COMUNICADO DE PRENSA

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
COMUNICADO DE PRENSA
DESCRICIÓN E POSICIONAMENTO ANTE A  ÚLTIMA INTOLERABLE AGRESIÓN POLICIAL A UNHA PERSOA DE ORIXE NIXERIANO NA CIDADE DE A CORUÑA OCORRIDA A SEMANA PASADA
O Foro Galego de Inmigración, xunto coa Asociación Sen Papeis de A Coruña   en relación co acoso  ao que está a  someter a Policía Local de A Coruña ao colectivo de persoas migrantes nixerianas residentes na cidade, particularmente aos vendedores ambulantes, mantivo  onte mércores día 12 de xuño  unha xuntanza, con representantes municipais do BNG e EU no Concello de A Coruña, na que participaron tamén compañeiros do propio colectivo afectado.
 Nesas xuntanzas, Peter, a persoa directamente agredida a semana pasada relatou os seguintes feitos:
 
“O xoves día 6 de xuño, pola tarde atopabase preto do Centro Comercial Marineda City vendendo caramelos na rúa, e cando se dirixía a recoller a axuda/pago que lle quería facer unha señora foi retido por unha persoa, que lle colleu polo ombro e identificouse como policía. Esta persoa vestida de paisano, insistíulle en collerlle o macuto no que levaba a mercancía que levaba, tratandono de forma violenta. Colleulle a documentación e finalmente “requisoulle” a mercancía.
O venres día 7 de xuño, pola mañá  atopábase  no mesmo lugar cun novo macuto e nova mercancía, que lle prestaron a conta. Achegouse un coche da policía local, e o mesmo policía do día anterior, xa uniformado  con outros compañeiros dirixiuse cara a él de novo con intención de collerlle o macuto coa mercancía, Peter agarrouse ao mesmo e veuse forozado a tumbarse no chan onde foi golpeado polo grupo de policías en varias ocasións. Mesmo algunha persoa achegouse para gravar a agresión, pero a propia policía impediullo. Ten Peter en todo caso o contacto dunha persoa disposta a testificar o que víu ese día. Despois duns minutos, e de novo despois de que lle quitaran a mercancía e colleranlle a súa documentación ( é unha persoa residente legal en A Coruña dende hai varios anos con muller e fillos) foi trasladado esposado ata a Comisaria da Policia Nacional, da que non puido saír ata ás 5 da tarde.”
 
Ten por suposto parte médico, da mesma tarde do venres 7 de xuño,  no que constan as lesións producidas. Tamén un avogado proporcionado pola propia Asociación de Nixerianos de A Coruña ocuparase das acción legais oportunas.
 
Dende o Foro Galego de Inmigración e a Asociación Sen Papeis de A Coruña queremos salientar os seguintes feitos, que configuran como absolutamente impresentable a agresión descrita polo protagonista:
1.- O uso continuado da violencia e a desproporción dos medios empregados.
2.- A requisa de mercancía de forma arbitraria e sin que se realice/entregue documento algún a persoa afectada, no que conste o tipo de mercancía e a cantidade incautada e onde a pode recuperar despois de abonar a correspondente multa.
3.- Non hai intención de cubrir y entregar ao afectado  o papel que recolle a sanción administrativa (multa), que en todo caso sería a única acción contraria a normativa municipal imputable a Peter.
4.- Existe unha evidente desigualdade de trato, que nos chamamos polo seu nome: racismo, entre o que recibe Peter, e o que recibimos outros cidadáns por parte da policía local cando nos saltamos un semáforo en vermello (infracción administrativa equivalente a que tería cometido en todo caso Peter). Non parece tampouco que a acción de Peter xustifique o seu traslado á Comisaria de Policia e moito menos que fora esposado.
5.- Chama a atención que un policía local de paisano (para empregar policía de paisano –secreta-, o Concello precisa unha autorización especial da Subdelegación de Goberno, xustificada pola especifidade das accións a desenvolver)  sexa utilizado para controlar unha actividade como  a venda ambulante nos semáforos, que non parece supoñer un  risco tan grave  para a cidadanía de A Coruña  como  para utilizar este recurso extraordinario.
 
E  concluímos:
1.- Seguimos reclamando que a intervención con estas persoas e colectivos debe realizarse dende o ámbito dos servizos de benestar social. Nesa liña imos participar nunha xuntanza con responsables desta área municipal, xunto con responsables de seguridade cidadá a vindeira semana, para tentar buscar unha alternativa ao acoso policial actual. Xuntanza á que fomos convocados, sen dúbida, pola gravidade dos feitos denunciados.
2.- Consideramos que esta actuación inscríbese nunha política de acoso policial contra este colectivo, impulsada  polo propio Concello da cidade. Non se pode entender doutra forma a continuidade da persecución e o incremento progresivo das accións violentas, que pretenden amedrentar a estes cidadáns.
3.- A gravidade da agresión que reflicte o relato pormenorizado descrito máis arriba, esixe a intervención directa do Alcalde da cidade, para desculparse pola mesma en primeiro lugar e para informar das medidas que se van tomar para depurar as responsabilidades profesionais  e políticas que correspondan.
 
Recordamos, por último, que  na súa maioría este colectivo está composto por residentes, recoñecidos legalmente, que se atopan nunha situación de desemprego e que desenvolven esta actividade de venda ambulante, para conseguir uns recursos mínimos que lles permitan sobrevivir. Pois ben,  a Policía Local da cidade ven impoñendo  sancións (multas) de 100 Euros que xa contamos por decenas nos últimos meses , ao tempo que lles impiden realizar calquera actividade que lles permita facelas efectivas. A este acoso sumamos o maltrato policial que alomenos temos  documentado en dous casos nos últimos meses (outro, tivo lugar o 13 de maio na Rúa  Ourense ao lado da Delegación de Goberno).
Para máis información:
Foro Galego de Inmigración:  Miguel Fernández  (662307019) .
Asociación Sen Papeis de A Coruña:  Nicanor (698-137876)
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142

Nota DE PRENSA

 

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Nota DE PRENSA
SALVEMOS A HOSPITALIDADE
 
O Foro Galego de Inmigración  no marco da Campaña Estatal Salvemos a Hospitalidade que desenvolve e promove xunto con outras entidades e asociacións do conxunto do Estado  difunde en Galicia a nota oficial da Campaña  Estatal que fai balanzo da mesma ata este momento:
 
La moción contra la reforma del Código Penal que criminaliza la solidaridad se ha aprobado ya en 43 ayuntamientos de todo el país
Valencia, Málaga, Sevilla, Getafe, Palma de Mallorca, Córdoba o Alicante son algunas de las ciudades que rechazan la reforma del Código Penal · El texto de la campaña http://www.salvemoslahospitalidad.org también ha sido aprobado en el Parlamento de Navarra y las Cortes de Aragón · En los cuatro primeros meses de campaña se ha presentado la moción en 104 administraciones públicas, como refleja el ‘mapa de la hospitalidad’ que se puede encontrar en la web · Cáritas España o Eapn-España se han sumado a la campaña, promovida por una veintena de organizaciones sociales.
El pasado mes de febrero, una veintena de entidades sociales de todo el país lanzamos la campaña http://www.salvemoslahospitalidad.org. La iniciativa buscaba centralizar las acciones que rechazan la persecución penal de la ayuda humanitaria y solidaria a las personas en situación administrativa irregular, como incluía el borrador de la reforma del Código Penal promovida por el Gobierno. Hoy, cuatro meses después, podemos decir que la cifra de entidades sociales que apoyan esta campaña en todo el país se ha duplicado hasta superar las 40, con nombres como el de Cáritas España o EAPN-España, que se unen a Médicos del Mundo, Andalucía Acoge, CEAR, PICUM o Pueblos Unidos, entre otras. Pero la campaña no se ha quedado ahí, sino que ha entrado en la vida institucional de gran parte del país: a la defensa de la hospitalidad se han sumado ya 43 ayuntamientos de todo el país, entre los que destacan los de ciudades como Valencia, Sevilla, Palma de Mallorca, Málaga, Alicante, Murcia, Córdoba, Getafe, Avilés, Vila-Real, Jaén, Barakaldo, Soria, Rubí o Linares, entre otros, así como el Parlamento de Navarra y las Cortes de Aragón. Municipios de tamaño diverso y repartidos por todo el país, que representan también a muchos ciudadanos y que demuestra el importante rechazo por parte de la sociedad española a la persecución de la solidaridad en el Código Penal. En total, se han presentado 104 mociones: 99 en ayuntamientos –con un resultado de 43 aprobadas, 10 denegadas y 46 en tramitación sin resolución todavía-, cuatro en parlamentos –con el resultado de dos aprobados, una en tramitación y otra denegada- y una en diputaciones –la de Málaga, que no debatió la moción-.
Salvemos la hospitalidad surgió como respuesta a la reforma del Código Penal que tipifica la solidaridad como delito. El artículo 318 bis del Código Penal nació como garante de la protección de las personas afectadas por ciertas actividades derivadas de los flujos migratorios, como la trata de seres humanos o el tráfico de inmigrantes. Sin embargo, con la modificación de dicho artículo que pretende llevar a cabo el Gobierno, el artículo incluirá también que actuar de forma humanitaria puede convertirse en delito, algo que originó la campaña Salvemos la Hospitalidad. Ese primer texto que incluía el borrador de reforma del Código Penal dejaba a manos del Ministerio Fiscal la decisión sobre qué ayuda humanitaria y solidaria podía ser considerada delito, algo que hemos denunciado con esta campaña.
Gracias a la presión de muchas entidades sociales que han unido sus fuerzas en http://www.salvemoslahospitalidad.org, el artículo ha sido ya modificado. Sin embargo, lo que supone un importante paso adelante, se volverá a quedar en nada, porque la nueva propuesta gubernamental para el texto sigue penalizando la solidaridad. Ahora, el texto indica que los casos de ayuda a personas inmigrantes en situación administrativa irregular “no serán punibles cuando el objetivo perseguido por el autor fuere únicamente prestar, de forma ocasional, ayuda humanitaria a la persona de que se trate”. Es decir, aparece un nuevo matiz, la palabra “ocasional”, penalizando la ayuda humanitaria prestada de modo constante y que también implica la penalización de una opción moral hecha compromiso de vida. Cuando, insistimos, la solidaridad nunca deberá estar castigada en el Código Penal ni en ningún otro sitio.
La web http://www.salvemoslahospitalidad.org también nació con la intención de facilitar a otras organizaciones y personas unirse a la campaña mediante diversas fórmulas. Una de ellas era la presentación de mociones en los ayuntamientos y parlamentos autonómicos del país en las que se pedía la retirada de la inclusión de la solidaridad en el Código Penal. Así, desde el pasado mes de febrero la moción ha sido presentada en cerca de un centenar de ayuntamientos y gobiernos autonómicos de España. Y mientras se debate en 46 plenos municipales, como decíamos, ya ha sido aprobada en 43 ayuntamientos. De hecho, existe un ‘Mapa de la hospitalidad’ en la web http://www.salvemoslahospitalidad.org donde están recogidas todas estas mociones presentadas y, también, los actos reivindicativos en torno a la campaña. Un mapa de fácil acceso para todos y que se va actualizando constantemente.
Y, aunque el crecimiento de la campaña no cesa, las entidades promotoras de Salvemos la hospitalidad no queremos quedarnos ahí. Así que volvemos a invitar a sumarse a todas las organizaciones sociales, ONG, personas físicas… Y a presentar la moción Salvemos la hospitalidad en el ayuntamiento de sus municipios. Todos los materiales para ello están disponibles públicamente en la web http://www.salvemoslahospitalidad.org. Ahí se puede encontrar desde el modelo para descargar y completar hasta imágenes para personalizar cuentas de redes sociales y carteles con los que apoyar la campaña en actos públicos.
Por último, recordamos que esta acción está enmarcada dentro de las actividades iniciadas por la plataforma Salvemos la hospitalidad con la recogida de firmas a través de la plataforma change.org (anímate a firmar si aun no lo has hecho) para tratar de modificar la redacción del artículo 318 bis del borrador de código penal que está trabajando el Gobierno.
 
 
PARA MÁIS INFORMACIÓN: Galicia: Miguel Fernández Blanco (662-307019) Rocío Rodríguez (981-580506/600-876480)
Malaga: Nacho Sánchez, Mlaga Acoge  606 104 838
 
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142

COMUNICADO DE PRENSA

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
COMUNICADO DE PRENSA
INTOLERABLE AGRESIÓN POLICIAL A UNHA PERSOA DE ORIXE NIXERIANO NA CIDADE DE A CORUÑA
Foro Galego de Inmigración, xunto coa Asociación Sen Papeis de A Coruña  e outros colectivos desa cidade, ven denunciando dende hai varios meses o acoso  ao que está a  someter a Policía Local de A Coruña ao colectivo de persoas migrantes nixerianas residentes na cidade, particularmente aos vendedores ambulantes.
Desgraciadamente esas actuacións continuadas derivaron onte venres día 7 de xuño nunha intolerable agresión policial a unha persoa de orixe nixeriano que desenvolvía esta actividade de venda no Polígono de A Grela, preto do Centro Comercial Marineda City É a segunda agresión deste tipo, tras outra que denunciamos xa no pasado mes de maio.
Queremos facer denuncia pública desta Actuación intolerable, emprenderemos tamén, se é o caso,  as acción xudiciais pertinentes,   e esiximos tamén  unha aclaración pública do Alcalde de A Coruña, responsable último destas actuacións violentas e racistas que ven desenvolvendo con este colectivo a policía local. Aclaración Pública  que inclúa un compromiso explícito de poñer fin a estas agresións.
 
Na súa maioría este colectivo está composto por residentes, recoñecidos legalmente, que se atopan nunha situación de desemprego e que desenvolven esta actividade de venda ambulante, para conseguir uns recursos mínimos que lles permitan sobrevivir. Pois ben,  a Policía Local da cidade ven impoñendo  sancións (multas) de 100 Euros que xa contamos por decenas nos últimos meses , ao tempo que lles impiden realizar calquera actividade que lles permita facelas efectivas. A este acoso sumamos o maltrato policial que alomenos temos  documentado en dous casos nos últimos meses.
Estamos diante dunha  aplicación das leis que atenta contra os dereitos humanos e contra a leximitade de quen ordea a aplicación de tal normativa, polo que o Foro Galego de Inmigración, xunto coa Asociación Sen Papeis de A Coruña, esixen o cese do maltrato ás persoas migrantes, unha política activa contra a exclusión social e de defensa dos dereitos das persoas migrantes e, ao tempo,  unha xestión intelixente da diversidade cultural por parte das autoridades locais.
Para máis información:
Foro Galego de Inmigración:  Miguel Fernández  (662307019) .
Asociación Sen Papeis de A Coruña:  Nicanor Alonso (698-137876)
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142