Comunicado de prensa

 

Comunicado de Prensa

 

 

Foro Galego de Inmigración, a Plataforma S.O.S Sanidade Pública,  Médicos do Mundo,  a Asociación Galega de Medicina Familiar e a Fundación JUANSOÑADOR  en relación co desenvolvemento do Programa Galego de Protección Social da Saúde Pública (PGPSSP) que debe garantir a atención sanitaria ás persoas inmigrantes en situación de irregularidade administrativa residentes en Galicia, queremos facer público o seguinte Comunicado de Valoración, cando se cumpren 5 meses da súa posta en marcha.

 

Malia isto, as asociacións e entidades que asinamos este Comunicado,  consideramos que a perda do dereito a asistencia sanitaria é intolerable e seguiremos a loitar de forma firme e colectiva contra o Real Decreto 16/2012, que supón un cambio radical de modelo que supedita o dereito á asistencia sanitaria ao  aseguramento (afiliación ou non ao sistema da Seguridade Social) e non, como viña sendo, á condición de cidadanía. Como consecuencia directa deste cambio, prívase do dereito fundamental á saúde ás persoas inmigrantes en situación de irregularidade administrativa.

A data 24/02/2013 temos constacia e destacamos os seguintes datos:

 

1.- O número de persoas acollidas ao PGPSSP nestes momentos é moi reducido: apenas 300 persoas sobre un total potencial de 9.000. A propia Consellería de Sanidade recoñece a existencia de 3.000 casos en que se utilizaron os servizos sanitarios e a pesar de estar en disposición de entrar no programa, non o fixeron.

 

2.- As razóns desto teñen que ver coa falta de información que lle chega a poboación susceptible de acollerse ao Programa. . Moitas veces a información é confusa e mesmo pode provocar a renuncia  a acollerse ao PGPSSP por medo ou sensación de exceso de requisitos.

 

3.- Temos documentados decenas de casos nos que atopamos atrancos importantes para conseguir o acceso á atención nas situacións especiais que contempla o Real Decreto 16/2012 (menores, mulleres embarazadas e outros). Nas ocasións en que as persoas non teñen a algunha entidade ou asociación de referencia eses atrancos poden ser insuperables.

 

4.- A esixencia de documentos identificativos o de empadroamentos, como se denunciou no seu momento, son barreiras que están dificultando na práctica un acceso efectivo e rápido a atención sanitaria.

5.- O contexto de medo polo incremento da persecución policial sobre o colectivo en Galicia xoga en contra da confianza destas persoas nas administracións públicas. Compre que os requisitos e requerimentos sexan sinxelos e claros, para non provocar á renuncia a continuar co proceso de entrada no PGPSSP.

 

6.- Exisimos, pois:

·         Que sexa a propia Administración Sanitaria Galega  a que poña un maior interese e esforzo na difusión do PGPSSP, entre o seu propio persoal e cara ao conxunto da sociedade.

·         Ampliar o prazo transitorio que remata o 30 de Xuño de 2013 para que as persoas que tiñan tarxeta sanitaria antes do 1 de setembro de 2012  podan ter acceso a o Programa dado o baixo ritmo de incorporacións que temos ata o de agora.

·         O compromiso  e a garantía de mantemento do PGPSSP mentres non se derogue o RD 16/2012

 

7.- Facemos, por último, un chamamento ao conxunto da cidadanía e as persoas e asociacións en contacto con persoas inmigrantes para facer a máxima difusión posible sobre a existencia do PGPSSP;

 

  Para máis información:

·         Foro Galego de Inmigración: 662-307019

·         Médicos do Mundo:639-647153

·         SOS Sanidade Pública: 669-704177

·         Asociación Galega de Medicina Familiar: 609-547147

·         Fundación JUANSOÑADOR: 636-964509

Recordatorio Xuntanza

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN

CONFIRMAR ASISTENCIA ….

 

Pola presente   convocamos unha    XUNTANZA DO FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN para o sábadodía 2  de MARZO   ás 11:00 h en Santiago no Centro Traballo e Cultura de Cáritas (Rúa San Roque nº 6 Bis ao lado do Colexio La Salle, preto tamén da Estación de Autobuses. Se tedes algún problema con situar o local, que é o lugar de xuntanza habitual do Foro de Santiago, avisade e quedamos nalgún lugar antes )

 

A   Proposta de orde do día sería (con posibilidade, coma sempre, de incorporar calquer outro tema ):

 

1.- Avaliación do  Encontro coas compañeiras do Ferrocarril Clandestino de Madrid, celebrado o pasado día 9 de Febreiro. Cuestións e Propostas xurdidas nese Encontro para a organización e actuacións  do Foro.

2.- Campaña Ninguén Sobra Nunha Crise: Informe dos traballos e actuacións desenvolvidas e Propostas  nas 4 áreas temáticas de traballo: recurtes sanitarios, emprego doméstico, persecución policial e reparto de alimentos

3.- Asemblea 2013: En relación cos puntos anteriores, propostas de data, lugar e dinámica-temática da Asemblea.

4.- Información da Campaña Salvemos a Hospitalidade na que estamos a participar.

5.- Preguntas e Suxestións.

 

AGRADECEMOS QUE CONFIRMEDES A VOSA PARTICIPACIÓN NA XUNTANZA con anterioridade.

 

Para calquer dúbida ou aclaración contactar con Miguel Fernández ou Rocío Rodríguez(981-580506-662307019-600876480)  Email:foroinmigracionsantiago@yahoo.es.

COMUNICADO DE PRENSA

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN

COMUNICADO   DE PRENSA

O Foro Galego de Inmigración  formado por asociacións e entidades de migrantes ou que prestan servizos a estes colectivo de Galiza,  no marco da súa Campaña: Ninguen Sobra nunha Crise:

Convoca  un Acto Público   o venres día 8 de Febreiro ás 19:00 h na Galería Sargadelos de Santiago de Compostela (Rúa do Vilar nº 16) co tema:

REPRESIÓN XENÓFOBA, POLÍTICAS MIGRATORIAS E ESTRATEXÍAS DE RESISTENCIA.

 

Contaremos coa presenza de dúas representantes do colectivo FERROCARRIL CLANDESTINO de Madrid, coñecida e estendida rede de apoio contra a Lei de Estranxeiría española e en xeral contra a política migratoria europea.

O Foro Galego de Inmigración convoca este Acto do marco das súas denuncias fronte a persecución policial que sufren as persoas migrantes en situación de irregularidade administrativa na Galiza. Na procura tamén de estratexías que promovan a autodefensa e a solidariedade no propio colectivo e entre as asociacións, entidades e persoas que defendemos os seus dereitos.

Para máis información: Miguel Fernández (            662-307019      ) ou Rocío Rodríguez (981-580506/600-876460)