Estando a dez mil quilómetros, con un océano por medio, quero manifestar a miña solidariedade ca familia de Katy Wergen , a mapuche galega exemplo de integración neste País, Muller loitadora, mai exemplar e galega de convicción…
Coñezoa ben, dende fai anos, cando preocupados polo feito migratorio puxemos cabeza en crear unha asociación que velara polos seus dereitos e axudara a súa integración, facendo mási levadeira a sua convivencia nun País como o galego de cultura tan diferenciada a súa de orixe.
Mesmamente resúltame indignante que a xenofobia, o racismo máis reaccionario e rancio se cebe nesta Muller e na sua familia, coñecedor en primeira persoa como son dos esforzos de Katy por integrarse e axudar a integrar a outros inmigrantes, espallando a nosa cultura e dándonos a coñecer a nós galegas e galegos a do seu orixinario País, onde por certo o feito de ser dunha etnia riquisima culturalmente e ben anterga, segue a pelexar polo seu recoñecemento diferenciado cal é a do pobo mapuche…
Daqueles anos, e da lembranza das loitas a prol das regularizació ns dignas, e da pelexa pola melloria dunha inxusta lei de extarnxeria que segue a ser violatoria dos dereitos humans mais elementais, recoñecidos na Declaratoria Universal dos Deritos Humans de 1948 , quedounos un afecto e aprecio que no meu caso levame a admiración pola valentia desta muller nas peleas contra as adversidades que na vida cotidian van xurdindo. Katy foi un referente entre a colectividade migratoria en Ferrolterra, e sempre deu consellos no senso da integración e coñecemento da cultura galega. E así consta nos estatutos da asociación que da nosa man veu a luz : ASMIREFE, asociación migratoria de retornados i emigrantes de Ferrolterra.
E meritorio que logo de viaxar a o seu Chile natal, atraida polos ditos da melloria e rexurdir do seu país, e vendo que non todo era tal e como o pintaban, retorna a Ferrol e empeza de novo a súa vida nesta cidade pola que sempre amosou unha querencia.
Resulta paradoxal e indignante, que unha persoa que tanto loitou por traballar a prol da integración da colectividade inmigrante, sexa hoxe victima desa minoria que perdeu a memoria histórica e que se esqueza de que a primeira condición dos galeg@s e ser agradecidos a Terra que nos da o pan…( Tal era o pensamento dun galego que andivo por acó, que morreu o ano 50, e que foi enterrado na Chacarita no mesmo cemiterio que onte despediamos a Negra Mercedes Sosa.
O galego do que falo, era naturalmente rianxeiro, era Castelao) E as mesmas causas que dende o século IXX levaron a emigración a centos de miles de compatriotas, son as que fan que hoxe a ola vaia de retorno a vella Europa, non sen recoñecer que as politicas neoliberais aplicadas con rigor nas dictaduras que os pobos do Sur sofriron nos anos 70-80, acentuaron a expulsión a emigración a centos de miles tamén…
Neste senso quero deixar ben clara a miña solidariedade neste caso, e adherirme á mobilización que o vindeiro 18 o Foro Galego de Inmigración convoca.
Finalmente non podo deixar de pasar esta oportunidade para facer un comentario, precisamente o fio do que o pasado luns decia un informe do Programa de Nacions Unidas para o Desenvolvemento, elaborado con datos de 182 paises menbros da ONU :
Un dos autores deste informe; Jeni Klugman, afirmaba que os gobernos deberan ser máis permisivos e axustados a dereito, propoñendo un “entorno normativo” que permita aproveitar os beneficios da inmigración, pero tamén correxir alguns “conceptos erróneos” e “estereotipos negativos” sobre este fenómeno como aquel de que os migrantes “quitannos o empleo”, ou “viven a conta dos nosos impostos”, ditos tales que abundan según Klugman , en alguns medios de comunicación.
Queda Dito, máis como galego e ser human, que como presidente de honra de Asmirefe, toda a miña solidariedade pública con a mapuche galega Katy Wergen.
Xesús Gómez MIÑO