CONVOCATORIA DE XUNTANZA FORO DE INMIGRACIÓN

 
(SÓ ASOCIACIÓNS DA ZONA DE  SANTIAGO)
 
CONVOCATORIA DE XUNTANZA ORDINARIA PARA O MÉRCORES  DÍA 1 DE XUÑO  ÁS 20:30 H NO CENTRO TRABALLO E  CULTURA (Rúa San Roque nº 6Bis). TEL: 981-576142-981580506
ORDE DO DÍA(aberto coma sempre a que se poida achegar outros puntos que consideredes axeitados):
 
 
1.- En Defensa dos Dereitos das Persoas Migrantes: Actividades desenvolvidas e que temos previstos desenvolverno marco da Rede Galega en Defensa da Sáude, que conformamos con Médicos do Mundo, Amnistia Internacional, Plataforma SOS Sanidade Pública e Asociación Galega de Medicina Familiar. Actividades no marco daRede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas (Mobilización do 19 de Xuño)
 
2.- Campaña de Boicot a Globalia e Encontro Final do Foro  Galego (11 de Xuño). Valoración das actividades desenvolvidas na Campaña e das adesións recollidas. Coordenación da parte de Asemblea no Encontro de Ferrol . Actividade con Eduardo Romero (semana do 13 ao 17 de Xuño)
 
3- Novas propostas de Actividades de intercambio interculturalrealizadas polos colectivos migrantes.
 
4.- Información de actuacións e actividades das entidades e colectivos participantes no Foro.
 
5.- Preguntas e Suxestións.
 
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142

Comunicado de Prensa

 
CAMPAÑA CONTRA AS DEPORTACIÓNS, BOICOT A CLOBALIA E A AIR EUROPA
 
O Foro Galego de Inmigración  convoca una  XUNTANZA INFORMATIVA na
GALERÍA SARGADELOS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA (Rúa Nova), O MÉRCORES DÍA 11 DE MAIO ÁS 19:00 h para presentar na cidade e na comarca:
A Campaña: CONTRA AS DEPORTACIÓNS, BOICOT ÁS EMPRESAS QUE SE BENEFICIAN DESTA ACTIVIDADE (AIR EUROPA E  GLOBALIA), que promovemos a nivel estatal xunto coa Campaña polo Peche dos Cies :CIEs NON.
O obxectivo da mesma é facer visible o drama cotián que sufren as persoas migrantes, veciños e veciñas nosos en situación de irregularidade administrativa, que son detidos nas nosas vilas e cidades, poden ser internados en CIES (Centros de Internamento de Estranxeiros) e que son deportados de forma forzosa e moitas veces violenta , case 10.000 o ano pasado, coa colaboración e o correspondente beneficio económico (12 millóns de Euros no último Concurso ) do grupo empresarial  GLOBALIA,  que inclue a AIR EUROPA ou HALCÓN VIAXES entre varias outras empresas e marcas moi coñecidas. No Concurso Público Estatal que remata de resolverse para os anos 2016 e 2017, éste grupo empresarial obtivo de novo a Concesión, pese a presentar una oferta económica máis elevada.
A Xuntanza, pública e aberta a cidadanía pretende visibilizar una situación de grave incumprimento dos dereitos humanos que de forma silenciada e silenciosa, estase a producir de forma cotían.
 
PARA MÁIS INFORMACIÓN:
Miguel Fernández (662-307019)
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142

XUNTANZA DO FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN

FORO DE INMIGRACIÓN (SÓ SANTIAGO)

FORO DE INMIGRACIÓN
(SÓ ASOCIACIÓNS DA ZONA DE  SANTIAGO)
 
CONVOCATORIA DE XUNTANZA ORDINARIA PARA O MÉRCORES  DÍA 4 DE MAIO  ÁS 20:30 H NO CENTRO TRABALLO E  CULTURA (Rúa San Roque nº 6Bis). TEL: 981-576142-981580506
ORDE DO DÍA (aberto coma sempre a que se poida achegar outros puntos que consideredes axeitados):
 
 
1.- En Defensa dos Dereitos das Persoas Migrantes: Actividades desenvolvidas e que temos previstos desenvolverno marco da Rede Galega en Defensa da Sáude, que conformamos con Médicos do Mundo, Amnistia Internacional, Plataforma SOS Sanidade Pública e Asociación Galega de Medicina Familiar. Actividades no marco da Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas.
 
2.- Campaña de Boicot a Globalia na zona de Santiago. Xornada informativa o mércores día 11 de maio en Sargadelos. Recollida de Adesións á Campaña.
 
3- Valoración da  Primeira Actividade en Colaboración coa Asociación de Veciños de Pontepedriñacelebrada o sábado día 23 de abril. Novas Propostas neste ámbito
 
4.- Información de actuacións e actividades das entidades e colectivos participantes no Foro.
 
5.- Preguntas e Suxestións.
 
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142