Só Santiago. Xuntanza Foro de Inmigración Santiago

FORO DE INMIGRACIÓN
(SÓ ASOCIACIÓNS DA ZONA DE  SANTIAGO)
CONVOCATORIA DE XUNTANZA ORDINARIA PARA O MÉRCORES DÍA 6 DE NOVEMBRO ÁS 20:30 H NO CTC (SAN ROQUE Nº6 BIS). TEL: 981-576142-981580506
ORDE DO DÍA (Podemos incluír calquera outra cuestión que consideredes importante)
1.- Aprobación da acta da xuntanza anterior.
 
2.- Información sobre diversas actuacións realizadas en relación con actuacións discriminatorias cara ao colectivo inmigrante. Información das actuacións desenvolvidas en relación co acceso ao sistema sanitario das persoas inmigrantes en situación irregular, en colaboración con Médicos do Mundo, Amnistía Internacional, Plataforma SOS Sanidade Pública e Asociación Galega de Medicina Familiar coas que constituímos a Rede Galega en Defensa do Dereito á Saúde . Actuacións en relación coa imposición recente do Concello de A Coruña dunha Taxa por decomiso de mercadoría.
 
3.- Avaliación e valoración  das accións e actividades desenvolvidas na SEMANA GALEGA DE LOITA CONTRA AS FRONTEIRAS 21-25 DE OUTUBRO.
 
4.- Propostas e Actuacións saídas de Asemblea: Xuntanza do Foro Galego sobre dereito a un emprego digno (emprego doméstico) celebrada en Outubro. Xuntanza do 16 de Novembro sobre o tema do reparto de alimentos coordenada polas compañeiras de Boiro.
 
5.- Novas propostas para o curso 2013-2014.
 
6.-Información de Actividades das Asociacións e Entidades do Foro.
 
7.- Preguntas e Suxestións.
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142
Anuncios

CLASES DE CASTELLANO

Reenviamos información de las  Clases de Castellano de Cáritas en Santiago de Compostela
CLASES DE CASTELLANO
CURSO 2013 – 2014
 
Organiza: Cáritas Interparroquial de Santiago
Horario: de Lunes a Viernes de 19 a 20 horas
 
 
Información e inscripciones:
Centro de Traballo e Cultura
r/ San Roque nº 6 bis. Telf.: 981 576142
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142

Semana de Loita Contra as Fronteiras

O Foro Galego da Inmigración organiza xunto a colectivos sociais unha
Semana de Loita contra as Fronteiras do 21 ao 25 de outubro
Pasado un ano da entrada en vigor do Real Decreto 16/2012, que retira o dereito á asistencia sanitaria ás persoas migrantes en situación irregular, o Foro Galego da Inmigración quere denunciar a trama de fronteiras que a política de estranxeiría española impón ás persoas migrantes.
Entendemos as fronteiras de forma ampla, abarcando desde os pasos fronteirizos exteriores até toda unha profusión de prácticas institucionais e policiais que, moitas veces de forma menos perceptible, instauran barreiras entre as persoas que habitamos un territorio en función da procedencia, trazos étnicos ou outros signos identitarios.
Desde os colectivos organizadores, sostemos que o acceso diferencial ao sistema de dereitos, como é o caso do fundamental dereito á saúde, representa un elemento máis do armazón de fronteiras interiores arquitectado polo poder estatal, coa cumplicidad doutros niveis admnistrativos. O objectivo non é outros que apuntalar a situación de subordinación e explotación das persoas migrantes e promover a división entre diferentes grupos sociais, empregando a competencia por recursos escasos e a creación dun inimigo interno como método de control e disciplinamiento social.

Con esta semana queremos denunciar as consecuencias da política migratoria española e europea, inserida no marco de desigualdade, e consecuente mobilidade forzada, xerado polo sistema capitalista.
E como exemplo paradigmático da engrenaxe de fronteiras institucionais examinaremos o efecto da aplicación do Decreto Sanitario, e do seu parche galego, o Programa Galego de Atención á Saúde Pública, no acceso á asistencia sanitaria das persoas migrantes.
asem
Para iso, contaremos coa participación de Eduardo Romero, integrante do colectivo asturiano Cambalache, autor de diferentes textos sobre políticas migratorias e co-autor do libro “¿Qué hacemos con las fronteras?”.
Entre as actividades que compoñen esta semana de loita, están as presentacións do libro en Vigo, Ourense e Coruña, coloquios en Compostela e Ferrol baixo o título “Fronteiras. Diferentes dispositivos, mesma función. Políticas migratorias e exclusión de dereitos”, nos que participará Eduardo Romero e activistas polo dereito á saúde universal. A semana completarase cunha rolda de prensa e dous actos reivindicativos en Compostela.
 
Axuntamos cartel e pregamos difusión.


FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142
Cartaz Loita contra Fronteiras