FORO DE INMIGRACIÓN (SÓ SANTIAGO)

FORO DE INMIGRACIÓN
(SÓ ASOCIACIÓNS DA ZONA DE  SANTIAGO)
CONVOCATORIA DE XUNTANZA ORDINARIA PARA O MÉRCORES  DÍA 1 DE FEBREIRO  ÁS 20:30 H NO CENTRO TRABALLO E CULTURA (Rúa San Roque nº 6Bis). TEL: 981-576142-981580506
ORDE DO DÍA(aberto coma sempre a que se poida achegar outros puntos que consideredes axeitados):
 
1.- En Defensa dos Dereitos das Persoas Migrantes: Actividades desenvolvidas e que temos previstos desenvolver no marco da Rede Galega en Defensa da Sáude. Actividades no marco da Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas.  Comunicado de prensa en apoio do Compañeiro de Coia, Diego Lores.
2.- Proposta de novas Actuacións  para o primeiro semestre do ano 2017 (ata o Encontro Final do Curso) Temáticas relacionadas coas rendas sociais, a persecución do colectivo migrante en situación irregular, os voos de deportación,  a situación das persoas manteiras, ou outras que se poidan propor. Información da Xuntanza do Foro Galego do 28 de xaneiro
 
3.- Actividades interculturais dos colectivos migrantes en Compostela.
 
4.- Información de actuacións e actividades das entidades e colectivos participantes no Foro.
 
5.- Preguntas e Suxestións.
 
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142
Anuncios

UNHA MOI BOA NOVA: PREMIO PORTAPAZ AO FORO GALEGO

UNHA MOI BOA NOVA.
Compañeir@s:
Onte luns pola tarde/noite chamaron do Seminario Galego de Educación para a Paz para informar que acordaran concedernos ao Foro Galego de Inmigración o seu premio anual o coñecido, e prestixioso,  premio PORTAPAZ,  que se entrega pola defensa dos valores que se corresponden cunha cultura de Paz. O acto de entrega será este venres día 27de xaneiro pola tarde en Compostela nun lugar aínda por determinar. Informaremos en canto o saibamos do lugar e hora (será pola tarde/noite), por se podedes achegaros, polo menos os de Compostela. O premio non ten dotación económica, pero penso que ten un importante valor simbólico.
Unha aperta
Miguel Fernández
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142

XUNTANZA DO FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN

 Santiago,  18 de xaneiro  de 2017.
 
Ola  Compañeiros e Compañeiras, despois dalgún contacto previo, porque na última non quedaramos nunha data concreta,   convocamos   XUNTANZA DO FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN para o sábado día  28 de xaneiro do 2017  ás 11:00 h en Santiago no Centro Social de Fontiñas (Rúa Berlín nº 16 preto da Estacion de Autobuses e de Área Central, o  lugar habitual) Para rematar sobre ás 13:00 h.
 
A   Proposta de orde do día sería (con posibilidade, coma sempre, de incorporar calquer outro tema) :
 1.- Informacións sobre cuestións varias: Rede Galega en Defensa da Saúde. Rede Galega en Defensa das Persoas Refuxiadas. Comunicados de prensa por expulsión express dun rapaz paraguaio en Compostela  e en apoio do Compañeiro de Coia, Diego Lores.
2.- Avaliación da Semana Galega de Loita contra as Fronteiras (Decembro) e información doutras actividades realizadas.
3.-  Proposta de novas Actuacións  para o primeiro semestre do ano 2017 (ata o Encontro Final do Curso) Temáticas relacionadas coas rendas sociais, a persecución do colectivo migrante en situación irregular, os voos de deportación,  a situación das persoas manteiras, ou outras que se poidan propor.  
4Informacións, preguntas, suxestións, propostas, etc.
 
AGRADECEMOS QUE CONFIRMEDES A VOSA PARTICIPACIÓN NA XUNTANZA.
 
Para calquer dúbida ou aclaración contactar con Miguel ou Rocío (981-580506/ 662307019) Email:foroinmigracionsantiago@yahoo.es.
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142

FORO DE INMIGRACIÓN (SÓ SANTIAGO)

FORO DE INMIGRACIÓN
(SÓ ASOCIACIÓNS DA ZONA DE  SANTIAGO)
 
CONVOCATORIA DE XUNTANZA ORDINARIA PARA O MÉRCORES  DÍA 11 DE XANEIRO ÁS 20:30 H NO CENTRO TRABALLO E CULTURA (Rúa San Roque nº 6Bis). TEL: 981-576142-981580506
ORDE DO DÍA(aberto coma sempre a que se poida achegar outros puntos que consideredes axeitados):
 
1.- En Defensa dos Dereitos das Persoas Migrantes: Actividades desenvolvidas e que temos previstos desenvolver no marco da Rede Galega en Defensa da Sáude. Actividades no marco da Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas (Acto Obradoiro 28/12/2016).
 
2.- Avaliación da  Semana de Loita contra as Fronteiras en torno as Rendas Sociais 14-18 de Decembro
 
3.- Avaliación das Actividades interculturais no Nadal, promovidas polos colectivos migrantes con colaboración do Concello.
 
4.- Proposta de  Novas Actuacións e Actividades  para desenvolver no primeiro semestre de 2017.
 
5.- Información de actuacións e actividades das entidades e colectivos participantes no Foro.
 
6.- Preguntas e Suxestións.
 
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142