FORO DE INMIGRACIÓN (SÓ SANTIAGO)

FORO DE INMIGRACIÓN
(SÓ ASOCIACIÓNS DA ZONA DE  SANTIAGO)
CONVOCATORIA DE XUNTANZA ORDINARIA PARA O MÉRCORES  DÍA 3 DE DECEMBRO   ÁS 20:30 H NO CTC (SAN ROQUE Nº6 BIS). TEL: 981-576142-981580506
ORDE DO DÍA (Podemos incluir calquera outra cuestión que consideredes importante)
1.- Aprobación da acta da xuntanza anterior.
 
2.- Información sobre diversas actuacións realizadas en relación con actuacións discriminatorias cara ao colectivo inmigrante. Información das actuacións desenvolvidas en relación co acceso ao sistema sanitario das persoas inmigrantes en situación irregular,  en colaboración con Médicos do Mundo, Amnistia Internacional, Plataforma SOS Sanidade Pública e Asociación Galega de Medicina Familiar coas que  constituímos  a Rede Galega en Defensa do Dereito á Saúde.  Acta da última xuntanza coa Consellería de Sanidade e Xuntanza da Rede Galega en Defensa do Dereito á Sáude.
 
3.- Información sobre actuacións en relación coa persecución policial do colectivo migrante en diferentes ámbitos e espazos  e en relación con outras actuacións discriminatorias no acceso a axudas sociais. Información do Acto Celebrado en Vigo o 11 de Novembro polas exclusión  do acceso á Risga dos comunitarios.
 
4.- Continuación da Campaña SOS DEREITOS MIGRANTES EN GRAVE PERIGO. Preparación da Xuntanza do Foro Galego do 13 de decembro. Proposta de realización no mes de Xaneiro dunha II Semana Galega de Loita Contra as Fronteiras (concretar datas, temas e participantes).
 
5.-Información de Actividades das Asociacións e Entidades do Foro.
 
6.- Preguntas e Suxestións.
 
 
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142

ACTO PÚBLICO DE DENUNCIA DAS DISCRIMINACIÓNS QUE SOFREN AS PERSOAS MIGRANTES

O Foro Galego de Inmigración, xunto coa Oficina de Dereitos Sociais de Coia e máis o Grupo de Axitación Social (GAS), convocamos un acto público, con rolda de prensa previa o martes día 11 de novembro a partires das 11:00 diante da Delegación da Xunta de Galiza en Vigo(r/Concepción Areal 8) para denunciar a intolerable discriminación que sofren ás persoas migrantes comunitarias no acceso ás prestacións sociais da Xunta de Galiza.
O acto incluirá unha concentración de colectivos sociais aberta ao conxunto da cidadanía, e a lectura dun comunicado conxunto.
Xúntase cartel para a difusión
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142
Cartel Vigo