FORO DE INMIGRACIÓN (SÓ SANTIAGO)

FORO DE INMIGRACIÓN
(SÓ ASOCIACIÓNS DA ZONA DE  SANTIAGO)
 
 
CONVOCATORIA DE XUNTANZA ORDINARIA PARA OMÉRCORES  DÍA 6 DE XULLO  ÁS 20:30 H NO CENTRO TRABALLO E  CULTURA (Rúa San Roque nº 6Bis). TEL: 981-576142-981580506
ORDE DO DÍA(aberto coma sempre a que se poida achegar outros puntos que consideredes axeitados):
 
 
1.- En Defensa dos Dereitos das Persoas Migrantes: Actividades desenvolvidas e que temos previstos desenvolverno marco da Rede Galega en Defensa da Sáude, que conformamos con Médicos do Mundo, Amnistia Internacional, Plataforma SOS Sanidade Pública e Asociación Galega de Medicina Familiar. Actividades no marco da Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas. Valoración da mobilización do 19 de Xuño. Novas Propostas no marco desta Red
 
2.- Campaña de Boicot a Globalia e Encontro Final do Foro  Galego (11 de Xuño). Valoración do Encontro e do Acto Final da Campaña. Continuidade da mesma.
 
3.- Información dos  acordos principais da Asemblea do Foro Galego (Ferrol 11 de Xuño). Liñas de Traballo curso 2016/2017
 
4- Novas propostas de Actividades de intercambio intercultural realizadas polos colectivos migrantes. MOI IMPORTANTE PARTICIPAR SE QUEREMOS ORGANIZAR ALGO PARA O MES DE SETEMBRO NA ALAMEDA.
 
5.- Información de actuacións e actividades das entidades e colectivos participantes no Foro.
 
6.- Preguntas e Suxestións.
 
 
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142

II DESFILE MODA FRONTE A CRISE

REENVIAMOS INFORMACIÓN DE CARITAS 
II DESFILE MODA FRONTE A CRISE
 
O Programa de Emprego de Cáritas Interparroquial de Santiago, en colaboración coa parroquia, impulsa dende hai maís de dez anos un Taller Formativo de Corte e Confección no barrio de Conxo, dirixido a mulleres con especiais dificultades de inserción.
Nestes últimos anos e concretamente neste curso 2015-2016, moitas mulleres participamos nesta actividade formativa, na que aprendemos moito e ademáis conseguimos, co noso esforzo contribuír a diminuir os gastos das nosas fami-lias co traballo de corte e confección desenvolvido no Taller.
Orgullosas e satisfeitas do noso esforzo ao longo deste curso 2015/2016, queremos convidaros a participar no II DESFILE MODA FRONTE A CRISE, que terá lugar o día XOVES 30 de de xuño no Centro Social de Conxo (Praza Aurelio Aguirre nº1) ás 20:00 h para que poidamos amosarvos humildemente o resultado do noso traballo.
AS MULLERES DO TALLER FORMATIVO DE CORTE E CONFECCIÓN DE CÁRITAS EN CONXO
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142

Encontro/Asemblea 2016

1-fronteirasa15_ferrolase

Encontro/Asemblea 2016 que o Foro Galego de Inmigración celebrará ese sábado día 11 de Xuño na cidade de Ferrol (no Ateneo) cunha ampla participación de representantes das asociacións, entidades e persoas de toda Galiza que conformamos o Foro Galego de Inmigración.

Ademáis desenvolveremos un  Acto Público Reivíndicativo ás 13:00 na zona dos  Cantóns, despois dunha Manifestación polas rúas máis centricas da cidade, para facer visible a realidade da inmigración entre a cidadanía, o Acto contará con actuacións musicais e perfomance teatral e rematará coa Lectura dun Manifesto. Convocamos ao conxunto da cidadanía a este Acto para amosar a solidariedade con este colectivo de persoas, conveciñas nosas,  que teñen os seus dereitos gravemente recurtados e que mesmo son   perseguidas nas nosas vilas e cidades.

Despois dun xantar compartido, pola tarde celebraremos a Asemblea Anual do Colectivo, aberta a participación de calquera persoa ou colectivo interesada que analizará o labor desenvolvido, incluíndo a promoción e activa participación na Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas.

 As persoas interesadas  en participar poden contactar mandando un mail ou contactar telefónicamente

Santiago: 662 307 019  Miguel

A Coruña:     607 486 482    Rubén

Lugo:        645 213 555       Randi

Ferrol:     680 922 151         Susana

COMUNICADO DE PRENSA

CONCENTRACIÓN EN SOLIDARIEDADE CON LAURA BUGALLO
 
O FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN CONVOCA O MARTES DÍA  7 DE XUÑO  ENTRE ÁS 9:00h E ÁS 14:00 H (NA PORTA DOS XULGADOS DE FONTIÑAS EN SANTIAGO DE COMPOSTELA, Rúa Viena), unha Concentración en Solidariedade coa grande activista social Laura Bugallo para solicitar a ABSOLUCIÓN definitiva da nosa compañeira (que ten o xuizo  ese día ) por axudar a persoas inmigrantes en situación de irregularidade administrativa.
ÁS 11: 00 h no transcurso da Concentración,  faremos   Lectura Pública dun Comunicado en Solidariedade con Laura Bugallo no que:
 
1.- Amosaremos a nosa solidariedade e agarimo coa nosa compañeira, incansable traballadora na defensa dos dereitos das persoas migrantes.
2.- Manifestaremos que é a propia lexislación de estranxeiría, enormemente restrictiva, a que obriga  a atopar mecanismos que nos permitan superar as dificultades que o exceso e  a complexidade da documentación que se lle esixe as persoas migrantes provocan, para que estas persoas poidan empadroarse ou acceder a un arraigo, por exemplo.
3.- Denunciaremos que actuacións tan lamentables, como a emprendida contra a nosa compañeira, van na liña de criminalización do colectivo migrante, nun contexto de forte persecución policial do mesmo. Persecución que se translada tamén ás persoas e entidades que axudan a estas persoas, defenden os seus dereitos e denuncian as accións represivas intolerables que sufren por parte dos poderes públicos.
Para rematar  SOLICITANDO   a  ABSOLUCIÓN DEFINITIVA DA NOSA COMPAÑEIRA  LAURA BUGALLO.
 
Para máis información: Miguel Fernández (662-307019) 
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142

CONCENTRACIÓN EN SOLIDARIEDADE CON LAURA BUGALLO

O FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN CONVOCA O MARTES DÍA  7 DE XUÑO  ÁS 9:00 H (NA PORTA DOS XULGADOS DE FONTIÑAS EN SANTIAGO DE COMPOSTELA, Rúa Viena), unha Concentración en Solidariedade coa grande activista social Laura Bugallo para solicitar a ABSOLUCIÓN definitiva da nosa compañeira (que ten o xuizo  ese día   e a esa hora ) por axudar a persoas inmigrantes en situación de irregularidade administrativa. 
Ás 11:00 h faremos lectura pública dun Manifesto de apoio á nosa compañeira.
PREGAMOSVOS FAGADES A MÁXIMA DIFUSIÓN POSIBLE DESTE ACTO DE APOIO A NOSA COMPAÑEIRA.