014.
 
6.-Información de Actividades das Asociacións e Entidades do Foro.
 
7.- Preguntas e Suxestións.
 
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142
Anuncios