FORO DE INMIGRACIÓN (SÓ SANTIAGO)

FORO DE INMIGRACIÓN
(SÓ ASOCIACIÓNS DA ZONA DE  SANTIAGO)
 
CONVOCATORIA DE XUNTANZA ORDINARIA PARA O MÉRCORES  DÍA 3 DE SETEMBRO   ÁS 20:30 H NO CTC (SAN ROQUE Nº6 BIS). TEL: 981-576142-981580506
 
ORDE DO DÍA (Podemos incluir calquera outra cuestión que consideredes importante)
1.- Aprobación da acta da xuntanza anterior.
 
2.- Información sobre diversas actuacións realizadas en relación con actuacións discriminatorias cara ao colectivo inmigrante. Información das actuacións desenvolvidas en relación co acceso ao sistema sanitario das persoas inmigrantes en situación irregular,  en colaboración con Médicos do Mundo, Amnistia Internacional, Plataforma SOS Sanidade Pública e Asociación Galega de Medicina Familiar coas que  constituímos  a Rede Galega en Defensa do Dereito á Saúde.  Actuacións propostas para o mes de setembro desta Rede, para recordar o aniversario da amputación do dereito ao acceso a saúde. Actuacións en relación coa persecución do colectivo na Coruña. (temos pedida unha xuntanza co subdelegado de goberno de A Coruña para o mes de setembro)
 
3.- Concretar a continuación da Campaña SOS DEREITOS MIGRANTES EN GRAVE PERIGO acordada na últIma xuntanza do curso pasado e no Encontro Final de Xuño. Xuntanzas do Foro Galego.
 
4.- Proposta de  novas liñas de actuacións e actividades para o curso 2014-2015
 
5.-Información de Actividades das Asociacións e Entidades do Foro.
 
6.- Preguntas e Suxestións.
 
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142
Anuncios