FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN – IMPORTANTE PARTICIPAR

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Ola  Compañeiros e Compañeiras, convocamos unha    XUNTANZA DO FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN para o sábado día 22  de Febreiro  de 2014    ás 11:00 h en Santiago no Centro Social de Fontiñas (Rúa Berlín nº 16  preto da Estacion de Autobuses e de Área Central, o  lugar habitual) Para rematar sobre ás 13:00 h.
A   Proposta de orde do día sería:
 
1.- Deseñar, preparar e organizar a CAMPAÑA EN DEFENSA DOS DEREITOS DAS PERSOAS MIGRANTES E CONTRA A SÚA PERSECUCIÓN acordada na última xuntanza. Esa Campaña incluiría tamén a preparación do Encontro Final de Curso (en substitución da Asemblea) que se vencellaría con esa mesma Campaña.  (no ficheiro xunto vai  unha Proposta de Documento Base da Campaña- Podense enviar achegs a documento no  foroinmigracionsantiago@yahoo.es).
2.-  Informacións, preguntas, suxestións, propostas, etc. Concreción da vindeira data de xuntanza.
AGRADECEMOS QUE CONFIRMEDES A VOSA PARTICIPACIÓN NA XUNTANZA, QUE É MOI IMPORTANTE PARA POÑER EN MARCHA A CAMPAÑA  DE FORMA CONXUNTA.
 
Para calquer dúbida ou aclaración contactar con Miguel Fernández ou Rócío Rodríguez (981-580506-662307019)  Email:foroinmigracionsantiago@yahoo.es.
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142