FORO DE INMIGRACIÓN (SÓ SANTIAGO)

FORO DE INMIGRACIÓN
(SÓ ASOCIACIÓNS DA ZONA DE  SANTIAGO)
 
CONVOCATORIA DE XUNTANZA ORDINARIA PARA O MÉRCORES  DÍA 4 DE FEBREIRO DE FORMA EXCEPCIONAL POLA CONVOCATORIA ABERTA A OUTROS COLECTIVOS, ÁS 20:00 H NO CENTRO SOCIAL DE FONTIÑAS (RÚA BERLÍN Nº 13). TEL: 981-576142-981580506
ORDE DO DÍA (de forma excepcional cun só punto na orde do día)
 
 
1.-PREPARACIÓN DA  II SEMANA GALEGA DE LOITA CONTRA AS FRONTEIRAS.  Segundo a seguinte convocatoria aberta a outras persoas, entidades e colectivos:

O carácter represivo e criminalizador da política migratoria española e europea cada vez faise máis patente.
 
A brutalidade policial contra as persoas migrantes na fronteira sur, os voos de deportación masiva ou “voos da vergoña” que están a encher as arcas das empresas aéreas, as devolucións sumarias eufemisticamente chamadas “en quente” avaladas pola Lei de Seguridade Cidadá, o internamento en Centros de Internamento de Estranxeiros (CIEs) ou as redadas racistas que teñen lugar cotiamente dan boa mostra diso.
Porén, as restricións e vulneracións de dereitos ás que están sometidas as persoas migrantes van moito mais alá das actuacións que de cando en vez saltan à primeira plana dos medios de comunicación. No labirinto institucional e burocrático tamén atopamos múltiplas fronteiras e altas doses de racismo e xenofobia.
Para denunciar a situación nas fronteiras exteriores e interiores o Foro Galego da Inmigración levou a cabo o pasado ano a I Semana de Loita contra as Fronteiras, na que contamos coa participación de moitas de vós.
Este ano gustabamos de contar coa túa contribución tamén no deseño e organización das actividades que terán lugar durante esa semana de actos coordinados en diferentes cidades galegas.
 
Nese encontro imos facer unha breve explicación da actual situación das políticas migratorias e consensuar as actividades que os diferentes colectivos e persoas propoñan para desenvolver na II Semana de Loita contra as Fronteiras.
 
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142

Convocatoria FORO – DIFUNDIR

 O carácter represivo e criminalizador da política migratoria española e europea cada vez faise máis patente.
A brutalidade policial contra as persoas migrantes na fronteira sur, os voos de deportación masiva ou “voos da vergoña” que están a encher as arcas das empresas aéreas, as devolucións sumarias eufemisticamente chamadas “en quente” avaladas pola Lei de Seguridade Cidadá, o internamento en Centros de Internamento de Estranxeiros (CIEs) ou as redadas racistas que teñen lugar cotidianamente nas cidades galegas dan boa mostra diso.
Porén, as restricións e as vulneracións de dereitos ás que están sometidas as persoas migrantes van moito mais alá das actuacións que de cando en vez saltan à primeira plana dos medios de comunicación. No labirinto institucional e burocrático tamén atopamos múltiplas fronteiras e altas doses de racismo e xenofobia.
Para expoñer e denunciar a situación nas fronteiras exteriores e interiores o Foro Galego da Imigración levou a cabo o pasado ano a Semana de Loita contra as Fronteiras na que contamos coa participación de moitas de vós. Mais este ano gostábamos de contar coa tua contiribucion na orhanización destas actividades.
Para iso, convidámosche a asistir à xuntanza preparatoria que imos celebrar o mércores 04 de febreiro, ás 20hs no CSC das Fontiñas.
Nese encontro imos facer unha breve explicación da actual situación das politicas migratorias e consensuar as actividades que os diferentes colectivos e persoas propoñan para desenvolver durante nesta semana de loitacontra as medidas represivas contra as persoas migrantes.
Nen recortes de dereitos nen acoso policial.
Loitar contra a represión é quebrar fronteiras!
 
 DIFUNDIR NAS VOSAS REDES DE CONTACTOS 
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN 24.01.15

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Santiago, 12 de Xaneiro de 2015.
Ola  Compañeiros e Compañeiras,, tal e como quedamos, na xuntanza de decembro, convocamos    XUNTANZA DO FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN para o sábado día  24  de XANEIRO   ás 11:00 h en Santiago no Centro Social de Fontiñas (Rúa Berlín nº 16  preto da Estacion de Autobuses e de Área Central, o  lugar habitual) Para rematar sobre ás 13:00 h.
A   Proposta de orde do día sería (con posibilidade, coma sempre, de incorporar calquer outro tema) :
1.- Información sobre diversas actuacións realizadas en relación con actuacións discriminatorias cara ao colectivo inmigrante.   Valoración dos actos do 18 de decembro en A Coruña e Lugo Outras informacións.
2.-  CONTINUACIÓN DA CAMPAÑA SOS DEREITOS MIGRANTES EN GRAVE PERIGO: Concreción da II SEMANA GALEGA DE LOITA CONTRA AS FRONTEIRAS que acordamos celebrar a semana do 23 ao 27 de Febreiro con actos e actividades en diferentes lugares.  Este será o tema central da Xuntanza.
3.- Informacións, preguntas, suxestións, propostas, etc.
AGRADECEMOS QUE CONFIRMEDES A VOSA PARTICIPACIÓN NA XUNTANZA, XA QUE É MOI IMPORTANTE A PARTICIPACIÓN DE TODOS E TODAS PARA A ORGANIZACIÓN DEFINITIVA DA II SEMANA GALEGA DE LOITA CONTRA AS FRONTEIRAS.
Para calquer dúbida ou aclaración contactar con Miguel ou Rocío(981-580506/ 662307019)
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142