FORO DE INMIGRACIÓN (SÓ SANTIAGO)

CARTEL ACTIVIDADES - FESTIVAL2

FORO DE INMIGRACIÓN
(SÓ ASOCIACIÓNS DA ZONA DE  SANTIAGO)
CONVOCATORIA DE XUNTANZA ORDINARIA PARA O MÉRCORES  DÍA 6 DE SETEMBRO  ÁS 20:30 H NO CENTRO TRABALLO E CULTURA (Rúa San Roque nº 6Bis). TEL: 981-576142-981580506
ORDE DO DÍA (aberto coma sempre a que se poida achegar outros puntos que consideredes axeitados):
 
1.- En Defensa dos Dereitos das Persoas Migrantes: Actividades desenvolvidas e que temos previstos desenvolver no marco da Rede Galega en Defensa da Sáude.Actividades no marco da Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas. Reclamación pola exclusión de acceso do alumnado inmigrante en situación de irregularidade administrativa ás axudas de libros e material escolar.
 
2.-FESTIVAL INTERCULTURAL 10 DE SETEMBRO-ALAMEDA DE COMPOSTELA (ver cartel)
3.- Propostas do Equipo de Comunicación para o curso 2017/2018.
 
4.- Propostas de liñas de traballo para  Foro Galego (xuntanza do 16 de setembro) para o curso 2017/2018
 
5.- Información de actuacións e actividades das entidades e colectivos participantes no Foro.
 
6.- Preguntas e Suxestións.
INFORMACIÓN:  O FESTIVAL INTERCULTURAL terá lugar o domingo 10 de setembro na Alameda de Santiago en horario de 13 a 20 hs. as caracteristicas son similares as do festival do 2016. Podran participar 6 grupos para a elaboración das comidas tipicas e degustación gratiuta (de 14 a 16hs aprox) e a partir das 16 hs haberán actuacións musicais, poesia e danzas. 
A dia de hoxe ainda non están confirmadas todas as actividades,… animaros a participar.  Cualquier dúbida poneros en contacto con Rocío (600876480) ou Nidia (696 319343).
 
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142
Anuncios

14 a 17 Decembro Semana de Loita Contra as Fronteiras “Ningunha persoa sen dereitos!”

O Foro Galego da Inmigración aborda as fronteiras no acceso a prestacións e dereitos sociais, informando e sometendo a análise as recen implantadas rendas municipais. Convocan a unha manifestación contra as fronteiras e as políticas migratorias o sábado 17 as 12hs na Praza do Toural.

Cada ano ano adicamos os días próximos ao 18 de Decembro, Día Internacional das Migracións, para denunciar o carácter represivo e criminalizador das políticas migratorias.

Nesas datas non só amosamos as vulneracións de dereitos na fronteira sur, senón que tratamos de visibilizar aqueles dispositivos de control e exclusión das persoas migrantes que se levan a cabo moi preto de nós, nas mesmas vilas e cidades que habitamos.

En anteriores edicións abordamos a realidade dos Centros de Internamento de Estranxeiros, a exclusión sanitaria que supuxo o Real Decreto 16/2012 ou a existencia dos voos de deportación cos que se veñen lucrando as empresas aéreas.

Desta volta, escollemos examinar un dispositivo moito máis sofisticado e invisíbel como son as fronteiras institucionais que impiden o acceso a dereitos básicos, catapultando as persoas migrantes a situacións de vulnerabilidade e exclusión.

Con bastante frecuencia vimos denunciando as trabas que se dan no ámbito da educación e da atención sanitaria. A súa vez, no eido laboral temos un brutal exemplo de fronteira institucional-administrativa representado na situación das traballadoras do fogar, maioritariamente mulleres migradas, sometidas a condicións de explotación e discriminación no acceso a dereitos tan elementais como a prestación por desemprego.

No entanto hai outra dimensión na que tamén se instauran fronteiras entre  veciñas dunha mesma comunidade. Entendemos que pouco se ten tratado a situación das persoas migrantes en relación aos dereitos sociais desde unha posición de xustiza e equidade.

O que si teñen abundado son os discursos xenófobos que explotan mitos interesados e falsos sobre o colapso de servizos públicos e o acceso preferencial a axudas. Mentiras que teñen como obxectivo fracturar e crear un inimigo interno, ao mesmo tempo en que aboan o terreo para o avanzo do fascismo máis descarnado.

Seguiremos a combater tales discursos e reivindicar o dereito a vivir dignamente de todas as persoas, así como denunciar a exclusión das persoas migrantes en situación irregular de practicamente todas as prestacións sociais como é o caso da RISGA ou das axudas de emerxencia social.

No caso das persoas comunitarias, o pasado ano xunto a Oficina de Dereitos Sociais de Coia denunciamos os atrancos que lles impuxo a Lei de Inclusión Social de Galicia, amosando que no labirinto institucional tamén atopamos múltiplas fronteiras e altas doses de racismo e xenofobia.

Só moi recentemente e debido ao traballo de incidencia do Foro Galego da Inmigración ampliouse o dereito a acceder ás rendas municipais a aquelas persoas en situación irregular que reúnan os requisitos. Aínda así, consideramos que estas prestacións constitúen ferramentas moi febles e insuficientes para facer fronte ás necesidades básicas dunha poboación cada vez máis depauperada.

Entendemos que a exclusión nos dereitos sociais e a imposibilidade de garantir a satisfacción de necesidades como alimentación, vivenda e suministros, funciona como unha panca para a subordinación e a explotación laboral a que é sometida a poboación migrante.

Esta circunstancia se ve agravada pola aplicación dunha Lei de Estranxeiría profundamente restritiva e discrecional, conducindo a millares de persoas con contrastable arraigo a situacións de irregularidade sobrevida e a deportacións sumarias. Recentemente mobilizámonos para denunciar a deportación dun  mozo veciño de Compostela, que levaba 14 anos convivindo entre nós e mesmo chegara a estar tutelado pola Xunta de Galicia durante catro anos.

Para abordar as fronteiras no acceso a dereitos sociais contaremos coa participación de Manolo S. Bayona, integrante da Coordinación Baladre de Loitas contra a precariedade, o empobrecemento e a exclusión, e con profesionais do ámbito dos servizos sociais e inclusión.

A través de charlas en distintas localidades e dun conversatorio, trataremos as barreiras no dereito a vivir dignamente e someteremos a un análise crítico as rendas municipais e máis concretamente a compostelá Renda de Garantía Social Municipal.

Programa de actividades da Semana de Loita contra as Fronteiras:

MÉRCORES 14. FERROL

Colóquio “Fronteiras invisíbeis e dereitos sociais”, con Manolo S. Bayona (Coordinación Baladre). 19hs. Ateneo Ferrolán (Rúa Magdalena nº 202-204)

VENRES 16. CORUÑA.

Colóquio “Fronteiras invisíbeis e dereitos sociais”, con Manolo S. Bayona (Coordinación Baladre). 19hs. Asociación Viraventos (R/ Mosteiro de Caaveiro, 4, baixo).

SÁBADO 17. FERROL

Proxección do Documental Astral e Mesa Redonda con Xabier Ron e Maite Bustamante. 11:30 h. Ateneo Ferrolán (Rúa Magdalena nº 202-204)

SÁBADO 17. COMPOSTELA

12hs. Praza do Toural. Concentración “Contra as fronteira e as políticas migratorias: Solidariedade!

18hs. CTC San Roque. Conversatorio “Ningunha persoa sen dereitos!” Renda municipal e dereito a vivir dignamente. Con Manolo S. Bayona e Leticia Castro.

cartel-semana

conversatorio-santiago

cartaz-ferrol