FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
COMUNICADO DE PRENSA
O Foro Galego de Inmigración formado por asociacións e entidades de migrantes ou que prestan servizos a estes colectivo de Galiza, quere facer público o seguinteComunicado en relación co endurecemento da Lei de Estranxeiría que supora a imposibilidade de acceso ao sistema sanitario común para as persoas inmigrantes en situación de irregularidade administrativa:
“1.- A decisión do Consello de Ministros do pasado venres día 20 de Abril de endurecer a Lei de estranxeiría, para esixir requisitos, a maiores do empadroamento en territorio español, para ter dereito de acceso á tarxeta sanitaria é unha flagrante violación dos dereitos humanos por unha banda, por outra da Carta Europea de Dereitos Sanitarios e ademáis é unha decisión terriblemente inxusta.
2.- Esta decisión supón pechar na práctica a atención sanitaria a un dos colectivos en maior situación de vulnerabilidade, que deben superar as 600.000 persoas no Conxunto do Estado e entre 8.000 e 10.000 en Galicia. A Atención Sanitaria de Urxencias para este colectivo produciríase coa obriga de abonar os custos da mesma, o que de feito a imposibilita, ou cando sexan cuestións graves xenerará debedas inasumibles, que ademáis impedirán tamén as posibilidades de regularización destas persoas.
3.- Esta decisión é unha terrible inxustiza, porque as persoas migrantes en situación de irregularidade administrativa non teñen nada que ver co chamado “turismo sanitario”, cuestión que atinxe de forma prácticamente en exclusiva a persoas procedentes da Unión Europea. É ademáis unha decisión claramente racista, que pretende responsabilizar a un colectivo, en situación de alta vulnerabilidade social, das dificultades de sostemento do sistema sanitario por un suposto abuso do mesmo. Non ten sentido algún que se negué a tarxeta sanitaria para persoas sen recursos, a un dos colectivos que de menos recursos pode dispoñer.
4.- La no atención sanitaria dunha parte da poboación residente no Estado Español é moito máis que un recurte ou un “aforro”, é unha exclusión intolerable e perigosa para a vida destas persoas, dun dos colectivos en maior situación de vulnerabilidade. Por iso, o Foro Galego de Inmigración quere facer un chamamento ao partidos políticos, sindicatos, asociacións, entidades, e a poboación en xeral para que non permitamos que esta decisión chegue a concretarse no anunciado cambio lexislativo que estableza cidadáns de primeira e de segunda; persoas de primeira e de segunda; no referente a atención sanitaria no Estado Español. NON O PODEMOS PERMITIR.
Para máis información: Miguel Fernández ( 662-307019 ) ou Rocío Rodríguez ( 981-580506 /600-876460)
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142