Comunicado urxente de Prensa

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Comunicado urxente  de Prensa
 
NON PERMÍTAMOS QUE A UNIÓN EUROPEA VIOLENTE DE FORMA INTOLERABLE OS DEREITOS HUMANOS: NON AO ACORDO DA UE CON TURQUÍA/NON A EXPULSIÓN DAS ONGs DOS CAMPOS DE REFUXIADOS DE GRECIA
 
O FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN reclama a necesidade do cumprimento rigoroso dos dereitos humanos nas políticas migratorias e respecto á poboación refuxiada da UE, por iso
 
1.- Denunciamos o Acordo que a Unión Europea ve de asinar  con Turquía  que contravén os máis elementais dereitos humanos e os acordos internacionais en materia de refuxio e inmigración, entre outras razóns por:
–  A pesar de eliminar en teoría ás deportacións colectivas, na práctica establece un modelo de revisión de situacións individuais, que van ser tratadas de forma colectiva (senón precisaríamos miles de funcionarios traballando a tempo completo  dende xa na atención ás persoas  refuxiadas  e moitos meses ou anos  para abordar de forma sería e individualizada esta cuestión). Polo tanto unha vez máis a UE cambia a terminoloxía, pero non a realidade. O ACORDO CON TURQUÍA SUPÓN DE FEITO DEPORTACIÓNS MASIVAS DE PERSOAS, senón, simplemente non pode funcionar
– Por pretender “comprar” en Turquía campos de internamento destas persoas para quitarse de forma intolerable esta realidade de enriba.
 
2.-  DENUNCIAMOS UN PASO MÁIS NA ESTRATEXIA: A expulsión que se está empezando a comunicar as ONGs de intervención nos campos de refuxiados das illas gregas , mesmo o plantexamento de ACNUR de abandoar algún deses campos, ten que ver co paso evidente que se está a realizar de converter aos campos europeos  de refuxiados en  campos de internamento forzado baixo control militar e/ou policialNON DEBEMOS PERMITIR QUE SE EXPULSE ÁS ONGS DOS CAMPOS DE REFUXIADOS, QUE DEBE DIRIXIR E XESTIONAR ACNUR, COMO GARANTÍA DE RESPECTO AOS DEREITOS HUMANOS. NON SON CAMPOS DE PRISIONEIROS 
 
 
PARA MÁIS INFORMACIÓN:
Miguel Fernández (662-307019)- Voceiro/coordenador do Foro Galego de Inmigración
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142

CONVOCATORIA IMPORTANTE: PLATAFORMA EN DEFENSA DAS PERSOAS REFUXIADAS

CONVOCATORIA IMPORTANTE
 
PLATAFORMA EN DEFENSA DAS PERSOAS REFUXIADAS

O Foro Galego de Inmigración e a Coordinadora Galega de ONGDs  convocan unha xuntanza o mércores día 30 de Marzo ás 19:00 h no Centro Social de Fontiñas (Rúa Berlín n.º 13) en Santiago de Compostela  co obxectivo de crear unha plataforma  en defensa das persoas refuxiadas. 
Esta plataforma, en principio impulsada por nós, tería a intención de ser aberta a todos os colectivos e entidades que queiran sumarse. E serviría como ferramenta para a canalización de mobilizacións cidadás, creación de posicionamentos conxuntos, elaboración conxunta de estratexias de incidencia política, e de todo aquelo que consideremos necesario as entidades que nos sumemos a mesma.
O único punto na orde do día sería:
– Creación da Plataforma e Obxectivos da mesma.
Por favor, precisamos que confirmedes a vosa presenza na Xuntanza.

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142

Comunicado de Prensa

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Comunicado de Prensa
 
CONVOCATORIA URXENTE EN APOIO ÁS PERSOAS REFUXIADAS
 
NON PERMÍTAMOS QUE A UNIÓN EUROPEA VIOLENTE DE FORMA INTOLERABLE OS DEREITOS HUMANOS
 
Concentración en solidariedade coas persoas refuxiadas e inmigrantes da Unión Europea , este sábado día 12 de marzo ás 19:30 h na Praza do Toural en Santiago de Compostela
 
O FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN  súmase e apoia esta Concentración que se organiza en réxime de auto convocatoria, promovida inicialmente por Compostela Aberta para:
 
1.- Denunciar o Acordo que a Unión Europea pretende asinar con Turquía e que contravén os máis elementais dereitos humanos e os acordos internacionais en materia de refuxio e inmigración, entre outras razóns por:
– Establecer a posibilidade de facer deportacións colectivas de persoas,retrotraéndonos aos peores momentos da Historia de Europa do século XX.
– Por pretender “comprar” en Turquía campos de internamento destas persoas para quitarse de forma intolerable esta realidade de enriba.
 
2.- Esixir que o goberno español promova unha radical oposición a este Acordo entre os gobernos da UE. Esixir tamén que o propio Parlamento Europeo impida a aprobación do mesmo.
 
3.- Reclamar unhas políticas de refuxio e inmigración a nivel europeo e a nivel do Estado Español acordes coa legalidade internacional e baseadas no respecto aos dereitos humanos.
 
4.- Esixir unha Política exterior europea que promova solucións pacíficas e razoables dos conflitos que como o de Siria forzan a tantos millóns de persoas no Mundo a buscar protección e refuxio noutros territorios.
 
PARA MÁIS INFORMACIÓN:
Miguel Fernández (662-307019)- Voceiro/coordenador do Foro Galego de Inmigración
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142

Convocatoria urxente en solidariedade coas persoas refuxiadas

 O FORO GALEGO DE INMIGRACION SUMASE A SEGUINTE CONVOCATORIA PARA REALIZAR UNHA CONCENTRACIÓN DE URXENCIA O SABADO 12 DE MARZO AS 19.30 HS NA PRAZA DO TOURAL – SANTIAGO
Desde Compostela Aberta, queremos proporvos a formar parte,  participar e difundir unha concentración de urxencia que estamos a impulsar sen protagonismo ningún, en réxime de autoconvocatoria e de forma completamente aberta, para este Sábado 12 ás 19:30 na Praza do Toural para denunciar o que esta a pasar en Siria e nos campos de persoas refuxiadas e manifestarnos en contra do acordo da UE con Turquía que rompe coa convención de Xenebra do ano 1951.

A primeira iniciativa a tomamos dende Compostela Aberta pero é unha convocatoría sen siglas na que estamos convidando a participar a todas as ONG´s, organizacións sociais e partidos. E nese pretensión enviámosvos este correo electrónico.

Unha forte aperta, quedamos ao voso dispor para o que precisedes. Para calquera aclaración podedes dirixirvos a este enderezo electrónico ou chamar a  Antonio (600969998)