COMUNICADO DE PRENSA

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN

COMUNICADO DE PRENSA

 

Co gallo do Día Internacional contra a Discriminación e o Racismo, o Foro Galego de Inmigración -integrado por máis de 80 asociacións e entidades- quere facer público o seguinte comunicado e anunciar a presentación en colaboración con ESCULCA…, dunha Petición Formal ao Ministerio do Interior para coñecer os dados oficiais das actuacións policiais de identificación e  os procedimentos sancionadores incoados ás persoas inmigrantes, que tiveron lugar en Galiza no ano 2010.

 

Esta petición realizarase o mércores día 23 de marzo ás 11:00hs na Delegación do Goberno da Coruña co ROLDA DE PRENSA posterior diante da mesma sede da Delegación do Goberno.

 

COMUNICADO:

 

Día Internacional contra a Discriminación e o Racismo

LOITAR CONTRA CALQUERA TIPO DE RACISMO, INCLUÍNDO O INSTITUCIONAL

Lexislación segregacionista, políticias “de integración” discriminatorias

e persecución policial son a nova cara do racismo.

 

No día 21 de marzo, data na que se recorda o masacre de 69 persoas sudafricanas polas forzas de orden cando se manifestaban pacificamente polo fin do apartheid, o Foro Galego de Inmigración quere poñer de manifesto as novas caras que adopta o racismo mediante a promulgación de leis restritivas, dun réxime de control de fluxos policíaco e do tratamento utilitarista e delicuencial   das migracións, que teñen nos CIE´s o seu máximo expoñente de execepción e violencia.

 

Polo anterior, queremos denunciar:

 

1- A persecución policial que sofren as persoas inmigrantes, especialmente as que se atopan en situación de irregularidade administrativa, sometidas a …

 

A actual situación de crise económica -na que se agravan as situacións de exclusión e se dispara a competencia polo recoñecemento de dereitos e o acceso a recursos e servizos que menguan a cada día- contribúe á culpabilización e criminalización das persoas inmigrantes, abonando o terreo para o brote de actitudes e comportamentos racistas e xenófobas entre a poboación, interesadamente estimulados por determinados sectores sociais e políticos.

 

2- Que as diferentes institucións e administracións públicas colaboran con ese clima de fractura social e desconfianza ao emprender accións de carácter segregacionista e claramente discriminatorio, como é o caso das intervencións das forzas de seguridade ao someter a persoas migrantes a identificacións arbitraias guiadas por criterios étnicos. Ou de administracións como a Consellería de Educación, que diante do caso do uso do hyjab por unha alumna de Arteixo, amosouse incapaz de chegar a unha solución xusta e garantista, dando probas da total deriva en materia de políticas migratorias que se verifica en Galiza.  

 

Esta deriva tamén se reflexa no recurte de recursos e servizos dirixidos á poboación migrante, enmarcado na estratexia de desmantelamento e privatización que se está a levar a cabo desde o goberno galego e estatal, e nomeadamente das oficinas de Atención as Migracións (UAMIs). Feito que se  suma a grave situación que pasan as asociacións de inmigrantes e emigrantes retornadas que perderon no 2010 as achegas públicas que permitían o seu mantemento básico, achegas que parece non se van recuperar no presente ano 2011 e que poden supoñer a desaparición de asociacións, que son básicas para a plena acomodación destes colectivos  e promoción dunha sociedade intercultural. 

 

3- Nese sentido, unha vez máis queremos proclamar a necesidade de “DEREITOS IGUAIS PARA TOD@S”, principal base dunha política e dunha sociedade que non admita a discriminación e o racismo no seu seo. Sen dereitos iguais para tod@s non é posible unha verdadeira convivencia intercultural.”

                                                                                        

Un paso fundamental para acadar este obxectivo é a loita contra a criminalización e persecución policial das persoas inmigrantes. Por iso, nesta semana na que se reafirma a loita contra o racismo e a discriminación, o FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN xunto con ESCULCA OBSERVATORIO PARA A DEFENSA   DOS DEREITOS E LIBERDADES presentarán unha Petición Formal ao Ministerio do Interior que s concretará coa solicitude das seguintes informacións:

 

1.-Número de intervencións policiais no ámbito da Comunidade Autónoma  Galega que tiveran por obxecto a identificación de persoas en vías públicas.

 

2.- Detalle das mesmas por nacionalidade de orixe das persoas obxecto de identificación, con expresión do número total de dilixencias de identificación para cada nacionalidade e porcentaxe que supón no total.

 

3.- Detalle das mesmas por orixe racial  das persoas obxecto de identificación, con expresión do número total de dilixencias de identificación para cada grupo racial  e porcentaxe que supón no total.

 

4.-Número total  de expedientes sancionadores de expulsión tramitados derivados das devanditas dilixencias identificatorias. Exprésese porcentaxe no que, sobre o total de identifcacións, procedeu apertura de expediente sancionador.

 

Son informacións que ofrecen de forma habitual os gobernos da maioría dos países da UE e que aquí se nos veñen denegando de forma sistemática.

 

Para máis información:   Miguel Fernández (981-580506-662-307019) ou Rocio Rodríguez (981-580506-600-876480)

Email:foroinmigracionsantiago@yahoo.es

 

 

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142

http://www.forogi.wordpress.com

 

 

Organizacións que conforman o Foro Galego de Inmigración: Asociación Amarante, Asociación Amani-Galiza, Asociación Chambo,  Asociación de inmigrantes Gondwana, Asociación de Argentinos en el Exterior, Asociación Plataforma polo Emprego, Asociación Puente Cultural Rumano-Gallego, Asociación Universia, Attac Compostela, Cáritas Interparroquial Santiago, Cáritas Milladoiro, Colectivo Brasileiro, Colexio Oficial de Educadores Sociais de Galicia, Comisión de Migración do BNG, Comité Óscar Romero de Santiago de Compostela, Coordenadora Diocesá de Acción Católica, Cruz Vermella, CUT, Departamento de Migracióin da CIG, Esquerda Unida, Foro Debate e Acción, Inzar, Juventudes Marianas Vicencianas, Mans Unidas, Misioneros Combonianos, Mulleres Cristiás Galegas, Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade de A Coruña, PsdeG-PSOE-Santiago, Seminario Galego de Educación para a Paz; Voluntariado Rogas. Uruguayos por el Mundo Carballo, Asociación de Venezolanos en A Coruña, Hermandad Venezolana de A Estrada, Asociación Equs Zebra, Asociación Batuko-Tabanka, Cáritas de Lugo, Cáritas de Mondoñedo-Ferrol, Asociación Cultural para las Migraciones Colombianas “ACUMIC”,  Ecos do Sur, Sindicato Labrego Galego,  ASMIREFE, Asociación Renacer,  Mediomundo Uruguayos en Coruña, Galicia Terra de Acollida de Ourense, AMESPA, Asociación de Venezolanos del Deza, ASCD Amigos de Venezuela de Vigo, Hermandad de Venezolanos das Rías Biaxas, Asociación Casa de Inmigrantes Oya de Arteixo. Asociación Banda Oriental, Asociación Centro Argentino de Carballiño-Asociación Latinoamericana, Cáritas de A Coruña, Asociación de Argentinos de Lalín, Fundación Juan Soñador, Asociación de Mulleres Anovar de Galicia, Asociación Venezolana do Salnés, Casa Argentina de La Coruña , Comunidade do Castiñeiriño de Santiago de Compostela,Parroquia Cristo de la Victoria de Vigo, Asociación Recandea, Agrupación de Inmigrantes Latinoamericanos Ntra Sra de Guadalupe de Pontevedra, Asociación de Emigrantes Retornados de A Mahía, Médicos do Mundo, Asociación de Venezolanos de Santiago, Cosior (Asociación de Ecuatorianos de Santiago), Aseser Teranga, Asociación Ouresá-Venezolana, Asociación Ñane-Reta Paraguay, Asociación Multicultural de Mujeres de Vigo; Agra Humanista, Marineda, Orense Acoge, Federación de Anpas, Forum Propolis, Asociación 25 de Agosto de Uruguay, Asociación Fonte de Ourense, Cáritas Diocesá de Ourense, Asociación de Guineanos de A Coruña. Somos Igrexa-Galiza, Asociación Cultural e Intelectual de Santiago de Compostela. Asociación de Senegaleses de Ourense. Asociación Marusía de Emigrantes Retornados. Asociación TroCamundo. Madres Latinas. Proyecto Teranga Sociolaboral. Cáritas Tiu-Vigo. Representantes urbanos no Consello de Relacións Veciñais. ONGD ConTacto, Asociación Afrolatina de Ourense, ASAGA Asociación de Africanos en Galicia. Asociación Cultural Fuco Buxán.  

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s