Nota de prensa CAMPAÑA CIDADÁ “FAGAMOS DA RISGA UN VERDADEIRO DEREITO”

 Nota de prensa

CAMPAÑA CIDADÁ  “FAGAMOS DA RISGA UN VERDADEIRO DEREITO”

COÍNCIDINDO COA CONMEMORACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS E ANTE A  PRÓXIMA APROBACIÓN DEFINITIVA, POLA XUNTA DE GALICIA  DO DECRETO DA RISGA

As  organizacións sociais e políticas: Foro Galego de Inmigración, Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia, Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (CEESG), Asociación ONG Viraventos, Proserso, SOS Racismo,  Oficina de Dereitos Sociais de Coia (Vigo), Asociación Boa Vida,  Asociación Plataforma Polo Emprego,  Baladre (Coordinación c contra a precariedade, o empobrecemento e a exclusión)   Colectivo de Renda Básica Universal de Compostela, Coordenadora de Crentes Galegos, Esquerda Unida,  BNG, Compostela Aberta, En Marea,  PsdG-PSOE,  e CUT  asinantes do ACORDO COLECTIVO DE ESIXENCIA DE GARANTÍAS BÁSICAS NO RELATIVO AO PROXECTO DE DECRETO DE DESENVOLVEMENTO DA LEI 10/2013, DO 27 DE NOVEMBRO, DE INCLUSIÓN SOCIAL DE GALICIA, NO RELATIVO Á TRAMITACIÓN DA RENDA DE INCLUSIÓN SOCIAL DE GALICIA E DAS AXUDAS DE INCLUSIÓN ,

DESELVOLVERON  ROLDAS DE PRENSA INFORMATIVAS SIMULTÁNEAS para presentar a Campaña Cidadá “FAGAMOS DA RISGA UN VERDADEIRO DEREITO”, O LUNS DÍA 10 DE DECEMBRO ÁS 11:30 H EN:

SANTIAGO DE COMPOSTELA: diante dos Edificios Administrativos de San Caetano (enfronte da Estación de Autobuses).

A CORUÑA: diante da Xefatura Territorial de Política Social, na Rúa Salvador de Madariaga n.º 9.

VIGO: Edificio Administrativo da Xunta, na Rúa Concepción Areal nº8

Despois da Presentación comezamos  con reparto dos folletos informativos á cidadanía nas rúas destas tres cidades , como primeira das actividades que se prolongaran nos vindeiros meses:

– Campaña de Difusión en Redes Sociais  (que incorporará unha temática, das catro xerais do folleto, de difusión mensual  a partir de xaneiro).

– Contactatos cos concellos das principais cidades de Galicia, alomenos, para difundir    cartaz e folletos da Campaña  nos centros de servizos sociais., para achegar a Campaña directamente a profesionais e usuarios

– Charlas informativas abertas ao conxunto da cidadanía nas  principais cidades con participación dunha profesional culaficada dos servizos sociais, dunha persoa perceptora ou ex/perceptora da Risga para contar a súa experiencia,  e dunha persoa da Campaña. Cóincidindo con esta actividade prevista para o mes de xaneiro, haberá novas difusións de folletos informativos a cidadanía.

A previsión da aprobación definitiva  do Decreto da RISGA por parte da Xunta da Galicia entre finais do presente ano 2018 e comezos do 2019, determinará as vindeiras actividades da Campaña, que continuará ante a clara insuficiencia da última proposta presentada pola administración autonómica, que entendemos será a definitiva, tendo en conta ademáis que a Xunta se negou a debatir a mesma con este amplo grupo de organizacións sociais e políticas.

       

A Campaña, pretende presentar ao conxunto da sociedade  a necesidade de converter a RISGA, nun contexto de sociedade empobrecida, dun verdareiro dereito para o  conxunto da cidadanía, incidindo na defensa dun modelo de Risga como:

– Dereito cidadá e non subsidio condicionado Fronte ás políticas de recortes e privatización dos servizos públicos básicos (educación, sanidade, vivenda, pensións…) reclamamos a protección dos servizos sociais como garantes da igualdade social nunha sociedade que segue a xerar desigualdades e sistemas de emprobrecemento xeneralizados. Reclamamos o noso dereito como cidadanía a un sistema de protección social galego inclusivo, garantista e que serva para xerar as estruturas básicas da igualdade social.

– Recurso fronte a situación de empobrecemento. A falta de recursos económicos derivada do desigual acceso á riqueza está a converternos nunha sociedade estruturalmente empobrecida onde a pobreza é condición na vida da meirande parte da poboación que nos encontramos sumidas en situacións de empobrecemento enerxético, laboral, de acceso á vivenda…etc. Defendemos un sistema de protección social que atenda ás circunstancias de necesidade económica e empobrecemento da poboación de forma garantista e sen condicións subxectivas

– Prestación suficiente e digna´. Propoñemos a consideración de empobrecemento segundo a referencia do salario mínimo interprofesional fronte a valoración actual do IPREM de cuantía moi insuficiente para a satisfacción das necesidades básicas. Entendemos que non é posible satisfacer as necesidades básicas (alimentación, vivenda e gastos derivados da vida cotidiana) de forma suficiente e digna cunha prestación actual de RISGA que non supón máis que o 75% do IPREM (403,38 euros/mensuais)

– Modelo de tramitación accesible e eficaz. Defendemos un modelo de RISGA eficiente e áxil, sen burocratizacións innecesarias, co obxecto de que cumpra o seu cometido na maior brevidade posible As necesidades económicas de emerxencia non se poden paliar con tempos de tramitación que exceden os catro e seis meses

Contactos Prensa: Santiago (Miguel Fernández, 662-307019); A Coruña (Ruben Sánchez,607-486982 ; Vigo (Diego Lores, 696-618732)

DESCARGA VOLANTA

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142