COMUNICADO DE PRENSA

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN

COMUNICADO DE PRENSA

A Asociación Puente-Cultural Rumano-Gallego e O Foro Galego de Inmigración formado polas asociacións e entidades que aparecen recollidas abaixo (máis de 80 asociacións e entidades de toda Galicia) fai público o seguinte Comunicado en relación coa Medida que esixirá autorización as persoas rumanas residentes en España para traballar. Esta Medida será aprobada no Consello de Ministros de mañá venres día 22 de Xullo.

 

1.- A Medida de implantarse de novo (xa tiveron unha moratoria entre 2007 e 2009) sería claramente discriminatoria, xa que se aplicaría de forma exclusiva aos cidadáns de Romenia entre tod@s as persoas residentes en España procedentes de países da Unión Europea.

 

2.- A Medida inscríbise nun marco de limitación forte dos dereitos das persoas migrantes que estamos a denunciar dende o Foro dende hai varios anos, basándose nunha situación de crise económica que fomenta os discursos xenófobos e as medidas racista como ésta de hoxe. Sería unha medida máis nesa liña que se xustifica por outra banda só no número de persoas desa nacionalidade residentes en España (sobre 800.000, algo máis de 8.000 en Galiza).. Non hai moito tempo falábamos da terrible discriminación que supoñía para a Europa da Democracia, a expulsión de Francia de persoas de etnia xitana da UE, só por ser xitan@s; agora asístimos atónitos tamén, realizada neste caso por parte do goberno español, á limitación ao dereito ao traballo para persoas de nacionalidade rumana, só polo feito ser ruman@s.

 

3.- Ademáis esta Medida resultará de difícil artellamento práctico xa que non pode afectar, alomenos así parece, as persoas xa residentes e traballadoras en España neste momento e con bastantes anos de residencia aquí. Por outra banda, como éstas persoas van ter dereito a residir e non a traballar parece que a propia Administración pretende estimular procesos de exclusión social ao impedir as persoas obter medios de vida propios: a obtención dunha autorización de traballo esíxe un proceso burocrático que pode durar varios meses e que vai imposibilitar na práctica as opcións laborais dest@s cidadáns da Unión Europea.

 

Para máis información: Miguel Fernández (voceiro do Foro, 981-580506-662-307019) e Ion Stan (Asociación Puente-Cultural Rumano-Gallego, 676-299715)

Organizacións que conforman o Foro Galego de Inmigración: Asociación Amarante, Asociación Amani-Galiza, Asociación Chambo,  Asociación de inmigrantes Gondwana, Asociación de Argentinos en el Exterior, Asociación Plataforma polo Emprego, Asociación Puente Cultural Rumano-Gallego, Asociación Universia, Attac Compostela, Asociación de inmigrantes Casa Latinoamericana en Galicia, Cáritas Interparroquial Santiago, Cáritas Milladoiro, Colectivo Brasileiro, Colexio Oficial de Educadores Sociais de Galicia, Comisión de Migración do BNG, Comité Óscar Romero de Santiago de Compostela, Coordenadora Diocesá de Acción Católica, Cruz Vermella, CUT, Departamento de Migracióin da CIG, Esquerda Unida, Foro Debate e Acción, Inzar, Juventudes Marianas Vicencianas, Mans Unidas, Misioneros Combonianos, Mulleres Cristiás Galegas, Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade de A Coruña, PsdeG-PSOE-Santiago, Seminario Galego de Educación para a Paz; Voluntariado Rogas.Uruguayos por el Mundo Carballo, Asociación de Venezolanos en A Coruña, Hermandad Venezolana de A Estrada, Asociación Equs Zebra, Asociación Batuko-Tabanka, Cáritas de Lugo, Cáritas de Mondoñedo-Ferrol, Asociación Cultural para las Migraciones Colombianas “ACUMIC”,  Ecos do Sur, Sindicato Labrego Galego,  ASMIREFE, Asociación Renacer,  Mediomundo Uruguayos en Coruña, Galicia Terra de Acollida de Ourense, AMESPA, Asociación de Venezolanos del Deza, ASCD Amigos de Venezuela de Vigo, Hermandad de Venezolanos das Rías Biaxas, Asociación Casa de Inmigrantes Oya de Arteixo. Asociación Banda Oriental, Asociación Centro Argentino de Carballiño-Asociación Latinoamericana, Cáritas de A Coruña, Asociación de Argentinos de Lalín, Fundación Juan Soñador, Asociación de Mulleres Anovar de Galicia, Asociación Venezolana do Salnés, Casa Argentina de La Coruña , Comunidade do Castiñeiriño de Santiago de Compostela,Parroquia Cristo de la Victoria de Vigo, Asociación Recandea, Agrupación de Inmigrantes Latinoamericanos Ntra Sra de Guadalupe de Pontevedra, Asociación de Emigrantes Retornados de A Mahía, Médicos do Mundo, Asociación de Venezolanos de Santiago, Cosior (Asociación de Ecuatorianos de Santiago), Aseser Teranga, Asociación Ouresá-Venezolana, Asociación Ñane-Reta Paraguay, Asociación Multicultural de Mujeres de Vigo; Agra Humanista, Marineda, Orense Acoge, Federación de Anpas, Forum Propolis, Asociación 25 de Agosto de Uruguay, Asociación Fonte de Ourense, Cáritas Diocesá de Ourense, Asociación de Guineanos de A Coruña. Somos Igrexa-Galiza, Asociación Cultural e Intelectual de Santiago de Compostela. Asociación de Senegaleses de Ourense. Asociación Marusía de Emigrantes Retornados. Asociación TroCamundo. Madres Latinas. Proyecto Teranga Sociolaboral. Cáritas Tiu-Vigo. Representantes urbanos no Consello de Relacións Veciñais. ONGD ConTacto, Asociación Afrolatina de Ourense, ASAGA Asociación de Africanos en Galicia. Asociación cultural Fuco Buxán.  

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142

http://www.forogi.wordpress.com