Conversatorio «Achegármonos. Compartir experiencias migratorias, construír comunidade»

convite 
Convidámoste a participar nun espazo de partilla sobre as nosas experiencias, expectativas, desexos, necesidades e soños.
Para fortalecer os nosos proxectos de vida, coñecer os nosos dereitos, poder participar máis e mellor e crear vínculos de apoio.
Será no conversatorio «Achegármonos. Compartir experiencias migratorias, construír comunidade».
Pensado como un espazo seguro, cómodo e coidado para partillarmos persoas daquí, dalí e dacolá. E ir forxando a malla solidaria e activa que precisamos.
Cando: Martes 20 de xuño ás 17hs
Onde: Centro de Traballo e Cultura/CTC
                 R/ San Roque, 6 bis
Facilitan: Leticia Castro e Mari Fidalgo
                 Raias Traveseiras
Para mellor organizar a sesión, pregámosche confirmar asistencia no 686 225 762 ou raias.travesseiras@riseup.net
Axuntamos cartaz e contidos.
Esta actividade está inserida no Programa Compostela Convive: accións destinadas á inserción sociolaboral e promoción da interculturalidade, financiado pola Concellaría de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde do Concello de Santiago.

Mari Fidalgo

"É possível destruir a casa do amo com as armas do amo?"
Audre Lorde CONTIDOS CONVERSATORIO