XUNTANZA ORDINARIA PARA O MÉRCORES DÍA 3 DE MARZO ÁS 20:30 H

(SÓ ASOCIACIÓNS DA ZONA DE  SANTIAGO)

CONVOCATORIA DE XUNTANZA ORDINARIA PARA O MÉRCORES DÍA 3 DE MARZO  ÁS 20:30 H NO CTC (SAN ROQUE Nº6 BIS). TEL: 981-576142-981580506

ORDE DO DÍA (Podemos incluir calquera outra cuestión que consideredes importante)

1.- Aprobación da acta da xuntanza anterior.

2.- Información sobre diversas actuacións realizadas en relación con actuacións discriminatorias cara o colectivo inmigrante. Xuntanza co Colexio de Avogados e colaboración con Esculca de cara a establecer un sistema de asesoría xurídica para o colectivo inmigrante.

3.- Proposta de actuación para demandar que os alugueiros non se desconten dos ingresos nas tramitacións de documentación da poboación inmigrante.

4.- Información sobre a Asemblea 2010. Xuntanzas do 6  e 20 de Febreiro (información) e do 27 de Marzo  (preparación da mesma).

5.- Actuacións en coordinación co colectivo veciñal de Santiago.

6.- Campañas educativas. Informe da Comisión Educativa.

7.- Contactos e traballo en rede: información sobre a RA, Comisión Estatal do Foro Social Mundial das Migracións ; Foro Social Galego e Plataforma en Defensa do Sistema Público Galego de Servizos Sociais.

8.- Posicionamento do Foro sobre diferentes cuestións (empadroamentos; circular interna da policía para a persecución das persoas en situación de irregularidade administrativa, etc)

9.-  Información de Actividades das Asociacións e Entidades do Foro.

10.- Preguntas e Suxestións.

Anuncios

Convocatoria de Asemblea da Plataforma

Reenviamos informacion da Plataforma en Defensa do Sistema Publico Galego de Servizos Sociais

Por medio da presente, convócase nova Asemblea da Plataforma en Defensa do Sistema Público Galego de Servizos Sociais, tal como quedamos na asemblea do pasado día 21 de xaneiro.

Esta asemblea terá lugar o vindeiro xoves, día 25 de febreiro as 17.00 horas no Centro sociocultural “Agustin Bueno” do Castiñeiriño en Santiago de Compostela coa seguinte Orde do día:

1.- Texto Base da Plataforma. Refundido do Manifesto e do Decálogo.

2.- Difusión da Plataforma. Presentacións públicas por zonas.

3.- Texto das Mocións en defensa do Sistema Público de Servizos Sociais no Parlamento e nos Concellos galegos.

4.- Organización:   Formalización da Comisión de Coordinación.

Constitución de grupos locais.

5.- Varios.

Facede un oco nas vosas axendas que vos permita participar nesta xuntanza. Prégase puntualidade.

Nota para a xente que non estivo na primeira xuntanza: O Centro sociocultural do Castiñeiriño está na saída cara a Ourense, ao lado da rotonda, entre as rúa que vai para Ourense e a que vai para A Estrada. Ten zonas de aparcamento pola parte de atrás do mesmo.

Comisión de Coordinación da Plataforma

Miguel Fernández Blanco

Convocatoria Proxecto Medrando Obradoiros de Emprendemento

 

 

Curso para emprendedores/as
Plataforma polo Emprego 

 

 

 

Convocatoria para a participación no proxecto

“Medrando: Obradoiros de Emprendemento”

 

A Asociación Plataforma polo Emprego abre a convocatoria para participar durante o ano 2010 no proxecto de creación de empresas e emprendemento: “Medrando: Obradoiros de Emprendemento”.

O proxecto estructúrase en 10 sesións formativas grupais de 2 horas de duración cada unha, máis as correspondentes sesións de titorización individual.

A convocatoria vai dirixida especialmente a persoas inmigrantes, emigrantes retornadas, mulleres, persoas menores de 35 anos e maiores de 45, cunha idea empresarial, que presenten un perfil claramente emprendedor e que estean interesadas en acceder ao mercado laboral mediante a creación do seu propio posto de traballo.

Para participar no proceso de selección será necesario facer chegar o formulario de solicitude axunto, ben ao enderezo de correo electrónico plataformaemprego@gmail.com, ben por Fax no número 881 957 452

Data límite de inscrición 1 de marzo de 2010..

Para máis información poden dirixirse a Asociación Plataforma polo Emprego no teléfono 881 957 452

Tamén no seguinte enderezo:

Avenida de Lugo nº 219, baixo (Santiago de Compostela)

 


Sergio Regueiro Núñez
Plataforma Polo Emprego
R/ concheiros, 33, 1º
Tfno: 981 580 506 – 881 957 452

Grabacion de KENTOKAKI

Hola a todos, el miércoles que viene el grupo KENTOKAKI hará una grabación en la telegaita y necesitan gente que apoye la grabación. Todo el que pueda asistir por favor que lo haga, ellos lo agradecerán mucho. Tenéis todos los datos para inscribiros en el correo que viene más abajo.

Se trata de la grabación de una maqueta por el grupo Kentokaki. Es el miércoles en la televisión de Galicia a las 23 h. Lo que pasa es que quien quiera ir tiene que dar antes su nombre, apellidos y dni, hasta el miércoles por la mañana.  Al parecer es lo acostumbrado para ir a la tele. El teléfono de Puri, la novia de Oleg te lo dejo abajo por si quieren/queréis hacerle alguna pregunta. Entrarán todos juntos sobre las 22.30. Si alguien se anima, se agradece. Necesitan un público que les apoye!
 
Puri:
purivazquez@hotmail.com   tlf: 629 18 78 04
 
Sobre el grupo, encontrarás aquí información.
Bicos!!!
 
http://www.kentokaki.com/