XUNTANZA FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
 
Santiago, 30  de Decembro  de 2013
 
Ola  Compañeiros e Compañeiras, tal e como acordamos na xuntanza do día 16 de novembro,    convocamos unha    XUNTANZA DO FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN para o sábado día 11  de Xaneiro de 2014   ás 11:00 h en Santiago no Centro Social de Fontiñas (Rúa Berlín nº 16  preto da Estacion de Autobuses e de Área Central, o  lugar habitual) Para rematar sobre ás 13:00 h.
A   Proposta de orde do día sería (con posibilidade, coma sempre, de incorporar calquer outro tema) :
 
1.- Acordos da Asemblea 2013: Posta en marcha dos acordos tomados na mesma cara o curso 2013-2014 En concreto acordamos nesta segunda  xuntanza  traballar de forma especifica o tema da persecución policial do colectivo de persoas migrantes . Coordinaran esta parte da xuntanza os compañeiros de A Coruña (Nico e Rubén)
 
2.- Información sobre diversas actuacións realizadas en relación con actuacións discriminatorias cara ao colectivo inmigrante.:  Valoración do Comunicado e da Celebración do Día Mundial das Migracións. Última xuntanza coa Consellería de Sanidade polo PGPSSP, actuacións en Boiro, situación en A Coruña.
 
3.- Informacións, preguntas, suxestións, propostas, etc. Concreción da vindeira xuntanza en data e temática. . Propostas cara a Asemblea/Xuntanza final de curso do Foro do ano 2014.
 
AGRADECEMOS QUE CONFIRMEDES A VOSA PARTICIPACIÓN NA XUNTANZA, QUE É MOI IMPORTANTE PARA CONTINUAR O TRABALLO EN COMÚN DESENVOLVIDO ATA O DE AGORA e  PARA IR PLANIFICANDO O ENCONTRO FINAL DE CURSO.
Para calquer dúbida ou aclaración contactar con Miguel Fernández ou Rócío Rodríguez (981-580506-662307019)  Email:foroinmigracionsantiago@yahoo.es.
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142