Xuntanza Foro Galego de Inmigración

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN

 

Santiago, 28 de Xaneiro de 2012

Pola presente convocamos unha XUNTANZA DO FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN para o sábado día 9 de FEBREIRO ás 11:00 h en Santiago no Centro Traballo e Cultura de Cáritas (Rúa San Roque nº 6 Bis ao lado do Colexio La Salle, preto tamén da Estación de Autobuses. Se tedes algún problema con situar o local, que é o lugar de xuntanza habitual do Foro de Santiago, avisade e quedamos nalgún lugar antes)

 

A Proposta de orde do día sería (con posibilidade, coma sempre, de incorporar calquer outro tema):

1.- Encontro coas compañeiras do Ferrocarril Clandestino de Madrid, Patricia e Hanna, para abordar cuestións relacionadas coa persecución do colectivo migrante e para que coñecer o seu traballo e experiencia neste campo.Adicaremos a xuntanza a este tema pola oportunidade que supón a presenza destas compañeiras.

En Santiago o venres anterior día 8 de febreiro faremos un acto público-mesa redonda na Galería de Sargadelos (Rúa Nova 16) ás 19:00 h para difundir e denunciar esta cuestión.

2.- Asemblea 2013: moi brevemente ao final da Xuntanza e se hai tempo con  Informacións, preguntas, suxestións, propostas, etc

AGRADECEMOS QUE CONFIRMEDES A VOSA PARTICIPACIÓN NA XUNTANZA, ESPECIALMENTE, PRECISAMOS TER CLARA, A PARTICIPACIÓN DE PERSOAS DE A CORUÑA, BOIRO, FERROL e doutras zonas (non debemos desaproveitar a oportunidade de coñecer esta experiencia das compañeiras de Madrid, para tentar comezar artellar unha resposta conxunta en Galicia ante esta realidade da persecución do colectivo migrante cada día máis grave e lamentable).

 

Para calquer dúbida ou aclaración contactar con Miguel Fernández ou Rocío Rodríguez (981580506 – 662307019 – 600876480)

Email: foroinmigracionsantiago@yahoo.es.