FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN Comunicado de prensa – NINGUNHA PERSOA DEPORTADA

ning_vecinha_depo(1)
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Comunicado de prensa
NINGUNHA PERSOA DEPORTADA
ConcentrACCIÓN POÉTICO-MUSICAL en denuncia da deportación do veciñoDanny Vera
xoves 1 de xuño ás 20:00 h
Praza Rodrigo Padron
Compostela.
Na Concentración, na que contamos coa participación da nai de Danny, haberá  lectura de poemas e actuacións musicais.
Fronte a enchente de cifras macabras sobre ás persoas que se deixan a vida cruzando as fronteiras, as mortes no Mediterráneo, os números que reflexan os campos de refuxiados, queremos darlle corpo á Inxustiza, mencionar os NOMES PROPIOS NA VIOLENCIA DAS DEPORTACIÓNS:
Queremos dar nomes a quen se lucra co perverso negocio das deportacións e do control de fronteiras. Air Nostrum, filial de Iberia, Viajes Barceló, Air Europa, Halcón Viajes e Viajes Ecuador, estas últimas intregrantes de Globalia, propiedade de Juan Jose Hidalgo. Queremos darlle nome ás persoas que sofren as consecuencias das súas políticas do medo e da arbitrariedade: Danny Vera  chegou ao territorio español no ano 2002, con cinco anos de idade en compaña da súa nai. Desde 2003 residiron en Compostela. Viviron na Rúa de Teo, nos Basquiños e en Rodríguez de Viguri. A adolescencia de Danny, como a de tantos outros mozos e mozas de familias en situación de exclusión, foi complicada. No ano 2012 pasou a situación de garda por parte da Xunta de Galicia no Centro de Menores en Rábade. En 2015 volveu residir coa súa nai e con ela continuou convivindo ata a súa expulsión en novembro do ano pasado. Non puido xestionar a súa autorización de residencia pola falta de ingresos suficientes da súa nai e por non dispor dun contrato de traballo. Como tantos mozos e mozas que compoñen o 60 por cento de poboación xuvenil en desemprego.
Mais cunha diferenza, Danny forma parte dunha categoría aínda máis vulnerábel: é unha persoa potencialmente deportábel. O Estado policial cumpriu a ameaza que sobrevoa constantemente sobre as persoas migrantes:Deportación exprés. Devolución en 72 horas a un país que, neste caso, Danny apenas coñecía.Expulsadas e expulsados con independencia da situación familiar, afectiva ou social, do arraigadas que estean aquí. Cada ano o Estado Español deporta arredor de 10.500 persoas. Máis de 7 de cada 10 persoas son deportadas, como Danny, desde as comisarías. De forma exprés, sen que poidan despedirse da súa xente, avisar a unha organización de defensa dos dereitos humanos ou iniciar algún tipo de procedemento legal para paralizar a expulsión. En Galiza, cada día aproximadamente 2 persoas son detidas por non ter documentación en regra. Unha parte delas, como lle pasou a Danny, son deportadas de xeito sumario.
 
Son as nosas veciñas e veciños. Fronte aos seus muros e concertinas, fronte as súas redadas, construamos unha malla de solidariedade con elas. Paremos este vergoñento tráfico legalizado de seres humanos.
STOP DEPORTACIÓNS!
 
CONVOCAMOS AO CONXUNTO DA CIDADANÍA COMPOSTELÁ  A PARTICIPAR NESTE ACTO DE SOLIDARIEDADE E DE REVINDICACIÓN,  EN DEFENSA DOS DEREITOS DE TOD@S EN DEFINITIVA . NON OLLEMOS CARA  A OUTRO LADO, ISTO SUCEDE E SUCEDE AQUÍ TAMÉN.
 
XUNTAMOS CARTAZ DO ACTO.
 
Para máis información: Miguel Fernández (662-307019)
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142

ENCONTRO 2017 FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN (10 de junio)

 ENCONTRO 2017 FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN – 10 DE XUÑO DE 2017
 
Polo dereito a vivir dignamente” 
Lugar:  A CORUÑA. CASA MUSEO CASARES QUIROGA. Rúa Panadeiras n.º 12 (no centro histórico)
Programa:
10:30 H: Acollida
11:00 H: Mesa Redonda: “Rachemos coas fronteiras da exclusión: O papel das rendas sociais.”. Silvia Cameán,  Concelleira de Benestar Social de A Coruña; Ruth López (Colectivo Baladre-Erletxea); unha persoa perceptora da renda local de A Coruña; Bieito Lorenzo Penela (Colectivo pola Renda Básica Universal de Compostela). Modera Leticia Castro (Foro Galego de Inmigración).
13:00H: Pasarúa Revíndicativo (preténdese que teña un carácter festivo, con música e non que sexa unha simple manifestación) que rematará no Campo da Leña.
14:00H. Xantar compartido.
16:00H: Formación «Renda básica das iguais; construíndo comunidade para desbordar o capitalismo» a cargo de Ruth López (Baladre-Erletxea).
17:30H: Espazo de Asemblea.
18:30H: Remate do Encontro. 
 
Xuntase  Cartel 
IMPORTANTE; Para sair dende Santiago de Compostela quedamos no CTC (Centro de Traballo e Cultura de Cáritas – Rúa San roque 6- bis) ás 9:30 hs.
Para coordinar a saida dende Ferrol  falar con Susana (680 922 151)   
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142

IMPORTANTE – DIFUNDIR – CASO DANNY VERA

IMPORTANTE:
Desde el Colectivo Paraguay Resiste elaboraron un comunicado público para aquellas  organizaciones y personas que se solidaricen con el caso de Daniel Vera  (joven paraguayo injustamente expulsado), pueden puede firmar en el siguiente enlace.  Cuando se presente el recurso se depositará por registro. 
 
En este enlace lo puedes ver:  

FORO DE INMIGRACIÓN (SÓ ASOCIACIÓNS DA ZONA DE SANTIAGO)

CONVOCATORIA DE XUNTANZA ORDINARIA PARA O MÉRCORES  DÍA 3 DE MAIO  ÁS 20:30 H NO CENTRO TRABALLO E CULTURA (Rúa San Roque nº 6Bis). TEL: 981-576142-981580506
ORDE DO DÍA(aberto coma sempre a que se poida achegar outros puntos que consideredes axeitados):
 
1.- En Defensa dos Dereitos das Persoas Migrantes: Actividades desenvolvidas e que temos previstos desenvolver no marco da Rede Galega en Defensa da Sáude. Actividades no marco da Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas.
 
2.- Recurso, Concentración, Rolda de Prensa e outras actuacións en relación coa deportación do rapaz paraguaio que levaba 14 anos (dende os 5 anos) vivindo en Compostela.
3.-  Actividades sobre Renda Municipal de Compostela. Novas propostas e informacións
4.-  Información Encontro Final de Curso (A Coruña, 10 de Xuño). Información Proxecto ACAMPA.( A Coruña15-18 de Xuño)
 
5.- Actividades interculturais dos colectivos migrantes en Compostela.
 
6.- Información de actuacións e actividades das entidades e colectivos participantes no Foro.
 
7.- Preguntas e Suxestións.
 
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142