FORO DE INMIGRACIÓN (SÓ SANTIAGO)

FORO DE INMIGRACIÓN
(SÓ ASOCIACIÓNS DA ZONA DE  SANTIAGO)
CONVOCATORIA DE XUNTANZA ORDINARIA PARA O MÉRCORES  DÍA 5 DE FEBREIRO  ÁS 20:30 H NO CTC (SAN ROQUE Nº6 BIS). TEL: 981-576142-981580506
ORDE DO DÍA (Podemos incluir calquera outra cuestión que consideredes importante)
 
1.- Aprobación da acta da xuntanza anterior.
 
2.- Información sobre diversas actuacións realizadas en relación con actuacións discriminatorias cara ao colectivo inmigrante. Información das actuacións desenvolvidas en relación co acceso ao sistema sanitario das persoas inmigrantes en situación irregular,  en colaboración con Médicos do Mundo, Amnistia Internacional, Plataforma SOS Sanidade Pública e Asociación Galega de Medicina Familiar coas que  constituímos  a Rede Galega en Defensa do Dereito á Saúde. Outras Actuacións
 
3.- Propostas e Actuacións saídas de Asemblea:    Información da Xuntanza do 1 de Febreiro do Foro Galego sobre a posta en marcha da  Campaña: SOS DEREITOS DAS PERSOAS MIGRANTES EN GRAVE PERIGO!. Artellamento e Organización da Campaña na nosa  Zona.
 
4.- Novas propostas de traballo para o ano 2014.
 
5.-Información de Actividades das Asociacións e Entidades do Foro.
 
6.- Preguntas e Suxestións.
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142
Anuncios

XUNTANZA DO FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
 
 
Ola  Compañeiros e Compañeiras, convocamos unha    XUNTANZA DO FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN para o sábado día 1  de Febreiro  de 2014   ás 11:00 h en Santiago no Centro Social de Fontiñas (Rúa Berlín nº 16  preto da Estacion de Autobuses e de Área Central, o  lugar habitual) Para rematar sobre ás 13:00 h.
 
A   Proposta de orde do día sería ,tal e como quedamos na última xuntanza sería cun único tema na mesma :
 
1.- Deseñar, preparar e organizar a CAMPAÑA EN DEFENSA DOS DEREITOS DAS PERSOAS MIGRANTES E CONTRA A SÚA PERSECUCIÓN acordada na última xuntanza. Esa Campaña incluiría tamén a preparación do Encontro Final de Curso (en substitución da Asemblea) que se vencellaría con esa mesma Campaña.  (tentaremos enviar unha Proposta de Documento Base da Campaña antes da Xuntanza)
 
2.-  Informacións, preguntas, suxestións, propostas, etc. Concreción da vindeira data de xuntanza.
 
AGRADECEMOS QUE CONFIRMEDES A VOSA PARTICIPACIÓN NA XUNTANZA, QUE É MOI IMPORTANTE PARA POÑER EN MARCHA A CAMPAÑA  DE FORMA CONXUNTA.
 
Para calquer dúbida ou aclaración contactar con Miguel Fernández ou Rócío Rodríguez (981-580506-662307019)  Email:foroinmigracionsantiago@yahoo.es.
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142